Ir o contido principal

Actualidade

Educación e formación fronte aos lumes forestais

A USC procura o compromiso e a capacitación de estudantes en temas relacionados cos incendios forestais a través do proxecto Facing Fire, unha iniciativa internacional coordinada polo catedrático Agustín Merino que impulsa enfoques integrais e proxectos innovadores para restaurar ou poñer en valor áreas afectadas polas lapas

Ler máis
  • USC Vida

Terreos con manexo sostible e aproveitamentos solidarios

A EPS de Enxeñaría cede ao Banco de Alimentos de Lugo os produtos colleitados na finca experimental de prácticas do Campus de Lugo, na que o sistema de rotación de cultivos propicia a recollida de nabizas para deixar sitio a cereais de inverno

Ler máis

Novos usos para recursos forraxeiros pouco aproveitados

A EPS de Enxeñaría do Campus de Lugo da USC investiga co proxecto europeo ‘GO-GRASS’, que conta con 10 millóns de financiamento, alternativas de economía circular para o aproveitamento da herba sobrante ou non cultivada e de arbustos para producir papel, biogás, proteína orgánica, camas de gando ou biochar. Esta nova liña de traballo no ámbito da bioeconomía procura un aproveitamento óptimo dun recurso abundante

Ler máis