Unhas xornadas abordarán o patrimonio mundial da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
A Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal organizará na segunda quincena do mes de xullo un curso dedicado ao patrimonio mundial que se pode atopar nesta rexión e que se celebrará entre os días 13 e 16 na Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro. Entre os temas que se abordarán atópanse a relación entre patrimonio mundial e cidade histórica, a valorización do patrimonio cultural en perspectiva económica, o papel e importancia das comunidades locais na candidatura e xestión de lugares patrimonio mundial ou as estratexias conxuntas no espazo Galicia-Norte Portugal para a promoción e dinamización do patrimonio mediante as tecnoloxías da información e as comunicacións. Para acadar máis información, as persoas interesadas poden dirixirse á Fundación CEER no correo electrónico direccion [at] fceer.org (direccion[at]fceer[dot]org) ou no teléfono 881.811.149.