Ir o contido principal

TFM

Os Másteres conclúen coa elaboración e defensa pública dun Traballo de fin de máster que deberá realizarse na fase final dos estudos e estará orientado á avaliación das competencias asociadas ao título.

O Máster en Servizos Culturais inclúe a materia obrigatoria Traballo de Fin de Máster de 6 créditos ECTS. Segundo a súa preferencia, o alumnado pode elixir unha orientación investigadora ou unha profesional. 

A carga lectiva do TFM presenta a seguinte variación:

  • TFM de orientación profesional: 6 créditos ECTS obrigatorios da materia Traballo de fin de Máster, equivalentes a 150 horas de traballo para o alumno.
  • O TFM de orientación investigadora: 12 créditos ECTS resultantes da matrícula obrigatoria tanto na materia Traballo de fin de máster (6 créditos) como na Materia complementaria ao TFM (6 créditos). Estes 12 créditos ECTS equivalen a 300 horas de traballo para o alumno.

TFM en Servizos Culturais

Traballos de Fin de Máster do centro
Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.03.2022.