Ir o contido principal

O xerente de Uninova clausurou o curso sobre a reforma do Plan Xeral Contable e a súa incidencia no software de xestión empresarial

A metodoloxía do curso foi eminentemente práctica o que facilitou a participación activa dos alumnos
A metodoloxía do curso foi eminentemente práctica o que facilitou a participación activa dos alumnos

O xerente de UNINOVA, Gustavo Marcos Cancelas, clausurou este xoves as xornadas que a incubadora de empresas da Universidade de Santiago organizou co obxectivo de dar a coñecer a incidencia que a reforma do Plan Xeral Contable terá na xestión empresarial e no software contable. Esta reforma é resultado da adaptación da contabilidade española ás Normas Internacionais de Contabilidade e as Normas Internacionais de Información Financeira (NIC/NIIF).
O curso centrouse na posta en común das diferenzas existentes co antigo Plan Contable, como por exemplo nos casos da contabilización do leasing, préstamos financeiros, subvencións de capital e de explotación, así como a valoración de existencias. Por outro lado, foi tratada a problemática que o cambio de Plan suporá nas ferramentas informáticas de contabilidade utilizadas polas empresas.
Ao curso asistiron tanto técnicos dedicados ao asesoramento empresarial, como empresarios de diversos sectores de actividade como a acuicultura, as TIC, o sector químico, e de servizos de internacionalización. A metodoloxía do curso foi eminentemente práctica o que facilitou a participación activa dos alumnos e un aproveitamento máis eficaz.
Estas xornadas, están organizadas n marco do Proxecto Europeo TRANSTIC (Programa Transfronteirizo para a Consolidación de Redes de Cooperación entre Empresas TIC), dentro da iniciativa Europea Interreg III-A. Os principias obxectivos do proxecto son os de promover a utilización das novas tecnoloxías nas PEMES galegas, así como impulsar a creación de empresas TIC e a cooperación transnacional no sector.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.03.2008.