Unhas xornadas forman ao profesorado non universitario para traballar con alérxicos a alimentos e látex
Un centenar de profesores de ensino non universitario de toda Galicia asisten ás xornadas informativas sobre ‘Alerxia a Alimentos, alerxia ao látex. Dificultades na escola’ que este sábado 20 celebran a súa derradeira sesión. Nelas están a recibir información básica sobre estas alerxias, obtendo unhas nocións básicas imprescindibles para coñecer os signos e síntomas que identifican o inicio dunha reacción, ato tempo que recibirán pautas e medidas de prevención que permitan minimizar os riscos neste senso. O programa da xornada de clausura celébrase na Escola de Óptica e Optometría coa participación do xefe do Servizo de Pediatría do CHUS, José Mª Martinón que explicará cómo actuar ante unha reacción alérxica. Seguiranlle a presidenta da Asociación Española de Alérxicos a Alimentos e Látex (AEPNAA), Pilar Muñoz; a coordinador das xornadas e voga da Asociación, Dolores Mouriz; e Cecilia Rodríguez, Rosana Martínez e Dolores Vázquez, da Rede de Comedores Escolares do Concello de Ames. Actualmente, a poboación infantil afectada pola alerxia aos alimentos sitúase entre 3 e o 8%, mentres que a incidencia da alerxia ao látex alcanza ao 1%. Ademais, os expertos teñen documentado que preto do 20% das reaccións que sofren os alérxicos en idade escolar, ocorren nos colexios. Por elo, estas xornadas buscan achegar ao profesorado información e recursos prácticos para traballar cos alumnos alérxicos nas mellores condicións de seguridade para estes.
Os contidos das xornadas elaboráronse en base ás achegas de médicos, especialistas en alerxias, profesionais en restauración colectiva e membros da Asociación Española de Alérxicos e Alimentos e Látex (AEPNAA).