O profesor Martín Barrasa Rioja, novo director do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da USC

O profesor da USC na Escola Politécnica Superior Martín Barrasa Rioja vén de ser nomeado novo director do Departamento de Produción Vexetal da Proxectos da Enxeñaría da USC, un cargo no que sucede a Rosa Mosquera, quen desenvolveu a dirección do Departamento de Produción Vexetal da USC nos últimos anos.
A elección de Martín Barrasa como director coincide tamén coa nova etapa que emprende este departamento universitario, que agroma un total de 26 profesores e profesoras logo da recente incorporación dos docentes da área de Dirección de Proxectos da USC optaran por sumarse ao xa extinto Departamento de Produción Vexetal en aras a manter a sede deste órgano universitario no Campus Terra da USC.
O obxectivo prioritario fixado pola nova dirección do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da USC é o continuar a traballar a prol da progresiva mellora da calidade docente e de I+D+i e á ampliación da oferta académica impartida pola USC na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC en aras a espertar un crecente interese entre a comunidade estudantil e, en consecuencia, aumentar o número de novos matriculados no centro, segundo indicou Barrasa Rioja.
Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría, e Enxeñaría Agroforestal, que tamén atopa a súa sede na EPS, constitúen xunto cos de Patoloxía Animal e Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias, localizados estes dous na Facultade de Veterinaria, as catro sedes departamentais da USC localizadas na sede universitaria luguesa.