A arte urbana mellora as cidades, crea conciencia e dá proxección mundial, salientan investigadoras da USC
O monográfico ‘Pegadas no muro: relatos e proxectos de arte urbana’ abordará en Humanidades o impacto cultural e socioeconómico deste fenómeno artístico en auxe
Ler máisAbre a inscrición no programa ÍCARUS para a aplicación social e económica dos traballos académicos de alumnado da USC
O prazo para participar neste concurso remata o día 28
Ler máisO Campus Terra amplía competencias de estudantes e PDI cun plan formativo aberto tamén a produtores
O programa inclúe preto de 40 accións, entre cursos monográficos, seminarios e obradoiros, sobre temáticas relacionadas coas liñas estratéxicas da actividade investigadora e docente que se desenvolve no Campus Terra da USC
Ler máisO impacto social da arte urbana, a análise no Curso de Primavera da USC do 10 ao 12 de abril en Humanidades
Diego AS, Yoe 33, May Rojas, Pía Piadosa ou Asunción Moreno participarán, xunto con outros 30 artistas, expertos e investigadores nacionais e internacionais nun programa gratuíto que mantén aberta a inscrición ata o 5 de abril
Ler máisTres investigadoras da USC, distinguidas cos premios Entre Mulleres do Concello de Lugo
A catedrática de Edafoloxía e Química Agrícola da USC Esperanza Álvarez, a directora da EPS de Enxeñaría, Rosa Romero, e a investigadora Ramón y Cajal na Facultade de Humanidades, Alba Díaz, reciben este recoñecemento no Día da Muller polas súas contribucións científicas e a prol da igualdade
Ler máisJofre de Monmouth e Aimerico Picaud, unha disputa literaria medieval que ‘trufa’ a historia con fantasía
O docente e investigador do Departamento de Filoloxía Clásica na USC na Facultade de Humanidades José María Anguita Jaén relaciona a vida destes autores coetáneos que defenderon intereses dispares nas guerras dinásticas inglesas do século XII, ao tempo que advirte que as súas respectivas obras magnas, ‘Historia dos Reis de Britania’ e ‘Códice Calixtino’, replican as estratexias clásicas de Dares o Frigio e Dictis de Creta
Ler máisCharlas de Luzia Oca e Antonella Sturla
A Facultade de Humanidades conmemora o Día Internacional das Mulleres con conferencias sobre as relacións de xénero no contexto migratorio entre Cabo Verde e Galicia e sobre a busca dunha historia universal do teatro narrada desde as marxes
Ler máisRodríguez Fer, 'Cunqueiriano de Honra'
A distinción outorgada pola Casa Museo Álvaro Cunqueiro e o Concello de Mondoñedo recoñece o labor de estudo e difusión da obra do autor de ‘Merlín e familia’ desenvolvido polo escritor e profesor na Facultade de Humanidades da USC
Ler máis‘Retorna ao Rural con Campus Terra’ ofrece 28 bolsas de prácticas para alumnado en empresas e entidades do rural de Galicia
Alumnado dos dous últimos cursos de grao das facultades de Ciencias, Humanidades e na EPS de Enxeñaría xa poden tramitar a súas solicitudes ata o 26 de marzo na sede electrónica da USC. Formación do Profesorado e Veterinaria tamén ofertan un total de 8 prazas nunha convocatoria que prevé estadías formativas de ata 3 meses. As persoas beneficiarias poderán solicitar o recoñecemento de ata 13 créditos ECTS
Ler máisA USC convoca 27 bolsas de iniciación á investigación no Campus Terra para alumnado de grao e mestrado
O prazo de presentación de solicitudes permanece aberto ata o 23 de febreiro na sede electrónica da USC. A nova convocatoria eleva a preto de 70 as axudas habilitadas para que alumnado do Campus Terra comece a súa carreira científica. O importe máximo das achegas é de 2.576 euros por un período de catro meses
Ler máisHumanidades pon o foco na defensa dos dereitos humanos cunha mostra que salienta a pegada de 10 mulleres galegas
A exposición ‘PIONEIRAS. Os dereitos en Galicia: unha historia de mulleres’, elaborada por alumnado do grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural, permanece aberta ao público na entrada do centro universitario lugués
Ler máis“O novo paradigma social da cultura deparará múltiples oportunidades de emprego”
O coordinador da obra ‘A cultura é un dereito. Unha visión social da cultura’, Alberto de Boiro, defende superar o “exclusivo enfoque da cultura como recurso” nun acto na Facultade de Humanidades no que participaron Gonzalo Fernández e Encarna Lago
Ler máisHumanidades aborda nunha investigación a influencia da fotografía nalgúns pintores do século XIX
A tese de doutoramento desenvolvida pola ribadense Celia Castro Fernández baixo a dirección de Carmen Bermejo e Jesús Varela Zapata analiza a importancia da invención da fotografía e a súa repercusión na obra de Dionisio Fierros e Federico de Madrazo, entre outros autores da pintura moderna española
Ler máis