Ir o contido principal

A USC e Navantia colaboran no deseño e construción dun prototipo de draga de culler de actuación vertical

A USC e Navantia colaborarán no deseño, desenvolvemento e construción dun prototipo de draga de culler de actuación vertical que permitirá tomar mostrar nos fondos rochosos do sistema mariño profundo de Galicia. Os detalles desta colaboración, regulada nun convenio asinado recentemente, daranse a coñecer este venres 15 nunha rolda de prensa na Estación de Bioloxía Mariña da Graña en Ferrol (EBMG). Intervirán nesta presentación, a partir das 13:00 horas na Aula-Seminario da Casa da Estrela da Estación (r/ da Ribeira 1-4, A Graña), o vicerreitor de Investigación da USC, Francisco González; o director da Unidade Produtiva do Estaleiro Fene-Ferrol de Navantia, Esteban García; o xerente de Mellora Continua da Unidade Produtiva de Navantia, Guillermo Cuesta; e o director da EBMG, Victoriano Urgorri.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.10.2010.