Ir o contido principal

Os vicerreitores Benita Silva e Pablo Ramil inauguran este xoves a nova sinalización da Ruta Botánica do campus de Lugo

O acto de presentación dos paneis informativos sobre a flora leñosa do campus de Lugo comezará ás 11.00 horas no salón de actos da Escola Politécnica Superior

A vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade da USC, Benita Silva Hermo, inaugurará este xoves a nova sinalización da Ruta Botánica do campus de Lugo, no transcurso dun acto que se desenvolverá a partir das 11.00 horas, no salón de actos da Escola Politécnica Superior do campus de Lugo.

O vicerreitor adxunto de Investigación e Innovación do campus de Lugo, Pablo Ramil; o director da EPS, Javier Bueno; o catedrático do Departamento de Produción Vexetal da USC e coordinador da guía botánica do campus de Lugo, Antonio Rigueiro, e a deputada delegada da Área de Medio Ambiente da Deputación de Lugo, Sonsoles López Izquierdo, tamén participarán no acto de presentación dos paneis. Os novos indicadores, cuxo custe e instalación foi financiado pola Deputación Provincial de Lugo, achegan dun xeito sinxelo ao visitante información en galego, español e inglés sobre o nome das distintas especies catalogadas, así como sobre a súa distribución xeográfica pola sede universitaria luguesa.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.03.2014.