O perfil de ingreso establece os coñecementos, habilidades e capacidades que debe posuír o estudantado que desexa acceder a este programa e, como consecuencia, as titulacións de acceso ao programa máis idóneas e que determinan a admisión e, se é o caso, a necesidade a ou non de realizar complementos formativos por parte dos doutorandos/as.
Ás persoas solicitantes deste programa de doutoramento valoraránselles as titulacións de acceso a el, requirindo que sexan das ramas das ciencias humanas ou sociais, relacionadas preferentemente cos seguintes ámbitos de coñecemento (cf. anexo I do RD822/2021)
- Estudos de xénero e estudos feministas.
- Filoloxía, estudos clásicos, tradución e lingüística
- Historia da arte e da expresión artística, e belas artes.
- Historia, arqueoloxía, xeografía, filosofía e humanidades.
- Industrias culturais: deseño, animación, cinematografía e produción audiovisual.
- Interdisciplinariedade
Programa de Doutoramento en Estudos Culturais: Memoria, Identidade, Territorio e Linguaxe
- Complexo docente do Campus de Lugo, 27002Lugo
Con este programa preténdese abordar de xeito interdisciplinar, por unha banda a investigación de carácter básico sobre teoría cultural, e por outra as investigacións socioculturais aplicadas á globalidade contemporánea, entre as que destacan as relacións entre memorias, paisaxes, migracións, identidades, dereitos humanos, creacións e movementos culturais, sendo abordados estes temas desde perspectivas interdisciplinarias que reúnen a investigadores dos campos: Antropoloxía Social e Cultural, Ciencia Política, Estudos Literarios, Filosofía, Xeografía Humana, Historia, Historia da Arte, Lingüística e Socioloxía.
Duración:
3 anos académicos
Número prazas: 14
Coordinador-a do título:
Maria Isabel Gonzalez Rey
misabel.gonzalez.rey [at] usc.es
Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela
Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela
Data de publicación no BOE:
01/01/1900
Duración:
3 anos académicos
Número prazas: 14
Coordinador-a do título:
Maria Isabel Gonzalez Rey
misabel.gonzalez.rey [at] usc.es
Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela
Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela
Data de publicación no BOE:
01/01/1900
Acceso
1. Con carácter xeral, para o acceso a un programa oficial de doutoramento será necesario estar en posesión dos títulos oficiais españois de grao, ou equivalente, e de máster universitario ou equivalente, sempre que se superasen, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas dúas ensinanzas.
2. Así mesmo, poderá acceder quen se encontre nalgún dos seguintes supostos:
a) Estar en posesión de títulos universitarios oficiais ou títulos españois equivalentes sempre que se superasen, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas ensinanzas e acreditar un nivel 3 do marco español de cualificacións para a educación superior.
b) Estar en posesión dun título obtido conforme sistemas educativos estranxeiros pertencentes ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), sen necesidade da súa homologación, que acredite un nivel 7 do marco europeo de cualificacións sempre que o dito título faculte para o acceso a estudos de doutoramento no país de expedición deste. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento para outros efectos que o do acceso a ensinanzas de doutoramento.
c) Estar en posesión dun título obtido conforme sistemas educativos estranxeiros alleos ao EEES, sen necesidade da súa homologación, logo de comprobación pola universidade de que este acredita un nivel de formación equivalente á do título oficial español de Máster universitario e que faculta no país de expedición do título para o acceso a estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento para outros efectos que o do acceso a ensinanzas de doutoramento.
d) Estar en posesión doutro título de doutora ou doutor.
e) Igualmente poderán accede-los titulados universitarios que, logo de obtención de praza en formación na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, superasen con avaliación positiva polo menos dous anos de formación dun programa para a obtención do título oficial dalgunha das especialidades en Ciencias da Saúde.
Serán requisitos obrigatorios para a admisión no programa de doutoramento os seguintes:
1) Todo o estudantado deberá presentar unha proposta da investigación, axustada a unha das 4 liñas do programa, e suficientemente desenvolvida como para poder avaliar a súa idoneidade no momento do acceso.
2) Deberá tamén presentar unha carta dun/a profesor/a doutor do programa ou, no seu defecto, de calquera outra universidade, pero debidamente acreditada/ou, que avale o potencial e viabilidade da futura teses no marco dunha liña de investigación do programa á que se vincule.
3) Dadas as características e o nivel científico do programa de doutoramento, o/a estudante debe ter acreditado un nivel mínimo de coñecementos dunha das tres linguas de comunicación do programa (español, galego ou portugués) equivalente ao nivel B1. O nivel de lingua nun deses idiomas acreditarase coa correspondente certificación oficial das incluídas na listaxe de acreditacións recoñecidas pola USC para os distintos niveis do marco común europeo: https://www.usc.gal/gl/centro/centro-linguas-modernas.
A selección de estudantes para a súa admisión no programa realizarase en función dos seguintes criterios:
* Expediente académico (cualificacións obtidas na(s) titulacións (s) de acceso ó programa (licenciatura/ grao e máster): ata 40%
* Proxecto de tese e carta de motivación: ata 20%
* Experiencia investigadora (publicacións, comunicacións, estadías, outros): ata 15%
* Experiencia profesional: ata 10%
* Outros méritos (cursos, bolsas e contratos, asistencia a congresos, outras titulacións, outros idiomas distintos da lingua materna e de acceso ó programa) : ata 15%
Aplicaranse os mesmos criterios para admitir a todos/as os/as estudantes independentemente de que a súa dedicación sexa a tempo completo ou parcial.
O programa de doutoramento poderase extinguir por algunha das seguintes causas:
Que non supere o proceso de renovación da acreditación establecido no artigo 10 do RD 99/2011.
• Que non acredite o cumprimento dos requisitos establecidos pola normativa estatal ou autonómica vixente.
• Que se formule unha proposta de extinción do programa ao abeiro dos procesos de revisión e mellora do título de acordo co procedemento aprobado pola universidade.
• Que concorra calquera situación excepcional que impida o correcto desenvolvemento do programa de doutoramento.
A extinción producirá os seguintes efectos:
• Comportará a perda do seu carácter oficial e a baixa no RUCT.
• Non se poderá matricular novo estudantado no programa de doutoramento.
• En calquera caso todo o estudantado afectado deberá ser informado da extinción e das consecuencias no relativo ao desenvolvemento dos seus estudos.
A universidade adoptará as medidas necesarias para garanti-los dereitos académicos do estudantado que estea cursando os ditos estudios nos termos establecidos na resolución de extinción do plan de estudio, e aprobará o procedemento de extinción dos programas de doutoramento no seo da universidade.
Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

- Comprensión sistemática dun ámbito de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co dito ámbito.
‐ Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
‐ Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
‐ Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
‐ Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos xeitos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
‐ Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade superada no coñecemento.
‐ Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, conforme o artigo 12 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, como modo de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común, mediante a avaliación de actividades transversais levadas a cabo pola doutoramento ou o doutorando relacionadas con diferentes dimensións da ciencia aberta e a ciencia cidadá, así como a capacitación adquirida en sendas disciplinas en formato de microcredenciais ou similar.
- Aprender a dominar os principais modelos da teoría crítica, social e cultural aplicados aos procesos culturais.
- Coñece-los métodos e técnicas da investigación etnográfica, literaria, lingüística, filosófica e sociolóxica aplicadas ós fenómenos interculturais.
- Aprender a traballar en equipos interdisciplinares sobre as aplicacións socioeconómicas e os problemas dos deseños culturais.
- Aprender a deseñar programas de cooperación internacional sobre dereitos humanos.
En canto ás saídas profesionais detectadas e tendo en conta os datos e estimacións que se incorporan nesta memoria, podemos afirmar que a inserción laboral dos novos doutores se axusta ó contexto socioeconómico e cultural que se vive na actualidade. Os campos preferentes de destino laboral apuntan cara á docencia e investigación universitaria. Neste sentido, son significativos os casos de incorporación á docencia universitaria, aproveitando as vacantes que derivan do forte envellecemento do persoal docente que exerce nas actuais universidades. De todos modos, o perfil técnico dos novos doutores é fundamentalmente humanístico, o que lles permite acceder, de maneira preferente, a postos relacionados coa xestión cultural e o patrimonio, campos de coñecemento e investigación que son de especial interese neste programa de doutoramento. En todo caso, convén resaltar que a comisión académica deste programa comprométese a ter en conta os indicadores de inserción laboral que nos facilite a propia USC e outras entidades coa finalidade de mellorar a calidade dos contidos e das accións formativas do plan de estudos deste programa.
Para dar cobertura a tódolos requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servicios a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:
A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:
• Bases de datos reunidas
• Revistas electrónicas
• Sumarios electrónicos
• Servizo de préstamo interbibliotecario
Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.
A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha maior unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.
O Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.
O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. Para tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.
Outros recursos:
Centro de tecnoloxías para o Aprendizaxe (CeTA)
Área de xestión de infraestruturas

Coordinador/a
Maria Isabel Gonzalez Rey
Secretario/a
Ruben Castro Redondo
Vogais
Jesus Varela Zapata
Ana Cabana Iglesia
M Carme Silva Dominguez
Delmiro Rocha Alvarez