Sala de Xuntas
O curso, aberto a toda a comunidade universitaria, terá unha duración de 8 semanas, con 16 sesións en total durante as cales se explorarán diversas técnicas para coñecer o propio estado mental, aumentar a concentración e diminuír o estrés e a ansiedade. Estas técnicas atoparanse nun gradiente dende as máis pasivas coma os exercicios de meditación e mindfulness clásicos que non requiren apenas movemento, ata as máis activas, como son os exercicios de chi kung, taichí ou tui shou, entre outros.
As clases serán ofrecidas por Amancio Rial Bouza, Profesor da Fundación USC con dezaoito anos de experiencia na mesma. É experto en Tai chi, Qi Gong, Kung fu, técnicas de meditación e danza na Fundación USC Deportiva.
Para as clases, aos asistentes bastaralles con presentarse con roupa cómoda que facilite o movemento. O material necesario para o curso está incluído no orzamento deste proxecto e proporcionaráselles no momento no que sexa necesario.
- Destinatarios: Estudantes e persoal da USC
- Prazas: 15, por orde de inscrición
- Prezo: Gratuíto
- Inscrición e máis Información: ata o 14 de setembro no ligazón https://forms.office.com/e/mrh0eUeRtq
- Consultas: fernandoadrian.fernandez [at] usc.es (fernandoadrian[dot]fernandez[at]usc[dot]es)