Laboratorios ou espazos especializados
Ampla dotación de instalacións experimentais tanto a nivel de laboratorio como de planta piloto industrial.
- Instalacións de tratamento avanzado de augas de diversas tecnoloxías a escala de laboratorio e planta piloto industrial. Operación con efluentes reais.
- Instalacións de tratamento de emisións gasosas de diversas tecnoloxías a escala de laboratorio e planta piloto industrial.
- Laboratorio de solos e residuos sólidos.
Novos equipamentos para a docencia práctica
A raíz da dotación económica da Mención de Excelencia concedida pola Xunta de Galicia en xullo de 2020, adquiríronse dous paquetes de software de alto interese para a titulación.
- BIOWIN (Compañía EnviroSim Associates Ltd.). Simulador de procesos ambientais de gran recoñecemento internacional. Úsase de forma específica na nova materia da 3.ª edición do Máster “Simulación e deseño avanzado de EDAR”, ademais de ser unha ferramenta que quedará a disposición do alumnado da titulación.
- LABSTER. No curso 2021-22 adquiriuse unha licenza deste software, especialmente orientado á docencia experimental en laboratorios de maneira telemática. A experiencia cos alumnos foi moi positiva.
Emprego de Novas Tecnoloxías e docencia non presencial
- Mantemento dunha páxina web onde están actualizados todos os datos do Máster, desde a súa organización docente (horarios de clases, calendario de exames e de presentacións de Traballos Fin de Máster), o seu funcionamento interno (resolucións da Comisión Académica), o control de calidade (os informes anuais da titulación están dispoñibles) e as súas accións de divulgación (folleto resumo do Máster, anuncios etc.).
- Docencia híbrida no 2.º ano da titulación (pode cursarse de forma telemática)
- Todas as aulas están equipadas con canón de proxección e sistemas audiovisuais.
- Utilízanse plataformas virtuais como medio de interacción cos alumnos (Moodle, MS Teams).