Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="http://assets.usc.gal/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Máster Universitario en Enxeñaría de Montes (2ª edición)

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Ámbito de coñecemento
Ingeniería química, ingeniería de los materiales e ingeniería del medio natural.
Centro(s)
Campus
Lugo
Coordinador/a
Ramon Alberto Diaz Varela
Contacto
ramon.diaz@usc.es

O título de Máster en Enxeñaría de Montes que se propón é a adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior da actual titulación de Enxeñaría de Montes atendendo ás normas vixentes a nivel estatal, autonómico e da propia Universidade de Santiago de Compostela. Ademais, na súa formulación atendeuse aos requirimientos da Orde CIN/326/2009, de 9 de febreiro, pola que se estabelecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro de Montes, o que permitirá aos futuros titulados o exercicio desta profesión regulada.

  • Duración: 2 anos académicos
    Código RUCT: 3500275
    Número de ECTS: 90
    Número prazas: 25

    Decano/a ou director/a do centro:
    ROSA ROMERO FRANCO
    rosa.romero@usc.es

    Coordinador-a do título:
    Ramon Alberto Diaz Varela
    ramon.diaz@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    15/07/2024

    Data de publicación no BOE:
    27/12/2024

    Data da última acreditación:
    28/01/2019

  • • Obrigatorias: 60
    • Optativas: 15
    • Prácticas externas OB: 6
    • Traballo fin de máster: 9
    o Total: 90
    O Plan de Estudos do Máster Universitario en Enxeñaría de Montes pola USC consta de 90 créditos ECTS, distribuídos en 2 cursos de 60 e 30 créditos ECTS cada un, que abarcan un total de tres semestres e que inclúen toda a formación teórica e práctica que o alumnado debe adquirir para obter o título.
    Tres módulos obrigatorios de 20 créditos ECTS cada un (Orde CIN/326/2009)
    - Módulo 1: Industrias e enerxías forestais.
    - Módulo 2: Planificación e mellora forestal a escala territorial.
    - Módulo 3: Organización de empresas e política forestal e do medio natural.
    Tres módulos correspondentes ás tres especialidades do máster, das que o alumnado deberá cursar cinco materias (15 créditos ECTS):
    - Módulo 4: Especialidade en espazos protexidos.
    - Módulo 5: Especialidade en incendios forestais.
    - Módulo 6: Especialidade en modelos para a xestión forestal.
    Por último, o modulo obrigatorio:
    - Módulo 7: Prácticas externas (6 créditos ECTS) e traballo fin de máster (9 créditos ECTS).

    - Especialidade en espazos protexidos.
    - Especialidade en incendios forestais.
    - Especialidade en modelos para a xestión forestal.
    O alumnado deberá cursar cinco materias (15 créditos ECTS) das 6 optativas ofertadas do módulo correspondente a súa especialidade.

    No primeiro curso do máster impartiranse os 60 créditos ECTS comúns. Destes módulos obrigatorios, 30 créditos ECTS impártense no primeiro semestre e outros 30 créditos ECTS no segundo semestre.
    No primeiro semestre do segundo curso están programadas as seis materias optativas de 3 créditos ECTS que se ofertan para cada unha das tres especialidades do máster, das que o alumnado deberá cursar cinco materias (15 créditos ECTS).
    Ademais, nese mesmo semestre está planificada a realización do último módulo obrigatorio do máster, relacionado coas prácticas externas (6 créditos ECTS) e o traballo fin de máster (9 créditos ECTS).

  • O obxectivo xeral do Máster Universitario en Enxeñaría de Montes é a formación de técnicos superiores capacitados para planificar, proxectar, organizar e dirixir os espazos forestais e os bens e servizos que proporcionan. Entre os seus obxectivos específicos están protexer o chan, conservar e regular os recursos hídricos, asegurar a protección e conservación das especies de flora e fauna silvestres, mellorar o medio ambiente rural, estudar e organizar a repoboación e conservación dos montes e aproveitar os recursos forestais, tanto para a súa transformación pola industria como para o goce directo, así como construír pistas forestais e deseñar instalacións para o almacenamento, secado e transformación da madeira. Para iso, adquírense tamén coñecementos de loita contra as pragas e enfermidades das plantas, de prevención e xestión de incendios, de xestión de espazos protexidos e de mellora xenética das especies forestais. Preténdese que os estudantes que terminen o Máster sexan profesionais preparados para o exercicio da profesión regulada de Enxeñeiro de Montes e saiban manexar os recursos forestais de forma racional e sostible.
    • O obxectivo principal da especialidade en Espazos protexidos é proporcionar os coñecementos necesarios para que o alumnado sexa capaz de deseñar actuacións de planificación e conservación deste tipo de espazos no seu contexto social, coa perspectiva da xestión de ecosistemas e os servizos ambientais, desenvoltas nun escenario de cambio global e sustentabilidade.
    • O obxectivo principal da especialidade en Incendios forestais é proporcionar os coñecementos necesarios para que o alumnado sexa capaz de deseñar estratexias de prevención e loita contra incendios forestais. Para iso, trátase o fenómeno dos incendios de forma integral, considerando disciplinas moi diversas que permitan ao futuro egresado construír unha base ampla e sólida a partir da cal poder tomar decisións no desempeño da súa profesión.
    • O obxectivo da especialidade en Modelos para a xestión forestal é proporcionar os coñecementos necesarios para que o alumnado sexa capaz de desenvolver modelos de crecemento e produción de sistemas forestais e implementalos en simuladores informáticos para realizar predicións.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
    https://www.usc.gal/gl/servizos/area/internacional

    Prácticas

    As prácticas consistirán na realización, por parte do alumnado, de prácticas nunha empresa ou organismo durante 150 h (4 semanas) máis a elaboración do informe correspondente, a efectos de obtención de 6 créditos equivalentes (1 crédito ECTS = 25 horas de prácticas).
    A EPSE conta con preto de 500 convenios con empresas e institucións para que o alumnado das distintas titulacións que se imparten nela poida realizar prácticas externas. No ámbito da Enxeñaría de Montes estes convenios ofertarían un total de 120 prazas para prácticas externas dos estudantes do Máster, co que se pode garantir a dispoñibilidade das 25 prazas anuais para os alumnos de novo ingreso. A listaxe completa das empresas e institucións con convenio coa EPSE para a realización de prácticas externas pode ser consultado na web do centro:
    https://www.usc.gal/es/centro/escuela-politecnica-superior-ingenieria/p…
    Ademais, tanto os profesores como os alumnos poderán propoñer novos convenios entre a USC e outras empresas ou institucións, sendo necesario que estean asinados antes da incorporación do alumnado.
    Para a organización, xestión e seguimento das prácticas externas nomearase a un Coordinador/a de prácticas externas do Máster, que formará parte da Comisión do Título e encargarase da asignación dos centros de prácticas e do seu seguimento. Ademais, a Comisión do Título asignará ao alumno un titor académico entre o Persoal Docente e Investigador do Centro, que fará un seguimento do traballo realizado polo alumno e velará pola calidade da estancia realizada, e un titor externo na empresa, encargado de garantir as condicións apropiadas para a realización das prácticas.

  • O traballo fin de máster pretende ser unha actividade profesional anticipada onde o alumno aplica os coñecementos adquiridos na súa formación, a un problema real e complexo.
    Será presentado e defendido individualmente en acto público ante un tribunal universitario, unha vez superados todos os créditos do plan de estudos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.07.2024.