Ir o contido principal

Máster Universitario en Enxeñaría de Montes

  • En extinción
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Centro(s)
Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Rúa Benigno Ledo, 27002
Lugo
982823008 (Conserxaría)
982823011 (Dirección)
eps.secretaria.direccion [at] usc.gal
Campus
Lugo
Coordinador/a
Ramon Alberto Diaz Varela

O seu obxectivo é capacitar técnicos superiores para planificar, proxectar, organizar, controlar e dirixir espazos forestais e os bens e servizos que proporcionan, fornecéndoos de competencias para exercer a profesión regulada de Enxeñeiro de Montes e manexar os recursos forestais de forma sostible.

Duración: 2 anos académicos
Código RUCT: 4314244
Número de ECTS: 90
Número prazas: 25

Decano/a ou director/a do centro:
ROSA ROMERO FRANCO
rosa.romero [at] usc.es

Coordinador-a do título:
Ramon Alberto Diaz Varela

Linguas de uso:
Castelán, Galego

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
Orde do 05/12/2013 (DOG 20/12/2013)

Data de publicación no BOE:
04/04/2014

Data da última acreditación:
11/07/2017

O obxectivo xeral é a formación de técnicos capacitados para planificar, proxectar, organizar e dirixir os espazos forestais e os bens e servizos que estes proporcionan. Entre os seus obxectivos específicos están protexer o solo, conservar e regular os recursos hídricos, asegurar a protección e continuidade das especies de flora e fauna silvestre, mellorar o medio ambiente rural, estudar e organizar a repoboación e conservación dos montes e aproveitar os recursos forestais, tanto para a súa transformación pola industria como para o goce directo, así como construír pistas forestais e deseñar instalacións para o almacenamento, secado e transformación de madeira. Para iso adquírense coñecementos de loita contra as pragas e enfermidades das plantas, de prevención e xestión de incendios, de protección e fomento da flora e a fauna silvestre, tanto terrestre como acuícola, e de mellora xenética das especies vexetais.

Preténdese que os estudantes que rematen o Máster sexan profesionais preparados para o exercicio da profesión regulada de Enxeñeiro de Montes e saiban manexar os recursos forestais de forma sostible.

Obrigatorias: 60
Optativas: 18
Prácticas externas 10
Traballo fin de máster: 12
Total: 100

O Máster en Enxeñaría de Montes oferece as seguintes especialidades:

-Especialidade en Espazos Protexidos
-Especialidade en Incendios Forestais
-Especialidade en Modelos para a Xestión Forestal

Para obter a especialidade o estudante deberá cursar as 6 asignaturas optativas de 3 ECTS cada unha (18 ECTS en total) que conforman o módulo de especialidade correspondente, así como realizar as Prácticas Externas (PE) e o Traballo Fin de Máster (TFM) en temáticas relacionadas coa especialidade elixida. O alumno tamén pode obter a titulación sen ningunha especialidade; neste caso poderá escoller libremente as 6 asignaturas optativas que desexe, sen estar obrigado a que sexan do mesmo módulo, así como realizar as Prácticas Externas e o Traballo Fin de Máster en calquera temática acorde co título proposto.

Aproveitamentos de biomasa forestal

  • P4171101
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Construción de infraestruturas forestais

  • P4171102
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 4 créditos

Deseño de industrias forestais

  • P4171103
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Enerxías renovables

  • P4171104
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Produción de biomasa e cultivos enerxéticos

  • P4171105
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 4 créditos

Proxectos de industrias forestais

  • P4171106
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Control da contaminación e auditoría ambiental

  • P4171107
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Xestión sustentable de montes e comarcas forestais

  • P4171108
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 5 créditos

Mellora xenética forestal

  • P4171109
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Ordenación e xestión territorial

  • P4171110
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Planificación hidrolóxica

  • P4171111
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Planificación e xestión de espazos naturais protexidos

  • P4171112
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Accións de conservación en espazos naturais protexidos

  • P4171201
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Aproveitamento de recursos en espazos naturais protexidos

  • P4171202
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Criterios de deseño de espazos naturais protexidos

  • P4171203
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Economía e política ambiental

  • P4171204
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Avaliación da biodiversidade

  • P4171205
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Infraestruturas e uso público de espazos naturais protexidos

  • P4171206
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Análise e simulación de incendios

  • P4171207
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Efectos do lume sobre os ecosistemas

  • P4171208
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Xestión do combustible con fins preventivos

  • P4171209
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Plans de defensa e avaliación económica de danos por incendio

  • P4171210
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Rexeneración e restauración forestal tras incendio

  • P4171211
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Teledetección e SIX nos incendios forestais

  • P4171212
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Desenvolvemento de modelos e validación

  • P4171213
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Modelos para plantacións forestais

  • P4171214
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Modelos para bosques naturais

  • P4171215
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Modelos ecofisiolóxicos e de efectos do cambio global

  • P4171216
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Modelos de nutrintes, carbono e auga

  • P4171217
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Modelos de producións non madeireiras

  • P4171218
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Practicum

  • P4171118
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Prácticas en Empresas de Grao e Máster
  •  
  • 10 créditos

Traballo fin de máster

  • P4171119
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Traballos Fin de Grao e Máster
  •  
  • 12 créditos

Estatística

  • G4071104
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 4,5 créditos

Informática

  • G4071109
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 4,5 créditos

Lexislación, Socioloxía e Políticas Forestais

  • G4071326
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 6 créditos

Xardinería e Paisaxismo Forestal

  • G4071342
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 4,5 créditos

Recuperación de Espazos Degradados

  • G4071344
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 4,5 créditos

Recuperación de Espazos Degradados no Medio Natural

  • G4071345
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 4,5 créditos

Ordenación de Montes e Certificación Forestal

  • G4071422
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 6 créditos

Bioloxía e Xestión de Poboacións Cinexéticas e Piscícolas

  • G4071443
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 4,5 créditos

Ordenación e planificación do Territorio e do Medio Natural

  • G4071444
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 4,5 créditos

Mellora Xenética Forestal e Viveiros

  • G4071447
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 6 créditos

O Máster está dirixido ós graduados en Enxeñaría Forestal, aínda que outros estudantes poderán acceder tras cursar os complementos de formación que se establezan en función do título que posúan.

É recomendábel que o estudante teña cursado durante o bacharelato a modalidade de Ciencias e Tecnoloxía (RD 1467/2007). É así mesmo recomendábel que posúa as seguintes características persoais e académicas:

- Curiosidade intelectual
- Hábito de lectura
- Capacidade analítica e sintética
- Capacidade crítica
- Capacidade de aplicar fundamentos para a resolución de problemas
- Constancia e responsabilidade no traballo
- Capacidade para o traballo en equipo
- Capacidade para usar o tempo de forma efectiva
- Competencia lingüística en inglés (nivel B1), ademais de en español e en galego
- Competencia en ferramentas informáticas básicas

Obrigatorias: 60
Optativas: 18
Prácticas externas 10
Traballo fin de máster: 12
Total: 100

A Escola conta coa colaboración de varios profesores/as que actúan como coordinadores académicos, e cuxa función é titorizar e asistir nas súas decisións académicas aos estudantes propios e de acollida.

Para a realización das prácticas externas a comisión do título asignará ao alumno un titor académico entre o persoal docente e investigador do centro, que fará un seguimento ao traballo realizado polo alumno e velará pola calidade da estancia realizada, e un titor externo na empresa, encargado de garantir as condicións apropiadas para a realización da práctica.

Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:

  • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
  • A supresión gradual da impartición da docencia.
  • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.

Para acceder aos ensinos oficiais de Máster será necesario estar en posesión de:
A.1. Un título universitario oficial español.
A.2. Un título expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro Estado integrante do Espazo Europeo de Educación Superior que faculte no mesmo para o acceso a ensinos de Máster.
A.3. Un título pertencente a un sistema educativo alleo ao Espazo Europeo de Educación, previa comprobación pola Universidade de que o citado título acredita un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinos de posgrao.
A.4. Un título superior das Ensinanzas Artísticas Superiores do sistema educativo español.

O obxectivo xeral do título de "Máster en Enxeñaría de Montes" é a formación de técnicos superiores capacitados para planificar, proxectar, organizar, controlar e dirixir os espazos naturais e os bens e servizos que proporciona o ámbito forestal. Entre os seus obxectivos están protexer o chan, conservar e regular os recursos hídricos, asegurar a continuidade das especies de flora e fauna silvestre, mellorar o medio ambiente rural e aproveitar os recursos forestais, tanto para a súa transformación pola industria como para o goce directo. Tamén entra dentro das súas competencias a construción de pistas forestais e naves para o almacenamento, secado e transformación da madeira. Os Enxeñeiros de Montes estudan e organizan a repoboación e conservación das áreas forestais. Para iso, adentranse nos coñecementos da loita contra as pragas e enfermidades das plantas, a prevención e extinción de incendios, a protección e fomento da fauna silvestre, tanto terrestre como acuícola, e a mellora de todas as especies vexetais silvestres. Preténdese que os estudantes que egresen do Máster sexan profesionais preparados para o exercicio da profesión regulada de "Enxeñeiro de Montes" e saiban manexar os recursos naturais renovábeis de forma racional.Este título habilita para o exercicio da profesión regulada de Enxeñeiro de Montes en España.

1: Capacidade para aplicar as técnicas de marketing e comercialización de produtos forestais.
2: Capacidade para deseñar, dirixir, elaborar, implementar e interpretar proxectos e plans de actuación integrais no medio natural.
3: Capacidade para proxectar, dirixir e xestionar industrias e instalacións forestais de primeira e sucesivas transformacións.
4: Capacidade para aplicar e definir criterios e indicadores no campo da auditoría ambiental.
5: Capacidade para o desenvolvemento de técnicas e proxectos no campo das enerxías renovábeis.
6: Capacidade para o desenvolvemento de técnicas e proxectos no campo da xenética forestal.
7: Capacidade para o desenvolvemento de políticas forestais.

1: Capacidade para a redacción, dirección e execución de proxectos de industrias de desenvolvemento, aserrío e moble e para o aproveitamento de enerxías renovábeis.
2: Capacidade para a redacción, dirección e execución de proxectos de industrias de celulosa e papel, industrias de taboleiros de fibras, partículas e contrachapado e industrias de destilación da madeira.
3: Coñecementos adecuados e capacidade para proxectar e dimensionar instalacións de industrias e produtos forestais.
4: Enerxías renovábeis no medio Forestal e Natural.
5: Coñecemento e capacidade para deseñar plans de desenvolvemento integral sustentábel de comarcas forestais e o desenvolvemento de indicadores de xestión.
6: Capacidade para deseñar e calcular plans de declaración e/ou ordenación de espazos naturais protexidos.
7: Plans de Ordenación do Territorio, áreas de Montaña e Zonas Costeiras.
8: Planificación hidrolóxica e loita contra a desertificación.
9: Capacidade para o control da contaminación do Medio Natural debido á actividade industrial e a xestión de residuos.
10: Mellora xenética forestal.
11: Elaboración de sistemas da calidade forestal e de auditoría ambiental.
12: Capacidade para analizar e diagnosticar a contorna e a propia empresa, elaboración e xestión de plans de negocio e realización de estudos de rendabilidade de investimentos forestais.
13: Coñecemento para a racionalización dos procesos produtivos e de métodos de traballo.
14: Coñecemento das ferramentas para a análise económica e financeira e capacidade para a xestión dos recursos económicos.
15: Coñecemento das estratexias de marketing, estudos de mercado e políticas de distribución.
16: Coñecemento das ferramentas de comunicación, información, motivación e xestión do persoal.
17: Coñecemento adecuado dos problemas básicos que afectan ao deseño das medidas de política forestal a escala autonómica, estatal e internacional.
18: Estratexias mundiais de protección do medio natural.
19: Socioloxía forestal e do medio natural.
20: Realización, presentación e defensa dun exercicio orixinal consistente nun proxecto integral de Enxeñaría de Montes de natureza profesional no cal se sinteticen as competencias adquiridas nas ensinanzas.
21: Realización de prácticas externas no ámbito profesional da Enxeñaría de Montes, e presentación dunha memoria das actividades realizadas.

Mobilidade

A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional

Prácticas

As prácticas consistirán na realización, por parte do alumno, de prácticas nunha empresa ou organismo durante 240 h (6 semanas) máis a elaboración do informe correspondente, para os efectos da obtención de 10 créditos equivalentes.

A Escola Politécnica Superior conta con perto de 400 convenios con empresas e institucións para que o alumnado das distintas titulacións que se imparten nela poida realizar prácticas externas

A metodoloxía docente a utilizar será a docencia interactiva personalizada co fin de atender as necesidades específicas de cada traballo fin de máster que, en cumprimento dos requisitos que afectan a profesión regulada de Enxeñeiro de Montes, terá de ser un exercicio orixinal e individual.

Os contidos do traballo fin de máster estarán dentro do ámbito profesional do Enxeñeiro de Montes. Para determinar a procedencia dunha temática, o estudante deberá presentar unha proposta seguindo un formulario normalizado perante a comisión de seguimiento. Unha vez obtida a aprobación da proposta, o TFM poderá ser elaborado e presentado para o seu defensa.

O cadro docente do Máster en Enxeñaría de Montes está formado por profesores da USC con ampla experiencia académica e investigadora.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.06.2024.