Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer os fundamentos teóricos básicos do proceso de teledetección e as técnicas de tratamento, análise e interpretación de imaxes de satélite. Capacidade para producir cartografía, obtendo información de imaxes de satélite naqueles aspectos relacionados cos incendios forestais. Coñecemento das capas temáticas necesarias para a xestión na restauración de zonas queimadas e simuladores de incendios.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
- Emprego de satélites e drons.
- Correccións e tratamentos dixitais da imaxe.
- Extracción e análise da información.
- Detección e seguimento de incendios e áreas queimadas.
- Capas temáticas e uso de Sistemas de Información Xeográfica
Estes contidos desenvolveranse ao longo do curso a través do seguinte programa de clases expositivas:
• Tema 1: Fundamentos da teledetección (2 h).
• Tema 2: Niveis de corrección (2 h).
• Tema 3: Índices espectrais (2 h).
• Tema 4: Detección de incendios e posterior rexeneración (2 h).
• Tema 5: Seguimento do grao de humidade da vexetación (1 h).
E o seguinte conxunto de prácticas:
• Práctica 1. Introdución a Google Earth Engine (2 h).
• Práctica 2. Recollidas de imaxes en GEE (2 h).
• Práctica 3. Índices espectrais (2 h).
• Práctica 4. Cartografía de zonas queimadas (2 h).
• Práctica 5. Análise espacial de zonas queimadas (4 h).
Bibliografía básica
• Schowengerdt, R. A. (2007). Remote Sensing. Models and Methods for Image Processing (3rd ed.). Academic Press, Elsevier.
• Chuvieco Salinero, E. (2008). Teledetección ambiental : la observación de la Tierra desde el espacio. Ariel.
• Liu, J.G., Mason, P.J. (2016). Image Processing and GIS for Remote Sensing: Techniques and Applications, Second Edition. Wiley/Blackwell.
• Cardille, J.A., Crowley, M.A., Saah, D., Clinton, N.E. (eds.) (2024). Cloud-Based Remote Sensing with Google Earth Engine. Fundamentals and Applications. Springer.
Bibliografía complementaria
• Wegmann, M., Benjamin Leutner, Stefan Dech (eds.) (2016). Remote sensing and GIS for ecologists : using open source software. Pelagic Publishing.
• Camara, G., Simoes, R., Souza, F., Sanchez, A., Santos, L., Andrade, P.R., Peletier, Ch., Carvalho, A., Ferreira, K., Queiroz, G., Maus, V. (2022). sits: Data Analysis and Machine Learning on Earth Observation Data Cubes with Satellite Image Time Series.
• Simoes, R., Camara, G., Queiroz, G., Souza, F., Andrade, P.R., Santos, L., Carvalho, A., Ferreira, K. 2021. Satellite Image Time Series Analysis for Big Earth Observation Data. Remote Sensing 13, p. 2428.
• Thenkabail, P.S, John G. Lyon, Alfredo Huete (eds.) (2019). Hyperspectral indices and image classifications for agriculture and vegetation. CRC Press.
• Jensen, John R. (2014). Remote sensing of the environment : an Earth resource perspective. Pearson Education.
• Richards, John A. (2013). Remote sensing digital image analysis : an introduction. Springer.
• Chuvieco, E., Alfredo Huete (2010). Fundamentals of satellite remote sensing. Taylor & Francis
- COM5-09: As tecnoloxías de teledetección e sistemas de información xeográfica aplicables á prevención, xestión e análise de incendios forestais.
- HAM5-08: Utilizar teledetección e sistemas de información xeográfica para analizar eventos e procesos relacionados cos incendios forestais.
- CM5-01: Capacidade para deseñar estratexias de prevención e loita contra incendios forestais.
O desenvolvemento da materia fará uso das seguintes metodoloxías docentes:
• Clases maxistrais (competencias COM5-09, CM5-01)
• Prácticas en aulas de informática (competencias HAM5-08, CM5-01).
As metodoloxías citadas serán complementadas polas seguintes:
• Uso da aula virtual (Moodle)
• Resolución de problemas. Elaboración e presentación de traballo/s de curso
• Aprendizaxe baseada na resolución de casos prácticos e en proxectos
• Titorías individualizadas e en grupo
• Traballo autónomo e estudo independente dos alumnos
O sistema de avaliación organízase en dous elementos de cualificación:
1. Exercicios de avaliación continua. Ao longo do curso proporanse exercicios relacionados cos contidos prácticos da materia, que os alumnos deberán entregar a través do campus virtual. Suporá o 70% da cualificación final.
2. Proba de avaliación escrita. Suporá o 30% da cualificación final.
Para superar a materia será necesario acadar unha puntuación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Non será necesario acadar unha puntuación mínima en cada un dos elementos de avaliación descritos. En caso de non superar a avaliación na primeira oportunidade, cada estudante poderá decidir que elemento someterá a avaliación en segunda oportunidade. Os estudantes que repitan a materia poderán solicitar que se lles conserve a puntuación de un dos elementos de cualificación no seguinte curso académico.
A proba escrita avaliará as competencias COM5-09, CM5-01. A avaliación continua avaliarán as competencias HAM5-08, CM5-01.
En caso de dispensa oficial, segundo o disposto no Regulamento de asistencia a clase, examinarase ao alumno cos mesmos criterios aplicados á docencia presencial.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido no artigo 16 da Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar o estudantado para superala
A materia ten asignados 3 créditos (ECTS), que se distribúen en 9 horas de clase expositiva, 12 horas de clase interactiva e 54 horas de traballo persoal.
Recoméndase que os alumnos dispoñan de acceso a un ordenador persoal no que instalar as aplicacións de análise utilizadas en clase para facilitar a realización das tarefas asignadas ao longo do curso.
David Miranda Barros
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Teléfono
- 982822830
- Correo electrónico
- david.miranda [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Eduardo Jose Corbelle Rico
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Teléfono
- 982823324
- Correo electrónico
- eduardo.corbelle [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 19 (Pav.II-PPS) |