Pasar al contenido principal

Campus de Santiago

Iconografía da Epifanía: Os Reis Magos no Camiño de Santiago

12, 15 e 18 de decembro de 2025 de 10:30 a 12:30 Facultade de Filosofía, Sala Hipatia

Ao longo do camiño de Santiago atópanse numerosas representacións da Epifanía desde o século XII en diante. Inicialmente representados en capiteis, os Reis Magos chegaron a ocupar tímpanos enteiros e, finalmente, baldaquinos, sendo a súa presenza particularmente importante en Compostela, destino da peregrinación. Combinaranse as clases expositivas sobre fontes e iconografía coa visita ás representacións medievais da Epifanía conservadas en Santiago de Compostela

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.11.2025.