Abre a inscrición no programa ÍCARUS para a aplicación social e económica dos traballos académicos de alumnado da USC
O prazo para participar neste concurso remata o día 28
Read moreO prazo para participar neste concurso remata o día 28
Read moreO programa inclúe preto de 40 accións, entre cursos monográficos, seminarios e obradoiros, sobre temáticas relacionadas coas liñas estratéxicas da actividade investigadora e docente que se desenvolve no Campus Terra da USC
Read moreDiego AS, Yoe 33, May Rojas, Pía Piadosa ou Asunción Moreno participarán, xunto con outros 30 artistas, expertos e investigadores nacionais e internacionais nun programa gratuíto que mantén aberta a inscrición ata o 5 de abril
Read moreA catedrática de Edafoloxía e Química Agrícola da USC Esperanza Álvarez, a directora da EPS de Enxeñaría, Rosa Romero, e a investigadora Ramón y Cajal na Facultade de Humanidades, Alba Díaz, reciben este recoñecemento no Día da Muller polas súas contribucións científicas e a prol da igualdade
Read moreO docente e investigador do Departamento de Filoloxía Clásica na USC na Facultade de Humanidades José María Anguita Jaén relaciona a vida destes autores coetáneos que defenderon intereses dispares nas guerras dinásticas inglesas do século XII, ao tempo que advirte que as súas respectivas obras magnas, ‘Historia dos Reis de Britania’ e ‘Códice Calixtino’, replican as estratexias clásicas de Dares o Frigio e Dictis de Creta
Read moreA Facultade de Humanidades conmemora o Día Internacional das Mulleres con conferencias sobre as relacións de xénero no contexto migratorio entre Cabo Verde e Galicia e sobre a busca dunha historia universal do teatro narrada desde as marxes
Read moreA distinción outorgada pola Casa Museo Álvaro Cunqueiro e o Concello de Mondoñedo recoñece o labor de estudo e difusión da obra do autor de ‘Merlín e familia’ desenvolvido polo escritor e profesor na Facultade de Humanidades da USC
Read moreAlumnado dos dous últimos cursos de grao das facultades de Ciencias, Humanidades e na EPS de Enxeñaría xa poden tramitar a súas solicitudes ata o 26 de marzo na sede electrónica da USC. Formación do Profesorado e Veterinaria tamén ofertan un total de 8 prazas nunha convocatoria que prevé estadías formativas de ata 3 meses. As persoas beneficiarias poderán solicitar o recoñecemento de ata 13 créditos ECTS
Read moreO prazo de presentación de solicitudes permanece aberto ata o 23 de febreiro na sede electrónica da USC. A nova convocatoria eleva a preto de 70 as axudas habilitadas para que alumnado do Campus Terra comece a súa carreira científica. O importe máximo das achegas é de 2.576 euros por un período de catro meses
Read moreA exposición ‘PIONEIRAS. Os dereitos en Galicia: unha historia de mulleres’, elaborada por alumnado do grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural, permanece aberta ao público na entrada do centro universitario lugués
Read moreO coordinador da obra ‘A cultura é un dereito. Unha visión social da cultura’, Alberto de Boiro, defende superar o “exclusivo enfoque da cultura como recurso” nun acto na Facultade de Humanidades no que participaron Gonzalo Fernández e Encarna Lago
Read moreA tese de doutoramento desenvolvida pola ribadense Celia Castro Fernández baixo a dirección de Carmen Bermejo e Jesús Varela Zapata analiza a importancia da invención da fotografía e a súa repercusión na obra de Dionisio Fierros e Federico de Madrazo, entre outros autores da pintura moderna española
Read moreOs docentes Miguel González Pereira e Miriam Elena Cortés López completan un equipo de dirección do centro universitario lugués que ten como prioridades o “asentamento” do grao en Xestión Cultural no mapa de titulacións universitarias e a súa progresiva internacionalización
Read moreA profesora da Universidade de Granada Carmen Gregorio critica a “ollada económica e androcéntrica” que aínda persiste no concepto e no labor de coidar, na apertura dun congreso promovido polo Centro Interdisciplinario de Investigacións Feminisas e de Xénero (CIFEX) da USC e que cita ata a este venres 17 relatores e máis de 100 participantes en Humanidades
Read more