Ir o contido principal

Unhas xornadas analizan en Lugo as vantaxes dos montes veciñais en man común

O traballo dos montes veciñais en man común como un recurso para favorecer o desenvolvemento das áreas rurais é o tema central da mesa redonda que se desenvolverá este xoves 20 ás 17:00 horas na Sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior de Lugo.
Neste encontro participarán o presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, Xosé Alfredo Pereira, e o técnico da Consellaría de Medio Rural, Eloy Villada.
Coa celebración desta mesa redonda péchase a segunda edición das xornadas ‘O mundo rural a debate’ organizadas pola Escola Politécnica Superior co obxectivo de achegar ao alumnado a actual realidade do medio rural galego a través da experiencia dos distintos axentes ou colectivos vinculados ao mesmo. Nestas xornadas abordáronse temáticas como a actual situación do sector leiteiro ou o desenvolvemento das novas iniciativas empresariais no medio rural galego.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.05.2010.