Ir o contido principal

A I Xornada de Dinamización en Biotecnoloxía debate sobre o desenvolvemento de bioclústeres en España e Portugal

A I Xornada de Dinamización en Biotecnoloxía estenderase, a vindeira semana, entre os días 28 e 29 na Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA) organizada polo Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida. O programa contempla tres bloques de actividades que comezarán o venres 28 coa presentación de experiencias na constitución e desenvolvemento de bioclústeres en España e Portugal. Intervirán representantes de Madrid Bioclúster, da BioRegió de Catalunya, Asebio, Bioval, Andalucía BioRegión ou da Asociación portuguesa de empresas Bio, entre outros. No programa do sábado 29 desenvolveranse ou dous bloques de actividades restantes, cunha serie de charlas formativas así como a análise de casos prácticos sobre comercialización e promoción de produtos biotecnolóxicos, rematando coa celebración dunha mesa redonda na que se debaterá sobre a ‘Importancia e encaixe da institución na cadea de valor do desenvolvemento biotecnolóxico.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.01.2011.