Skip to main content

Concertos Na Calzada

04.28.2025

Lugo
Casa do Saber

Imaxe do cartel
Imaxe do cartel

O estudantado universitario da USC, de forma individual ou colectiva, poderá solicitar ata o 7 de marzo, ás 23.30 horas, participar na actividade musical 'Na Calzada'. No caso de que a solicitude sexa grupal, o 50% das persoas que integren o grupo deberá ser estudantado da USC.

O ciclo ‘Na Calzada’ é un programa incluído na programación da Primavera Cultural a través do que se dá cabida a novos talentos musicais, xa consolidados ou en fase de formación, a fin de que poidan presentar a súas respectivas creacións.

As persoas interesadas en participar nos concertos programados o día 28 de abril na sede universitaria luguesa poden enviar as súas respectivas propostas a cultura.lugo [at] usc.gal (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]gal). Na convocatoria tes máis información. 

A iniciativa 'Na Calzada' enmárcase na programación artellada ao abeiro do convenio que desenvolven a USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e a Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

The contents of this page were updated on 02.28.2025.