Skip to main content

Coordinador do Máster

Competencias e funcións.

A súa actuación complementa, nun cargo unipersoal, a competencia da Comisión do Máster, e axunta ademais un forte impulso no desenvolvemento coordinativo a nivel transversal, intramodular.

O coordinador é o encargado de:

  • Analizar e estudar os resultados da titulación, así como elaborar informes e propostas de mellora.
  • Acordar cos docentes a distribución de carga de traballo entre as distintas materias e o calendario de entrega de traballos. Analizar a distribución da devandita carga e propoñer as acciones correctoras apropiadas.
  • Facer un seguimento do traballo das competencias transversais propostas para as materias do curso, a partir dos datos achegados polos programas das materias, dos profesores e dos representantes de estudantes.
  • Planificar accións de mellora para o curso actual de ser necesarias.
The contents of this page were updated on 11.20.2025.