Pasar al contenido principal

Este portal utiliza cookies propias o de terceros con fines analíticos, así como enlaces a portales de terceros para poder compartir contenido en las redes sociales. Puede obtener más información en la política de cookies.

Concertos Na Calzada

28.04.2025

Lugo
Casa do Saber

Imaxe do cartel
Imaxe do cartel

O estudantado universitario da USC, de forma individual ou colectiva, poderá solicitar ata o 7 de marzo, ás 23.30 horas, participar na actividade musical 'Na Calzada'. No caso de que a solicitude sexa grupal, o 50% das persoas que integren o grupo deberá ser estudantado da USC.

O ciclo ‘Na Calzada’ é un programa incluído na programación da Primavera Cultural a través do que se dá cabida a novos talentos musicais, xa consolidados ou en fase de formación, a fin de que poidan presentar a súas respectivas creacións.

As persoas interesadas en participar nos concertos programados o día 28 de abril na sede universitaria luguesa poden enviar as súas respectivas propostas a cultura.lugo@usc.gal. Na convocatoria tes máis información. 

A iniciativa 'Na Calzada' enmárcase na programación artellada ao abeiro do convenio que desenvolven a USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e a Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.02.2025.