Pasar al contenido principal

Centro de Estudos sobre o Sáhara Occidental (CESO)

O Consello de Goberno da USC creou en xullo 2016 o primeiro centro universitario de estudos sobre o Sáhara Occidental (CESO). Esta páxina ofrece documentación sobre o Sáhara Occidental así como información das actividades que realiza o CESO.

Son obxectivos do CESO a promoción e o desenvolvemento do coñecemento, a investigación e a divulgación da cuestión do Sáhara Occidental, incluíndo a creación dun fondo documental, a realización de cursos e actividades e a publicación de investigacións sobre o Sáhara Occidental.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.06.2024.