Ir o contido principal

Visita institucional do reitor da USC ao Concello e á Deputación Provincial de Lugo

Juan Viaño
Juan Viaño
Juan Viaño reúnese en Lugo coa alcaldesa Lara Méndez e coa presidenta da Deputación, Elena Candia

O reitor da USC, Juan Viaño, realizou este mércores dúas visitas institucionais ao Concello e á Deputación Provincial de Lugo, onde mantivo cadanseu encontro coa rexedora luguesa, Lara Méndez, e coa presidenta do ente provincial, Elena Candia. O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno, estivo presente nas dúas reunións, que se desenvolveron nun clima de absoluta cordialidade.

O mantemento da frutífera colaboración institucional que de sempre mantivo a USC coas institucións políticas da capital luguesa, tanto co Concello de Lugo como coa Deputación Provincial de Lugo, é o obxecto destas visitas institucionais, durante as que o reitor trasladou ás dúas responsables políticas o seu agradecemento pola colaboración que recibe a USC do Concello e da Deputación de Lugo, ademais de manifesta a súa vontade de seguir a manter estreitas vías de colaboración institucional no futuro. Na sinatura no Libro de Ouro do Concello de Lugo, o reitor Juan Viaño deixou constancia destes desexos de boa sintonía e colaboración institucional entre a USC e o Concello lugués. Asemade, neste mesmo senso, Elena Candia e Viaño tamén coincidiron á hora de sinalar a cooperación institucional como xerme do campus de Lugo, ao tempo que puxeron de manifesto no seu encontro os distintos convenios e plans de colaboración que manteñen na actualidade as dúas institucións. Juan Viaño asina no libro de ouro do Concello de Lugo, entre Bueno e Méndez Juan Viaño, entre Bueno e Candia, na Deputación de Lugo

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.07.2015.