Skip to main content

As posibilidades da maridaxe do pan, a debate no Campus Terra da USC

Las posibilidades del maridaje del pan, a debate en el Campus Terra de la USC
Las posibilidades del maridaje del pan, a debate en el Campus Terra de la USC
A Cátedra do Pan e do Cereal, a primeira adscrita ao Campus Terra da USC, celebrou este mércores na Casa do Saber, a xornada ‘O pan dende o campo á mesa. Cal é a maridaxe de cada pan?’, na que...
Lugo

A Cátedra do Pan e do Cereal, a primeira adscrita ao Campus Terra da USC, celebrou este mércores na Casa do Saber, a xornada ‘O pan dende o campo á mesa. Cal é a maridaxe de cada pan?’, na que distintos expertos no sector debateron, entre outras cuestións, sobre a posibilidade de dispor dunha carta de pans nos restaurantes, tal e como sucede cos viños.

 

O adxunto á Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo para Estudantes, Internacionalización, Cultura e Servizos, Jesús Varela Zapata; a directora da Cátedra do Pan e do Cereal e catedrática da USC, Ángeles Romero Rodríguez; e o empresario e promotor da Cátedra, Manuel Dacunha Pereira, inauguraron unha xornada na que o medio centenar de persoas inscritas coñeceron a situación na que se atopa o cultivo de trigo galego a través dun relatorio que correu a cargo do enxeñeiro agrónomo do Grupo Dacunha Fernando Almeida.

 

De seguido, os investigadores da Cátedra do Pan e do Cereal Ricardo Estévez e Jesús Fernández afondaron na súa intervención no que se sabe sobre o aporte nutricional do pan. A tamén investigadora da Cátedra, Belén García, achegou luz, pola súa parte, á caracterización dos pans empregando os sensos; mentres que a catedrática da USC, Ángeles Romero respondeu á cuestión ‘Maridaxe e cata de pans, ficción ou realidade?’.

 

Finalmente, a xornalista e presidenta da Asociación Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky, moderou dúas mesas redondas nas que produtores e restauradores puideron aportar os seus respectivos puntos de vista no tocante á maridaxe do pan.

 

Unha cena-cóctel no Restaurante España que incluíu a maridaxe de cinco tipos diferentes de pan con comidas e bebidas preparadas polo chef Héctor López puxo o punto e final a esta xornada que serviu tamén para conmemorar os dous anos de historia da Cátedra do Pan e do Cereal.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.