Os servizos culturais son un vasto campo de acción que integra todas as actividades relacionadas coa produción e consumo cultural na sociedade moderna. O obxectivo do máster é formar especialistas de alto nivel na análise e xestión da cultura nun sentido amplo e aplicado, así como na xestión, deseño e programación de actividades e proxectos culturais de índole diversa (exposicións, espectáculos audiovisuais, museos, galerías, dinamización do patrimonio material e inmaterial, posta en valor de bens culturais, etc.).
Máster Universitario en Servizos Culturais (semipresencial)
Duración:
1 ano académico
Código RUCT: 4315430
Número de ECTS: 60
Número prazas: 25
Decano/a ou director/a do centro:
GONZALO FRANCISCO FERNANDEZ SUAREZ
Coordinador-a do título:
Miriam Elena Cortés López
miriamelena.cortes [at] usc.es
Linguas de uso:
Castelán, Galego
Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela
Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
4/06/2015 (DOG 17/06/2015)
Data de publicación no BOE:
14/04/2016
Data da última acreditación:
30/04/2015
O Máster en Servizos Culturais oriéntase á formación de tituladas/os de posgrao que sexan capaces de exerceren unha actividade organizada e innovadora en calquera ámbito dos pertencentes á cultura aplicada. As persoas que obteñan o título estarán preparadas para traballaren, ben por conta propia ben integrando e dirixindo estruturas que se ocupen de calquera aspecto dos relacionados coa transmisión e creación de valor para o universo cultural con vistas a facilitar o seu acceso e desfrute por parte ben da sociedade en xeral, ben de sectores específicos desta. Dada a evidente polisemia do termo cultura, os ámbitos de traballo dos e as especialistas na interpretación aplicada deste termo son tamén amplos e diversos entre si, mais todos teñen en común a vocación de servizo, de posta a disposición activa da cultura con vistas á súa transmisión a sectores concretos da cidadanía (infancia, terceira idade, profesionais, etc.) ou a esta entendida na súa globalidade.

Créditos que deberá cursar o alumno para obter a titulación:
Obrigatorias: 24
Optativas: 24
Prácticas ou traballo compl 6
TFM (liña profesional) 6
TFM (liña investigadora) 6
Total: 60
O máster ten dúas orientacións: a profesional e a investigadora. O alumno debe optar
por unha delas.
• Para obter o título pola orientación profesional, o estudante deberá cursar os 24 ECTS
das materias obrigatorias, 24 ECTS de materias optativas ordinarias e 6 de prácticas externas,
e o traballo fin de máster.
• Para obter o título pola orientación investigadora, o estudante deberá cursar os 24
ECTS das materias obrigatorias, 24 ECTS de materias optativas ordinarias e 6 da materia
complementaria do traballo fin de máster, e o traballo fin de máster.
Así mesmo, o máster recolle dúas especialidades:
• Especialidade en xestión dos bens culturais.
• Especialidade en xestión do patrimonio lingüístico e literario.
O alumno poderá optar por:
a) Obter unha especialidade: cursando 12 ECTS do módulo desa especialidade e os
outros 12 ECTS do módulo de optativas xerais.
b) Obter as dúas especialidades: cursando 12 ECTS de cada módulo de especialidade.
c) Cursar o máster sen especialidade, cursando os 24 ECTS de calquera dos tres módulos
optativos.
O imaxinario colectivo do mundo global: retos da sociedade actual
- P5023101
- Obrigatorio
- Primeiro semestre
- 3 créditos
Desenvolvemento local e patrimonio cultural
- P5023102
- Obrigatorio
- Primeiro semestre
- 6 créditos
Políticas culturais e interculturalidade
- P5023103
- Obrigatorio
- Primeiro semestre
- 6 créditos
Lingua para a escritura académica e praxe dos discursos orais
- P5023104
- Obrigatorio
- Primeiro semestre
- 6 créditos
Linguas para a comunicación: portugués
- P5023108
- Obrigatorio
- Primeiro semestre
- 3 créditos
Linguas para a comunicación: francés
- P5023109
- Obrigatorio
- Primeiro semestre
- 3 créditos
Linguas para a comunicación: inglés
- P5023110
- Obrigatorio
- Primeiro semestre
- 3 créditos
Patrimonio arqueolóxico e etnográfico
- P5023201
- Optativo
- Primeiro semestre
- 6 créditos
Patrimonio documental e paisaxe histórica: investigación, xestión e posta en valor
- P5023202
- Optativo
- Segundo semestre
- 6 créditos
Cultura escrita e oralidade: investigación, recuperación, xestión
- P5023203
- Optativo
- Segundo semestre
- 6 créditos
Metodoloxía e recursos para a investigación humanística
- P5023204
- Optativo
- 6 créditos
Soportes virtuais para o patrimonio
- P5023224
- Optativo
- Segundo semestre
- 3 créditos
Xestión de proxectos culturais
- P5023225
- Optativo
- Segundo semestre
- 3 créditos
Xestión da diversidade lingüística e comunicación intercultural no mundo actual
- P5023208
- Optativo
- Primeiro semestre
- 6 créditos
O texto galego: da escritura á difusión
- P5023209
- Optativo
- 3 créditos
Literatura e patrimonio: poder, memoria e lugar
- P5023210
- Optativo
- Segundo semestre
- 6 créditos
Cultura e artes na era global
- P5023211
- Optativo
- Segundo semestre
- 3 créditos
Metodoloxía e recursos para a investigación filolóxica
- P5023212
- Optativo
- 6 créditos
Estratexias de construción de textos para as industrias culturais
- P5023226
- Optativo
- Segundo semestre
- 6 créditos
O sector editorial galego: políticas, mercado, axentes e procesos
- P5023227
- Optativo
- Segundo semestre
- 3 créditos
Cooperación cultural internacional e procesos migratorios contemporáneos
- P5023216
- Optativo
- Primeiro semestre
- 6 créditos
Deseño turístico de eventos e rutas culturais
- P5023217
- Optativo
- Segundo semestre
- 3 créditos
Espectáculos e xestión: música, teatro e cine
- P5023218
- Optativo
- 3 créditos
Políticas de xénero e xestión cultural
- P5023219
- Optativo
- Segundo semestre
- 3 créditos
Marketing nas empresas culturais
- P5023220
- Optativo
- Segundo semestre
- 3 créditos
Comunicación e publicidade para a xestión cultural
- P5023221
- Optativo
- Segundo semestre
- 3 créditos
Análise económica dos eventos culturais
- P5023228
- Optativo
- Segundo semestre
- 3 créditos
Traballo fin de máster Orientación Profesional
- P5023112
- Obrigatorio
- Traballos Fin de Grao e Máster
- 6 créditos
Prácticas externas
- P5023222
- Optativo
- Prácticas en Empresas de Grao e Máster

Traballo fin de máster Orientación Investigadora
- P5023113
- Obrigatorio
- Traballos Fin de Grao e Máster
- 6 créditos
Materia complementaria do Traballo Fin de Máster
- P5023223
- Optativo
- Traballos Fin de Grao e Máster
- 6 créditos
Os servizos culturais son un vasto campo de acción que integra todas as actividades relacionadas coa produción e consumo cultural na sociedade moderna. O obxectivo do máster é formar especialistas de alto nivel na análise e xestión da cultura nun sentido amplo e aplicado, así como na xestión, deseño e programación de actividades e proxectos culturais de índole diversa (exposicións, espectáculos audiovisuais, museos, galerías, dinamización do patrimonio material e inmaterial, posta en valor de bens culturais, etc.).
Non se contempla

Se fundamenta na titoría individualizada e nun sistema de orientación do conxunto de profesores. Faranse reunións periódicas para a análise do progreso académico, das necesidades e liñas para a mellora e da proxección nos ámbitos profesionais. Contémplase unha reunión avanzado o curso para a asignación de titores do proxecto final de Máster que inclúe a deliberación conxunta sobre o ámbito no que cada proxecto se centrará. Unha vez asignado titor, o asesoramento e seguimento do proxecto será individualizado.
Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:
- A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
- A supresión gradual da impartición da docencia.
- Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Acceso
Para acceder aos ensinos oficiais de Máster será necesario estar en posesión de:
A.1. Un título universitario oficial español.
A.2. Un título expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro Estado integrante do Espazo Europeo de Educación Superior que faculte no mesmo para o acceso a ensinos de Máster.
A.3. Un título pertencente a un sistema educativo alleo ao Espazo Europeo de Educación, previa comprobación pola Universidade de que o citado título acredita un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinos de posgrao.
A.4. Un título superior das Ensinanzas Artísticas Superiores do sistema educativo español.
Admisión
Procedemento de admisión : criterios xerais (expediente).
Titulacións de acceso por orde de preferencia:
1. Titulacións de nivel de Licenciado ou Graduado da rama de coñecemento Artes e Humanidades e da rama de coñecemento Ciencias Sociais e Xurídicas
2. Outras titulacións universitarias

1. Capacidade de manexar eficientemente a información proveniente de distintas canles para a produción de coñecementos relacionados co ámbito da cultura.
2. Capacidade de aplicar os coñecementos adquiridos na detección e resolución de problemas nos contextos específicos do seu ámbito profesional.
3. Toma de conciencia das responsabilidades sociais e éticas vinculadas ao exercicio profesional e capacidade de reflexión e revisión crítica das dinámicas socio-culturais existentes.
4. Adquisición de habilidades e hábitos de traballo que posibiliten a autoaprendizaxe e que fomenten a formación continua (educación ao longo de toda a vida (learning for life, segundo as directrices da UNESCO).
5. Adquisición das habilidades para fomentar e garantir o respecto aos Dereitos Humanos e aos principios de accesibilidade universal, igualdade, non discriminación e aos valores democráticos e da cultura da paz.
1. Coñecemento do funcionamento das novas formas de transmitir información, de acceder a ela e de apropiarse dela.
2. Capacitación para desenvolver proxectos culturais de distinto tipo e finalidade.
3. Habilidade na xestión da comunicación cultural e a súa difusión por todas as canles de distribución do ámbito literario,musical e audiovisual.
4. Adquisición da capacidade e o espírito emprendedor que propicien a creación e impulso de proxectos culturais, comunicativos e educativos
5. Capacidade para a elaboración, redacción e presentación dun traballo escrito de iniciación elemental á investigación.
6. Comprensión razoada do interese do diálogo intercultural e a necesidade do respecto ás diferenzas culturais.
7. Capacidade para describir e analizar as características asociadas á xestión da competencia intercultural.
8. Adquisición dos coñecementos precisos dos fundamentos das políticas de integración e redefinición das identidades no marco dos movementos migratorios.
9. Adquisición dun coñecemento axustado dos principios e a metodoloxía da recuperación da memoria histórica e cultural.
10. Adquisición das capacidades de traballo, no ámbito da cultura, con grupos humanos con necesidades específicas e/ou con risco de exclusión.
11. Coñecemento do papel das organizacións non gobernamentais na cooperación entre os estados e as culturas.
12. Desenvolvemento das aptitudes e destrezas precisas para organizar equipos humanos e formar parte deles.
13. Adquisición dunha comprensión adecuada das correntes de influencia mutua entre a cultura global e a cultura local.
14. Habilidade para traballar nunha contorna multicultural, coñecendo os movementos sociais, as manifestacións artísticas e as crenzas máis significativas das sociedades.
15. Adquisición dunha adecuada comprensión das políticas de protección e das dinámicas de recuperación do patrimonio histórico-cultural.
16. Coñecemento das técnicas de análises territorial e a metodoloxía de planificación estratéxica para a posta en marcha de iniciativas de desenvolvemento.
17. Coñecemento activo das políticas turísticas, programas e servizos para a organización de dinámicas de turismo cultural.
18. Coñecemento da metodoloxía e a práctica investigadora en todas as áreas vinculadas á xestión dos bens culturais.
19. Coñecemento dos expoñentes culturais e literarios dos países de linguas hispánicas.
20. Adquisición das destrezas e estratexias de composición de discursos, así como das ferramentas lingüísticas e pragmáticas precisas para realizar con éxito os trámites administrativos e as campañas de divulgación propias dos servizos culturais.
21. Capacidade de elaboración de comentarios razoados e críticos de obras e textos relacionados con calquera área do ámbito humanístico.
22. Capacidade de comprensión doutras culturas; recoñecemento da diversidade e o seu reflexo en usos lingüísticos e literarios.
23. Capacidade para adquirir un coñecemento avanzado das funcións discursivas.
24. Adquisición dos coñecementos básicos que permitan comprender os distintos compoñentes que interveñen na actividade lingüística e os principais métodos e recursos para o seu estudo científico.
25. Adquisición das ferramentas necesarias para extraer os máximos coñecementos lingüísticos e aplicalos ás actividades profesionais, académicas e investigadoras concretas.
26. Adquisición das competencias pragmáticas e discursivas necesarias para xestionar a comunicación intercultural.
27. Coñecemento das políticas de xestión da diversidade lingüística nas sociedades multiculturais.
28. Capacidade de situarse ante contextos culturais concretos e desempeñar as funcións dun xestor cultural.
29. Capacidade de observar os principais fenómenos que inciden na modernidade e analizalos desde a perspectiva dun xestor cultural.
30. Adquisición das ferramentas precisas para a difusión dos produtos culturais.
31. Adquisición das ferramentas necesarias para valorar os procesos que efectivamente se levan a cabo en distintos ámbitos da xestión cultural.
32. Capacidade para establecer unha valoración crítica das diversas actividades que se levan a cabo en contornas reais de xestión cultural.
33. Adquisición da capacidade de planificación necesaria para o deseño de proxectos de xestión cultural.
34. Adquisición dos rudimentos precisos para a elaboración dun traballo de iniciación á investigación.
Mobilidade
A Comisión Académica realizará as xestións que estean ao seu alcance para promover a mobilidade dos estudantes do Máster. Para iso recorrerá aos servizos propios da universidade.
A súa planificación e xestión desenvólvese a través da Vicerreitoría de Internacionalización e da Oficina de Relacións Exteriores da Universidade, en coordinación coa Facultade a través da Unidade de apoio á xestión de centros e departamentos (UAGCD) e do vicedecano/a responsable de programas de intercambio.
Actualmente a Universidade de Santiago de Compostela colabora nos programas Sócrates-Erasmus, Erasmus Mundus e Sicue, que complementa con varios programas que pretenden fomentar a mobilidade dos membros da comunidade universitaria con universidades de América, Asia, Australia e Suiza.
A Facultade ademais, conta coa colaboración de varios profesores/as que actúan como coordinadores académicos e cuxa función é titorizar e asistir nas súas decisións académicas aos estudantes propios e de acolleita. A selección de candidatos lévase a cabo, para cada convocatoria ou programa, por unha comisión de selección, composta polo decano ou decana, o vicedecano ou vicedecana responsable de programas de intercambio, o/a responsable da UAGCD e os/as coordinadores académicos, de acordo con criterios de baremación, previamente establecidos, que teñen en conta o expediente académico, unha memoria e, no seu caso, as competencias de idiomas que esixe a Universidade de destino.
A USC dispón de servizos propios de atención aos estudantes. Na USC estes servizos canalízanse a través da Oficina de Relacións Exteriores, mantén un sistema de información permanente a través da páxina web, que se complementa con campañas e accións informativas específicas de promoción das convocatorias. Ademais, conta con recursos de apoio para os estudantes de acolleita, tales como a reserva de prazas nas Residencias Universitarias, ou o Programa de acompañamento de estudantes estranxeiros (PAE) da Vicerreitoría de Internacionalización, a través do cal voluntarios/as da USC realizan tarefas de acompañamento dirixidas á integración na cidade e na Universidade dos estudantes de acolleita.
En canto aos/as estudantes de acolleita, organízase unha sesión de recepción, ao comezo de cada semestre, na que se lles informa e orienta sobre a Facultade e os estudos, á vez que se lles pon en contacto cos coordinadores académicos, que actuarán como titores, e o persoal do Centro implicado na súa atención.
A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
Portal Internacional
Prácticas
Tras cursar esta materia os alumnos han de ser capaces de :
1. Comprender e tratar as múltiples manifestacións socio-culturais do mundo actual.
2. Desenvolver proxectos culturais de distinto tipo e finalidade.
3. Comprender a complexidade do fenómeno intercultural e as diferentes aproximacións á multiculturalidade.
4. Coñecer os diferentes ámbitos profesionais e de investigación vinculados aos servizos culturais, tomando en consideración a especificidade das entidades públicas, semipúblicas e privadas.
5. Traballar no ámbito da cultura con grupos humanos con necesidades específicas e/ou con risco de exclusión.
6. Aplicar as aptitudes e destrezas necesarias para organizar equipos humanos e formar parte deles.
7. Aplicar as destrezas necesarias para deseñar estratexias de intervención e actuación para cada un dos ámbitos e institucións culturais.
8. Estimular a creatividade para dar respostas adecuadas aos problemas suscitados e fomentar o gusto pola innovación a partir do fomento da análise crítica dos datos e teorías presentadas.
9. Respectar a diversidade étnica, lingüística e cultural e valorar a necesidade de conservar dita diversidade.
10. Respectar os dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, respectar e promocionar os Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade, así como os valores propios dunha cultura de paz.
Os alumnos que sigan a Modalidade A, profesionalizante, deberán empregar 6 créditos ECTS no desenvolvemento de prácticas en institucións públicas, semipúblicas ou privadas (concellos, fundacións, empresas culturais, etc.) coas que a Facultade de Humanidades teña establecido o pertinente convenio de colaboración. Ao finalizar esta etapa o alumno deberá presentar unha breve memoria ao seu titor.
Entre as metodoloxías docentes usadas, está a exposición do funcionamento xeral da entidade de prácticas e das actividades a realizar, o desempeño das actividades prácticas encomendadas, a orientación e supervisión das actividades prácticas e a elaboración da memoria de prácticas.
O sistema de avaliación consiste na valoración do informe sobre o cumprimento das obrigacións realizado polo coordinador de prácticas e da memoria de actividades presentada polo alumno.
Tras cursar esta materia os alumnos han de ser capaces de:
1. Desenvolver proxectos culturais de distinto tipo e finalidade.
2. Aplicar as destrezas necesarias para deseñar estratexias de intervención e actuación para cada un dos ámbitos e institucións culturais.
3. Dar respostas adecuadas aos problemas suscitados e fomentar o gusto pola innovación a partir do fomento da análise crítica dos datos e teorías presentadas.
4. Saber seleccionar e determinar un campo aplicativo relevante para a realización do proxecto ou informe técnico.
5. Determinar obxectos concretos de utilidade aplicativa, e a súa posibilidade de constitución máis correcta
6. Adquirir as destrezas que permitan a exposición oral e o debate dos argumentos e conclusións expostos no Traballo.
O Traballo Fin de Máster non se concibe como programa de contidos ao modo habitual senón que vai referido a unha ou varias das liñas que definen as materias deseñadas polas diferentes materias do plan de estudos.
Para poder defender o Traballo Fin de Máster é necesario superar 48 créditos de materias obrigatorias (24 créditos) e optativas (24 créditos).
Imparte este máster profesoras e profesores das áreas humanísticas da Facultade de Humanidades (Historia, Xeografía, Arte, Literatura, Linguas española, galega, portuguesa, inglesa, francesa, Filosofía ou Antropoloxía) así como doutros centros da USC dos campus de Santiago e Lugo: Administración e Dirección de Empresas, Historia, Filoloxía, Ciencias da Comunicación e Formación do Profesorado, entre outros. Máis do 80% do seu cadro docente ten a cualificación de doutor ou doutora.
Este equipo está composto por docentes novos e dinámicos, comprometidos cunha universidade de calidade e dispostos á constante reciclaxe e actualización nas súas respectivas áreas de coñecemento. Cómpre salientar tamén a súa ampla experiencia en intercambios nacionais e internacionais, con períodos de formación e de exercicio profesional en universidades estranxeiras, o que se ten plasmado na súa participación en intercambios científicos con universidades europeas e americanas.
Indicador |
2017-2018 |
2018-2019 |
2019-2020 |
2020-2021 |
2021-2022 |
2022-2023 |
|
---|---|---|---|---|---|---|---|
Oferta |
|||||||
IN01 Prazas ofertadas Número de prazas ofertadas para cada curso académico. Info da escala: Número enteiro |
25,0 |
25,0 |
25,0 |
25,0 |
25,0 |
25,0 |
|
Matrícula |
|||||||
IN02 Matrícula Número de estudantes matriculados nun curso académico sen contabilizar aos estudantes de programas de mobilidade incoming. Info da escala: Número enteiro |
40,0 |
48,0 |
45,0 |
43,0 |
37,0 |
44,0 |
|
IN03 Matrícula de acceso Número de estudantes que se matriculan nun plan de estudos por primeira vez. Inclúe ao alumnado que traslada o seu expediente, que accede por validación parcial de estudos estranxeiros ou que se adapta desde plans en extinción. Info da escala: Número enteiro |
25,0 |
22,0 |
24,0 |
28,0 |
24,0 |
23,0 |
|
IN04 Matrícula de novo ingreso por preinscrición Número de estudantes que se matriculan no primeiro curso dun plan de estudos por primeira vez, é dicir, sen contar aos estudantes que acceden a través de validación parcial de estudos estranxeiros, traslados ou adaptacións desde plans en extinción. Info da escala: Número enteiro |
25,0 |
22,0 |
24,0 |
27,0 |
23,0 |
23,0 |
|
IN05 Variación da matrícula de novo ingreso por preinscrición Taxa de variación relativa da matrícula de novo ingreso por preinscrición. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
0,0 |
-12,0 |
9,09 |
12,5 |
-14,81 |
- |
|
Perfil de entrada |
|||||||
IN06 Nota media de acceso por preinscrición Nota media de acceso por preinscrición dos estudantes que inician estudos. Determina o perfil de entrada. Info da escala: Número racional con dous decimais. O rango vai desde 0 ata o valor máximo que se pode obter en cada curso académico para a preinscrición (algúns valores históricos foron 10,00 puntos, 12,00 puntos ou 14,00 puntos). |
7,443 |
7,5419 |
7,7163 |
7,4222 |
7,6982 |
8,0252 |
|
IN08 Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre matriculados Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre estudantes matriculados, sen contabilizar aos estudantes matriculados en programas de mobilidade incoming. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
5,0 |
4,17 |
4,44 |
6,98 |
2,7 |
9,09 |
|
IN09 Porcentaxe de estudantes nacionais de fóra de Galicia sobre matriculados Porcentaje de estudiantes nacionales de fuera de Galicia sobre estudiantes matriculados, sin contabilizar los estudiantes matriculados en programas de movilidad incoming. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
10,0 |
10,42 |
6,67 |
4,65 |
8,11 |
2,27 |
|
IN13 Porcentaxe de matriculados que son titulados da USC Número de estudantes matriculados no máster que son egresados da USC. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
- |
- |
- |
41,86 |
29,73 |
34,09 |
|
Adecuación á demanda |
|||||||
IN12 Tasa de ocupación Número de estudantes de novo ingreso por preinscrición dividido entre as prazas ofertadas. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
100,0 |
88,0 |
96,0 |
108,0 |
92,0 |
92,0 |
Indicador |
2017-2018 |
2018-2019 |
2019-2020 |
2020-2021 |
2021-2022 |
2022-2023 |
|
---|---|---|---|---|---|---|---|
Mobilidade allea |
|||||||
IN18 Porcentaxe de estudantes recibidos pola USC de programas de mobilidade sobre o total de matriculados Número de estudantes recibidos na USC nesa titulación procedentes doutras universidades (programas de mobilidade) dividido entre o número de estudantes matriculados no título. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
Indicador |
2017-2018 |
2018-2019 |
2019-2020 |
2020-2021 |
2021-2022 |
2022-2023 |
---|---|---|---|---|---|---|
IN22 Porcentaxe de estudantes egresados nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizou as prácticas en empresas e institu Relación porcentual entre os egresados dun título nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizaron prácticas en empresas e institucións, sobre o total de estudantes egresados nese título e nese mesmo curso académico. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
42,86 |
55,56 |
56,52 |
60,0 |
68,75 |
62,5 |
Indicador |
2017-2018 |
2018-2019 |
2019-2020 |
2020-2021 |
2021-2022 |
2022-2023 |
|
---|---|---|---|---|---|---|---|
Abandono |
|||||||
IN41 Taxa de abandono RD 1393/2007 Relación porcentual entre os estudantes dunha cohorte de novo ingreso que deberon obter o título no ano académico anterior e que non se matricularon nin nese curso académico nin no anterior. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
20,0 |
24,0 |
13,64 |
16,67 |
18,52 |
12,5 |
|
Avaliación |
|||||||
IN36 Taxa de avaliación Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios matriculados. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
67,91 |
74,02 |
81,88 |
79,56 |
80,85 |
75,57 |
|
Duración media dos estudos |
|||||||
IN38 Duración media dos estudos Duración media (en anos) na que os estudantes tardan en superar os créditos correspondentes ao plan de estudos. Info da escala: Número racional con dous decimais |
1,7143 |
1,8333 |
1,913 |
1,65 |
1,5625 |
1,75 |
|
Eficiencia dos titulados |
|||||||
IN53 Taxa de eficiencia (rendemento dos egresados Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que egresou e o número total de créditos nos que se matriculou. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
85,19 |
86,4 |
83,72 |
92,38 |
90,96 |
89,73 |
|
Estudantes por grupo |
|||||||
IN32 Media de alumnos por grupo de docencia interactiva Relación entre o número de alumnos matriculados e o número de grupos de docencia interactiva. Info da escala: Número racional con dous decimais |
13,8696 |
12,6 |
12,5714 |
13,7391 |
11,4348 |
10,5455 |
|
IN55 Media de alumnos matriculados en materias obrigatorias e de formación básica por grupo de teoría (expositivas) Relación entre o número de alumnos matriculados en materias obrigatorias materias de formación básica e o número de grupos de teoría desas materias. Info da escala: Número racional con dous decimais |
- |
19,3333 |
17,7143 |
20,4286 |
18,1429 |
18,5 |
|
IN56 Media de alumnos matriculados en materias optativas por grupo de teoría (expositivas) Relación entre o número de alumnos matriculados en materias optativas e o número de grupos de teoría desas materias. Info da escala: Número racional con dous decimais |
- |
9,7143 |
10,0 |
10,8125 |
8,5 |
7,5625 |
|
Éxito |
|||||||
IN35 Taxa de éxito Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
96,98 |
95,73 |
97,9 |
97,68 |
99,04 |
99,45 |
|
IN50 Taxa de éxito dos egresados Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que foi egresado e o número total de créditos aos que se presentou. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
85,19 |
86,75 |
83,72 |
98,98 |
97,87 |
98,95 |
|
Graduación |
|||||||
IN37 Taxa de graduación Relación porcentual entre os estudantes que finalizaron os estudos no tempo previsto no plan de estudos ou nun ano académico máis e a súa cohorte de ingreso. Amosa información sobre o grao de eficacia do alumnado e da institución con relación á súa actividade académica. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
56,0 |
40,0 |
63,64 |
70,83 |
62,96 |
70,83 |
|
Rendemento |
|||||||
IN34 Taxa de rendemento Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios en que se matricularon. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
65,86 |
70,86 |
80,17 |
77,72 |
80,08 |
75,16 |
|
Satisfacción |
|||||||
IN19 Satisfacción dos estudantes coas prácticas externas Valoración media da enquisa de satisfacción dos estudantes coas prácticas externas. Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00 |
5,0 |
3,6944 |
- |
- |
4,2 |
4,63 |
|
IN20 Satisfacción dos titores profesionais coas prácticas externas Valoración media da enquisa de satisfacción dos titores profesionais coas prácticas externas. Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00 |
4,0 |
4,1667 |
- |
4,75 |
- |
4,25 |
|
IN23 Satisfacción dos egresados coa información pública dispoñible Valoración media da enquisa de satisfacción dos egresados coa información pública dispoñible. Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00 |
3,2 |
3,9 |
- |
- |
- |
- |
|
IN33 Grao de satisfacción dos egresados cos servizos Valoración media das preguntas relativas á satisfacción cos servizos da enquisa de egresados. Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00 |
4,0 |
4,3333 |
- |
- |
- |
- |
|
IN42 Grao de satisfacción xeral dos egresados coa titulación Valoración media das preguntas relativas á satisfacción coa titulación da enquisa de egresados. Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00 |
3,4348 |
3,6809 |
- |
3,26 |
3,55 |
3,64 |
|
IN46 Satisfacción do alumnado coa docencia recibida Valoración media da enquisa de satisfacción do alumnado coa docencia recibida. Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00 |
4,3 |
4,04 |
4,33 |
3,97 |
3,85 |
4,26 |
|
IN47 Satisfacción do profesorado coa docencia impartida Valoración media da enquisa de satisfacción do profesorado coa docencia impartida. Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00 |
3,7959 |
4,4175 |
3,9906 |
4,2273 |
4,2798 |
4,2387 |
|
IN48 Taxa de resposta na enquisa de satisfacción Porcentaxe de resposta na enquisa de satisfacción por parte do alumnado. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
34,2857 |
33,3333 |
46,875 |
40,0 |
41,3793 |
27,5862 |
Indicador |
2017-2018 |
2018-2019 |
2019-2020 |
2020-2021 |
2021-2022 |
2022-2023 |
---|---|---|---|---|---|---|
IN24 Porcentaxe de Persoal Docente e Investigador (PDI) con sexenios Relación porcentual entre o PDI con sexenios e o PDI total con docencia no título e que pode ter sexenios Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
63,64 |
57,14 |
63,64 |
65,22 |
59,09 |
66,67 |
IN25 Porcentaxe de PDI doutor sobre o PDI total Relación porcentual entre o PDI doutor e o PDI total con docencia no título. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
85,71 |
87,5 |
82,14 |
83,33 |
82,76 |
82,14 |
IN26 Porcentaxe de PDI funcionario sobre o PDI total Relación porcentual entre o PDI funcionario e o PDI total con docencia no título. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
53,57 |
58,33 |
50,0 |
53,33 |
55,17 |