Viaño preside en Lugo a imposición de insignias á promoción 2014 de titulados na rama de enxeñaría industrial en Galicia
![Ageitos, Méndez, Viaño, Gómez Randulfe e Fernández, no acto de imposición de insignias Ageitos, Méndez, Viaño, Gómez Randulfe e Fernández, no acto de imposición de insignias](http://assets.usc.gal/sites/default/files/styles/content_inner_main_image/public/xornal/acontece/imaxes/2015_06/150626cienc1.jpg?itok=C0h8vKIx)
O reitor da USC, Juan Viaño, preside este venres na Facultade de Ciencias do campus de Lugo o acto de imposición de insignias á promoción 2014 de enxeñeiros técnicos industriais titulados nas distintas escolas e facultades das tres universidades de Galicia.
Esta sesión promovida polo Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais que congregou a máis de 60 titulados nas distintas ramas de enxeñaría industrial ten un marcado “carácter emotivo e simbólico”, segundo indicou o decano da Facultade de Ciencias de Lugo, José Manuel Martínez Ageitos, quen tamén trasladou os seus parabéns aos novos egresados e tamén ás súas familias, ademais de agradecer o apoio recibido dos colexios profesionais. O presidente do Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais, Santiago Gómez-Randulfe Álvarez; e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, tamén participaron neste acto académico, no marco do que o enxeñeiro técnico industrial Julio Fernandez Robles, ofreceu un relatorio baixo o título ‘ Estratexias para vivir en un entorno profesional competitivo'. Ao remate das intervencións, procedeuse á entrega dunha placa honorífica aos mellores expedientes de cada titulación en cada un dos centros universitarios nos que se imparten estudos de enxeñaría industrial. Titulados da promoción 2014 da rama de enxeñaría industrial en Galicia