O Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres conmemórase cada ano o 25 de novembro para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e co fin de reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación.
Neste senso a USC organizará un acto conmemorativo o propio día 25 en ámbolos dous campus.
En Santiago, na praza do Obradoiro , ás 13:00 h., baixo a presidencia da Vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias Fernández, darase lectura ao Manifesto da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero para a Excelencia Universitaria (RUIGEU). A continuación, a estudante de doutoramento da Facultade de Filosofía, Cruz Fernández González, dará conta das vítimas de violencia de xénero e de violencia vicaria deste último ano e, por último, gardarase un minuto de silencio.
En Lugo, ás 12:00 h., darase tamén lectura do Manifesto da RUIGEU e gardarase un minuto de silencio. Será nun acto simultáneo na entrada do Edificio Intercentros e na Facultade de Formación de Profesorado. A continuación, na Intercentros, representarase a performance Demasiado. Quen desexe participar activamente nesta performance pode anotarse enviando un correo electrónico a cultura.lugo [at] usc.gal (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]gal) antes do 22 de novembro ás 19 h.
Actividades relacionadas co 25N
Calendario de desminto para o 25N. Mitos, bulos e desinformación sobre violencia contra as mulleres, desmentidos con evidencia.
Data: 1-24 de novembro, desvelando cada día un mito e o seu correspondente desmentido
Lugar: Corredores máis concorridos da Facultade de Psicoloxía.
Organiza: Actividade promovida pola Comisión de Igualdade de Xénero da Facultade de Psicoloxía da USC
Persoas ás que se dirixe: Esta actividade de sensibilización dirixísese ao estudantado, profesorado, PTXAS, e calquera membro da comunidade universitaria interesado.
Descrición: O calendario de desminto para o 25N busca sensibilizar ao estudantado, profesorado e persoal non docente da facultade de psicoloxía con relación ás diferentes violencias que enfrontan as mulleres. Nun dos corredores máis concorridos da facultade, habilitáronse tres paneis onde, ao comezo, contamos con 24 sobres pechados e numerados do 1 ao 24 (como se dun "calendario de advento" para o 25N se tratase). Cada día (dende o 01 de novembro ao 24 de novembro), un dos sobres ábrese e desvélase un mito, bulo ou desinformación sobre a violencia contra as mulleres, e un pequeno texto argumenta e desminte dito mito. Todos os mitos e os seus desmentidos van quedando expostos unha vez que son desvelados, de maneira que se vai conseguindo un efecto acumulativo.
25N: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
Data: dende o 14 de novembro até fináis do ano en curso
Lugar: Biblioteca Xeral - Sala de lectura,
Organiza: Biblioteca Xeral (BUSC)
Persoas ás que se dirixe: Comunidade universitaria e sociedade en xeral
Descrición: A Biblioteca Xeral elaborou un centro de interese que recolle un conxunto de obras centradas na denuncia da violencia que se exerce contra as mulleres en todo o mundo, así como obras en galego de escritoras feministas que visibilizan a loita das mulleres contra o sistema patriarcal. Entre as obras que podemos atopar aparecen: Manifesto 25N: trinta voces pola eliminación da violencia contra a muller, 22 documentos do feminismo galego ou Basta! Guía de autodefensa para adolescentes. O centro de interese está sitúado na sala de lectura da Biblioteca Xeral e todos os libros están dispoñibles para levar en préstamo a domicilio.
Ligazón a sitio web con máis información: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/biblioteca-universitaria/novas/25n…
III Xornada de Traballo Interdisciplinar: Abordaxe do consentimento sexual en poboación universitaria: retirada do consentimento e consentimento parcial.
Data: 21 novembro
hora: 9-14h
Lugar: Sala de Xuntas da Facultade de Psicoloxía.
Organiza: Unidade de Psicoloxía Forense.
Persoas ás que se dirixe: alumnado, PTXAS e PDI da Facultade de Psicoloxía.
Descrición: Na primeira parte da xornada contextualizarase a problemática xurídica do consentimento sexual. Na segunda parte se configurarán os paneis con participantes de diferentes ámbitos profesionais. Cada grupo contará co apoio dunha persoa coordinadora e dunha persoa redactora, cuxa función será recoller as conclusións que serán elevadas a unha sesión plenaria final. Para toda a actividade seguirase a metodoloxía de WORLD CAFÉ. Esta actividade enmarcase ao abeiro dun convenio da USC coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para o desenvolvemento de Medidas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero 2025 . (adxúntase díptico)
Ligazón a sitio web con máis información: https://www.facebook.com/MasterPsicoxerontoloxia/posts/pfbid02EsZZzKfYkzb7Dza4VPegwcLLryv4XfqGMVjLWPBMZxxWMByr19PyzwBbum7eiMetl
#NinBruxasNinAvoasNinVellasRosmonas
Data: 14-25 novembro
Lugar: A actividade está exposta na entrada principal da facultade de Psicoloxía. Redes sociais.
Organiza: Máster en Psicoxerontoloxía, en colaboración co movemento STOPIdadismo coordinado por ASISPA.
Persoas ás que se dirixe: alumnado, PTXAS e PDI da Facultade de Psicoloxía.
Descrición: campaña de concienciación sobre a dobre invisibilización que sofren as mulleres maiores na industria cinematográfica. Colgáronse uns carteis con información ó respecto da entrada principal da facultade de Psicoloxía, así como nas redes sociais do Máster en Psicoxerontoloxía. Tamén se distribuiron a través das persoas colaborados do movemento STOPIdadismo, e outras entidades interesadas.
Imaxe para divulgación previa (preferiblemente en formato horizontal e en .jpeg, .png ou .pdf)
Ligazón a sitio web con máis información: https://www.facebook.com/MasterPsicoxerontoloxia/posts/pfbid02EsZZzKfYkzb7Dza4VPegwcLLryv4XfqGMVjLWPBMZxxWMByr19PyzwBbum7eiMetl
Performance contra a Violencia Xénero USC: Rezar, sufrir e calar.
Data: 24 de novembro
Hora: 12.30 h
Lugar: Praza de Abastos
Organiza: alumnado de 1º Educación Infantil USC
Persoas ás que se dirixe: toda a comunidade universitaria
Descrición: Este tema nace porque, durante anos, as mulleres sufriron diferentes tipos de abusos por parte da sociedade. Tal e como sinalan Ines Alberdi e Natalia Matas, “a violencia contra as mulleres e ao mesmo tempo causa e consecuencia de discriminacion, desigualdade e subordinacion, determinadas polas normas sociais e culturais de cada sistema. A nosa peza pretende representar, a traves da linguaxe visual e simbolica, esa violencia estrutural que a sociedade exerce como emisora, e que as mulleres reciben e sofren como receptoras. E unha reflexion sobre o poder, o silencio e a desigualdade, pero tamen sobre a resistencia e a capacidade de reconstruirse. O obxectivo e facer visible, desde a arte, a loita pola dignidade, a liberdade e a fe en si mesmas que as mulleres mantenen fronte a opresion social.
Performance contra a Violencia Xénero USC: Atad@s pola norma
Data: 24 de novembro
Hora: 12.45 h
Lugar: Praza de Obradoiro
Organiza: alumnado de 1º Educación Infantil USC
Persoas ás que se dirixe: toda a comunidade universitaria
Descrición: Encontramonos diante da Catedral de Santiago de Compostela, un lugar que representa seculos de tradicions e normas. A camara comeza a gravar a duas persoas: unha muller vestida con roupa estereotípica femenina, que intenta xogar ao futbol e un home, totalmente vestido de forma mais“masculina” que intenta maquillarse. Nas suas caras vese a frustracion, queren pero non poden. Cada intento e freado por algo “invisible” pero poderoso (no video reflexase como un fio vermello). Encontrase tras eles, elevada nunha cadeira e vestida de cores oscuros (simbolizando o control, o medo e a opresion), “a sociedade”. Leva unha careta sen cara, para deixar mais claro que esta, non e unha persoa, se non un conxunto de crenzas e costumes que nos xulgan e limitan. Nun momento clave, entran 3 persoas vestidas sen seguir roles e estereotipos, que representan a liberdade e cortan os fios que atan aos seus companeiros/as a sociedade, permitindo que poidan moverse e expresarse en liberdade.
*No video os protagonistas desaparecen do plano, felices de non seguir atados polos estereotipos da sociedade, ainda que se volveramos a realizar a performance deixariamos que antes as persoas atadas poidesen realizar a accion que intentaban facer (xogar ao futbol e maquillarse).
Performance contra a Violencia Xénero USC: Esperando un visto
Data: 24 de novembro
Hora: 13.00 h
Lugar: Praza de Cervantes
Organiza: alumnado de 1º Educación Infantil USC
Persoas ás que se dirixe: toda a comunidade universitaria
Descrición: Preséntase a unha muller cun collarin de can mirando o seu telefono. Un home aparece e átalle unha correa. Ao longo da performance o home vai paseando á moza coa correa, pero nunca deixan de mirar os seus telefonos. Nun momento, o home desvia a mirada, reparando nunha muller que pasa pola rúa e parécelle atractiva. Camiña detras dela, pero sen soltar a correa, provocando que a moza no outro extremo sígao. Cando ela dáse conta do que esta pasando, deixa de camiñar e, no canto de soltar a correa, tira do para que o mozo volva prestarlle atencion. Volven, entón, cada un para mirar os seus telefonos e seguir paseando. Nunca chegan a falar entre eles, nin a mirarse e, para finalizar, camiñan o un cara ao outro, pero cando parece que van xuntarse, pasan o un polo lado do outro. Nese mesmo instante, o home solta a correa e a moza queda soa, desesperada e desubicada, sen saber que facer sen alguén que a guie.
Performance contra a Violencia Xénero USC: La obligación de continuar
Data: 24 de novembro
Hora: 13.15 h
Lugar: Praza Roxa
Organiza: alumnado de 1º Educación Infantil USC
Persoas ás que se dirixe: toda a comunidade universitaria
Descrición: móstrase como os estereotipos de xénero e as presións sociais acumúlanse de forma física e emocional sobre as persoas. O percorrido representa o curso da vida cotiá baixo este peso. As pedras e as palabras simbolizan dita carga. A caida mostra o noso colapso emocional, e o baleirado dos cubos simboliza a liberación e a toma de conciencia persoal. A mensaxe final convida a reflexionar sobre as etiquetas impostas e a liberarse do peso destes prexuízos.
Performance contra a Violencia Xénero USC: Fragmentando Realidades
Data: 24 de novembro
Hora: 13.20 h
Lugar: Praza Roxa
Organiza: alumnado de 1º Educación Infantil USC
Persoas ás que se dirixe: toda a comunidade universitaria
Descrición: A simboloxía principal desta performance baséase nos filtros que a sociedade utiliza nas redes sociais e ese “ter que ser perfecta”, tanto coa maquillaxe como co corpo e os comentarios que a xente fai detras dunha pantalla coma se tivese o dereito de opinar sobre outra persoa. Por iso imos darlle a oportunidade á sociedade de poder escribir eses comentarios para que non queden no esquecemento e que vexamos a gran cantidade de comentarios obscenos que se moven nas redes sociais.
Sen violencia, si hai homes
Data: 24-28 de novembro
Lugar: Facultade de Psicoloxía
Organiza: Facultade de Psicoloxía
Persoas ás que se dirixe: alumnado da Facultade de Psicoloxía
Descrición: Colocación de carteis na facultade que recollen mensaxes dirixidos aos homes durante o proceso de socialización, que contribúen a vincular a masculinidade coas conductas agresivas. Nos carteis presentase un código QR que da acceso a un vídeo no que se cuestionan esas mensaxes de masculinidade tóxica.
Deixa a túa pegada
Data: 24-28 de novembro
Lugar: Facultade de Psicoloxía
Organiza: Facultade de Psicoloxía
Persoas ás que se dirixe: alumnado da Facultade de Psicoloxía
Descrición: Colocación de cartel na facultade co número de vítimas mortais de violencia de xénero deste ano. Pídese as persoas que deixen a súa pegada no cartel en manifestación da súa repulsa.
Ruleta ¿canto sabes da violencia de xénero?
Data: 24-28 de novembro
Lugar: Facultade de Psicoloxía
Organiza: Facultade de Psicoloxía
Persoas ás que se dirixe: alumnado da Facultade de Psicoloxía
Descrición: Colocación dunha ruleta con preguntas acerca dos datos, causas e consecuencias da violencia de xénero. Os participantes fan xirar a ruleta e contestan as preguntas.
Non é normal, é violencia. Aprende a identificala para poder cambiala.
Data: 24-28 de novembro
Lugar: Facultade de Psicoloxía
Organiza: Facultade de Psicoloxía
Persoas ás que se dirixe: alumnado da Facultade de Psicoloxía
Descrición: Colocación dunha urna na que se solicita que se deixen mensaxes relacionados coa violencia de xénero (experiencias, mensaxes de repulsa, etc.). Estas mensaxes anónimas se colocarán nun gran taboleiro para que todo o alumnado as coñeza. Esta iniciativa inclúe tamén pegada de carteis con exemplos de conductas machistas que poden pasar desapercibidas pero son violencia de xénero; nos carteis inclúese un código QR que da acceso a distintas organizacións de axuda as vítimas de violencia de xénero.
Punto de encontro de homenaxe ás vítimas da violencia de xénero
Data: 25 de novembro
Lugar: Facultade de Relacións Laborais.
Organiza: Facultade de Relacións Laborais.
Persoas ás que se dirixe: estudantado do Grao de Relacións Laborais e RRHH, do Máster Univ. en Xestión e Dirección Laboral e Máster Univ. en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídica-Forense / vía telemática.
Descrición: Con motivo do 25N o centro preparará en colaboración co estudantado un espazo no que se homenaxeará ás persoas vítimas da violencia de xénero.
Lectura do Manifesto da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero para a Excelencia Universitaria (RUIGEU) a cargo de Elena Rey García (estudante do Máster Universitario de Psicoloxía) e de Lucía Vázquez Pascual (estudante do Máster Interuniversitario de Psicoxerontoloxía)
Data: 25 de novembro
Hora: 12.00 h
Lugar: Facultade de Psicoloxía
Organiza: Facultade de Psicoloxía
Persoas ás que se dirixe: toda a comunidade universitaria
Actuación musical a cargo de Alicia Gómez Veiga (voz) e Martín López Míguez (estudante de Grao en Psicoloxía) - Peza seleccionada: “Lela” (autor: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao).
Data: 25 de novembro
Hora: 12.10 h
Lugar: Facultade de Psicoloxía
Organiza: Facultade de Psicoloxía
Persoas ás que se dirixe: toda a comunidade universitaria
Performance contra a Violencia Xénero USC: EN CADEA. Manual de eficiencia femenina
Data: 25 de novembro
Hora: 12.15 h
Lugar: Xoan XXIII frente a Facultade CC Educacion
Organiza: alumnado de 1º Educación Primaria USC
Persoas ás que se dirixe: toda a comunidade universitaria
Descrición: Crítica feminista ao fenomeno da“macdonalizacion”, presente hoxe en dia na vision dos corpos femininos. Con isto,referimonos a presion constante que sofren as mulleres para ser produtivas, perfectas e eficientes, respondendo as esixencias que a sociedade lles impon e que condicionan ao seu comportamento e a sua imaxe persoal. Inspirandonos nas teorias de diferentes sociologos e pensadoras feministas, chegamos ao desenvolvemento da idea central que queremos representar na nosa performance
Performance contra a Violencia Xénero USC: Subasta Alta Posesión
Data: 25 de novembro
Hora: 12.30 h
Lugar: Praza do Obradoiro
Organiza: alumnado de 1º Educación Primaria USC
Persoas ás que se dirixe: toda a comunidade universitaria
Descrición: A acción consiste nunha falsa poxa pública na que dous #director# da poxa, vestidos como homes ricos, presentan a tres “obxectos” moi valiosos, que en realidade son mulleres ocultas baixo sabas dentro de vitrinas. Cunha linguaxe cargada de machismo esaxerado e frases que apelan á virilidade do público, os directores da poxa xeran expectación e explican as regras.
Cada muller-obxecto preséntase destacando o seu suposto “uso” e valor para o comprador, reproducindo ironicamente estereotipos tradicionais. Cando se desvela cada obxecto, ábrese a poxa, durante a cal os participantes poden dicir frases posesivas ou disputarse a compra.
Unha vez adxudicado cada “obxecto”, colócaselle un cartel de “Vendida ao Sr. X” e permanece exposto ata o final. Finalmente, escenifícanse os pagos e a entrega dos obxectos aos seus propietarios, pechando así a performance, que busca denunciar a cousificación e o trato das mulleres como mercadoría.
Performance contra a Violencia Xénero USC: Muros de desigualdade
Data: 25 de novembro
Hora: 12.40 h
Lugar: Praza do Obradoiro
Organiza: alumnado de 1º Educación Primaria USC
Persoas ás que se dirixe: toda a comunidade universitaria
Descrición: O tema a tratar nesta performance e a desigualdade de xénero e o proceso de transformación social cara a igualdade e a liberdade. A peza propón un percorrido simbólico pola construción, destrución e reconstrución dunha sociedade que nace da opresión, máis que e quen de reiventarse mediante a colaboración e a conciencia colectiva. A través do corpo, o movemento e os obxectos, representase como o machismo e os estereotipos foron creando unha estrutura desigual que limita e silencia.
Porén, coa unión e a acción das persoas, especialmente das mulleres, esa estructura derrubase para dar paso a outra nova, baseada no respecto, na igualdade e na esperanza.
Lectura do Manifesto
Data: 25 de novembro
Hora: 13.00 h
Lugar: Aula Castelao da Facultade de Medicina e Odontoloxía
Organiza: Facultade de Medicina e Odontoloxía
Persoas ás que se dirixe: toda a comunidade universitaria
Performance contra a Violencia Xénero USC: Manual de Instrucións da Muller Perfecta
Data: 25 de novembro
Hora: 13.00 h
Lugar: Mercado de Abastos
Organiza: alumnado de 1º Educación Primaria USC
Persoas ás que se dirixe: toda a comunidade universitaria
Descrición: Mediante esta performance queremos denunciar o sexismo ao que esta sometida a muller por parte do capitalismo. A sociedade actual esíxelles ás mulleres unha perfeccion irreal, á vez que espera delas que cumpran uns roles de generos ben definidos. Buscamos reivindicar a imperfeccion, a liberdade e terminar cos estereotipos aos que estan sometidas as mulleres.
Performance contra a Violencia Xénero USC: Eco sen corpo
Data: 25 de novembro
Hora: 13.20 h
Lugar: Praza Roxa
Organiza: alumnado de 1º Educación Primaria USC
Persoas ás que se dirixe: toda a comunidade universitaria
Descrición: performance dividida en tres escenas que denuncia a presión social, a violencia simbólica e a contradición entre a imaxe pública e a identidade real das mulleres. A través do uso dun espello como eixo central, a protagonista interactúa con hashtags, filtros, mensaxes e símbolos tanto da cultura dixital como do feminismo, mostrando como estes discursos poden converterse tamén en formas de control.
25N - Día laranxa
Data: 25, 26 e 27 de Novembro
Lugar: Facultades de Ciencias da Educación e Filosofía.
Organiza: Alumnado do Mestrado en Igualdade, Xénero e Educación.
Persoas ás que se dirixe: Toda a comunidade universitaria, participación aberta, sen inscrición.
Descrición: Xornadas autoxestionadas polo alumnado do Mestrado en Igualdade, Xénero e Educación. Tres días nos cales transformaremos a universiade nun espazo de acción pedagóxica fronte as violencias. Realizaránse conversatorios con entidades e profesionais especializadas, exporánse materiais didáctivos interactivos e performances combativas. Ven preparar connosco a túa pancarta para a manifestación nun obradoiro de artivismo feminista, onde tamén xogaremos un bingo! Acoderemos xuntas e xuntes á manifestación convocada ás 20:00 na Praza do 8M. Trae contigo a túa prenda laranxa favorita e únete á loita contra o patriarcado!
Ligazón a sitio web con máis información: https://www.instagram.com/organizacion25n
Xornada para presentar o Protocolo de prevención e actuación fronte ao acoso dirixida ao estudantado, persoal docente investigador e persoal técnico, de xestión e de administración e servizos
Data: 27 de novembro
Hora: 13.00 h
Lugar: Aula 12 da Facultade de Xeografía e Historia
Organiza: Facultade de Xeografía e Historia
Descrición: Presentación pola Delegada do reitor para a Igualdade. Sonia E. Rodríguez Boente do Protocolo fronte as violencias sexuais e o acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade ou expresión de xénero na USC.
Persoas ás que se dirixe: estudantado, PDI e PTXAS