Organizer: Facultade de Ciencias
Neste curso explotaranse as características que converten ao programa Mathcad nunha ferramenta de gran utilidade no ensino de materias relacionadas coas matemáticas puras e aplicadas.

A terceira edición deste curso, que forma parte do Plan Formativo do Campus Terra 2025 e que vén de abrir o seu período de inscrición, vai dirixido a PDI e alumnado de titulacións impartidas na USC orientadas ás Ciencias, a Enxeñería, a Economía e a calquera outra área na que se utilicen tratamentos matemáticos, elaboración de gráficos científicos ou táboas, e necesite elaborar informes, memorias, presentacións...etc.
O programa do curso estrutúrase nos seguintes puntos: Contorna de traballo e primeiros cálculos con Mathcad; Uso de unidades; Ficheiros de datos e Gráficos; Traballo simbólico e Análise de datos; Vectores, Matrices e Táboas de datos; Bloque de resolución; Interacción con Excel e Programación en Mathcad.
O curso, recoñecido polo PFID, se desenvolverá de maneira presencial con 20 prazas. Facilitarase tamén o seguimento do curso de maneira non presencial e asíncrona a través da aula virtual.