Ir o contido principal

Cómo a web 2.0 pode mudar o concepto de cidade dixital

As xornadas SINDUR celébranse o mércores 15 baixo o lema ‘Da Cidade Dixital á Cidade Aumentada. Impulsando a Intelixencia Social en Santiago de Compostela a partir das TIC’

Existe un novo concepto de cidade aumentada que impulsa a difusión de produtos territoriais ou empresas locais a través de redes sociais e a Internet, promovendo o desenvolvemento económico e a innovación. Partindo desta idea, o Grupo GIST da USC organiza o vindeiro mércores 15 as VIII Xornadas SINDUR baixo o lema ‘Da Cidade Dixital á Cidade Aumentada. Impulsando a Intelixencia Social en Santiago de Compostela a partir das TIC’. O obxectivo é analizar o modo en que se pode superar o concepto de cidade dixital clásica. Para elo, o grupo proponse impulsar un debate crítico e creativo sobre estratexias de mercadotecnia territorial de cidades a partir da web 2.0 e as redes sociais como facebook e outras; tendo presente que todo isto pode promover a creatividade, o emprendedurismo e a innovación na sociedade local. Como apunta os promotores da xornada, trátase de superar a publicidade dos tópicos por unha estratexia de mercadotecnia en liña innovadora para promover e vender a “cidade” e o territorio. De aí da idea de ‘cidade aumentada, xa que os investigadores que profundar no uso de Internet como “un gran lente ou lupa que aumenta a visibilidade da cidade na sociedade local, rexional, nacional e internacional”. As xornadas, desenvolvidas ao amparo do Plan Nacional de I+D+i, celebraranse na Aula Seminario do Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega) en Campus Vida.

As persoas interesadas poden acadar máis información na web do Grupo Sociedade, Tecnoloxía e Territorio, GIS-T.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.12.2010.