Skip to main content
25N

O Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres conmemórase cada ano o 25 de novembro para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e co fin de reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación. 

Neste senso a USC organizará un acto conmemorativo o propio día 25 en ámbolos dous campus. 


En Santiago, na praza do Obradoiro , ás 13:00 h.,  baixo a presidencia da Vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias Fernández,  darase lectura ao Manifesto da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero para a Excelencia Universitaria (RUIGEU). A continuación, a estudante de doutoramento da Facultade de Filosofía, Cruz Fernández González, dará conta das vítimas de violencia de xénero e de violencia vicaria deste último ano e, por último, gardarase un minuto de silencio. 

En Lugo, ás 12:00 h., darase tamén lectura do Manifesto da RUIGEU e gardarase un minuto de silencio. Será nun acto simultáneo na entrada do Edificio Intercentros  e na Facultade de Formación de Profesorado. A continuación, na Intercentros, representarase a performance Demasiado. Quen desexe participar activamente nesta performance pode anotarse enviando un correo electrónico a cultura.lugo [at] usc.gal (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]gal) antes do 22 de novembro ás 19 h.

The contents of this page were updated on 11.21.2025.