Proxecto de construcción de unha bodega de 120.000l/ano de albariño con DO Rías Baixas en Ribadumia, Pontevdra
Autoría
D.A.C.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria

Data da defensa
18.02.2025 12:00
18.02.2025 12:00
Resumo
O presente proxecto; Adega de 120.000l/ano de albariño con DO Rías Báixas localizada en Ribadumia(Pontevedra), ten como principal obxectivo dimensionar, deseñar e avaliar, conforme a todas as normativas vixentes, as infraestruturas necesarias para levar a cabo a produción e almacenamento de viño de alta calidade, cumprindo cos estándares da Denominación de Orixe Rías Baixas. As instalacións situaranse nunha parcela propiedade do promotor, destinada ao uso agrícola, e localízase en Ribadumia, Pontevedra. O deseño inclúe unha nave principal de 40 x 20 m con estrutura de formigón armado e cuberta a dúas augas, dividida en áreas funcionais como a recepción de uva, fermentación, encubado, embotellado e almacén. Ademais, conta cunha zona de oficinas e un laboratorio enolóxico. Tamén se inclúen zonas auxiliares como vestiarios e unha pequena tenda para visitantes. No presente proxecto elabóranse todos os cálculos construtivos, de deseño e dimensionado das instalacións de saneamento, fontanería e de electricidade ademais de levar adxuntos os seus pertencentes estudos de seguridade e saúde e xestión de residuos correspondentes. O proceso produtivo baséase nunha produción anual de 120.000 litros de viño, empregando técnicas modernas de vinificación combinadas con métodos tradicionais para asegurar a máxima calidade. Inclue todas as etapas dende a recepción da uva ata o embotellado e expedición do viño. O orzamento de execución por contrata ascende a 815.174,82 €, e estímase que a obra dure un total de 104 días laborais. A finalidade do proxecto é establecer unha adega rendible e sostible, que combine innovación tecnolóxica e tradición, ofrecendo produtos de alta calidade baixo a Denominación de Orixe Rías Baixas. Ademais, búscase fomentar o desenvolvemento económico da rexión e o crecemento da viticulcura e produción de viño das Rías Baixas.

Dirección
LAMOSA QUINTEIRO, SANTIAGO (Titoría)
GOMEZ FERNANDEZ, JULIO Cotitoría
LAMOSA QUINTEIRO, SANTIAGO (Titoría)
GOMEZ FERNANDEZ, JULIO Cotitoría
Tribunal
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Coordinador)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Presidente/a)
Arbones Maciñeira, Enrique Rafael (Secretario/a)
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, MANUEL RAMIRO (Vogal)

Propiedades físicas e mecánicas da madeira de Citrus sinensis.
Autoría
P.B.R.
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (2ª ed)
P.B.R.
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (2ª ed)
Data da defensa
08.07.2025 11:15
08.07.2025 11:15
Resumo
Este traballo de investigación é un estudo preliminar no que se analizaron algunhas das propiedades físicas e físico-mecánicas da madeira de sete exemplares de laranxeira, procedentes da localidade de Vallada, na provincia de Valencia (España). De cada unha das árbores extraeuse unha troza basal do fuste, 32 cm de lonxitude e aproximadamente 6 kg de peso. Estas trozas foron trasladadas a unha carpintaría, onde se elaboraron un total de 508 probetas de dimensións 4 x 4 x 2 cm e 2 x 2 x 4 cm, de acordo cós requisitos establecidos nas normas de ensaio para a determinación das propiedades da madeira sobre probetas de pequenas dimensións libres de defectos. Sobre a mostra de probetas realizáronse diversas medicións orientadas a determinar as características cromáticas, a densidade, a estabilidade dimensional, a humidade e a dureza da madeira de laranxeira, ademais dalgunhas propiedades anatómicas desta madeira. Unha vez rematada a análise das propiedades, pódese afirmar que a madeira de Citrus sinensis é semidura, achegándose a valores medios-altos tendo en conta a súa densidade. É unha madeira de crecemento rápido (aneis de crecemento anuais de 5,5 mm de anchura media) , que se encadra entre as semipesadas e pesadas (745 kg/m3 ó 12 % de humidade), con tendencia á contracción elevada e comportamento medianamente nervioso. Isto tradúcese nunha certa sensibilidade fronte aos cambios de humidade, aínda que sen chegar a supoñer un risco elevado de deformación, debido a súa baixa anisotropía. Presenta unha tonalidade amarelada característica, e comprobouse que as mostras con medula amosan aneis significativamente máis estreitos e menor densidade, mentres que nas probetas sen medula se observa unha maior densidade, propia de madeira máis madura, que é a situada nas zonas máis externas do tronco. Propóñense dous modelos que permiten a estimación da contracción volumétrica e a contracción tanxencial a partir da densidade anhidra como variable predictora.

Riesco Muñoz, Guillermo (Titoría)
Riesco Muñoz, Guillermo (Titoría)
Tribunal
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
GUAITA FERNANDEZ, MANUEL (Secretario/a)
CONDE FERNANDEZ, ADRIANA (Vogal)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
GUAITA FERNANDEZ, MANUEL (Secretario/a)
CONDE FERNANDEZ, ADRIANA (Vogal)
Proxecto de construción dunha nave de cebo de porcino e fosa de purín en Brañas, As Nogais (Lugo)
Autoría
U.C.A.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
U.C.A.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
Data da defensa
10.07.2025 10:00
10.07.2025 10:00
Resumo
O presente proxecto Construción dunha nave de cebo de porcino e fosa de purín en Brañas, As Nogais (Lugo) ten como obxectivo a dimensionar, deseñar e avaliar, tendo en conta as normativas vixentes, tódalas infraestruturas necesarias para levar a cabo o cebo de 1000 porcos ao ano. A explotación sitúase nunha finca propiedade do promotor, na parcela 103 do polígono 188, na localidade de Brañas, concello de As Nogais e na provincia de Lugo. Proxéctase a construción dunha nave de 76 x 18 m Elabóranse neste proxecto os cálculos construtivos, deseño e dimensionado das instalacións de saneamento, fontanería, electricidade e ventilación, xunto cos pertinentes estudos de seguridade e saúde e xestión de residuos que lle corresponden. O presuposto de execución por contrata despois de impostos ascende á cantidade de 401.240,26 € e estímase que a obra dure un total de 83 días laborais. Búscase crear unha granxa competitiva no mercado de porcino e asegurar un beneficio económico para o promotor do proxecto que busca facer desta actividade o seu medio de vida mediante a oportunidade vantaxosa que se lle presentou.

RODRIGUEZ RODRIGUEZ, MANUEL RAMIRO (Titoría)
Besteiro Doval, Roberto Cotitoría

CABALEIRO SOBRINO, CRISTINA (Coordinador)
CABALEIRO SOBRINO, CRISTINA (Presidente/a)
Torres Labandeira, Manuel Luis (Secretario/a)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, MARIA DOLORES (Vogal)

Detección de obxetos con dróns para desminado humanitario
Autoría
D.C.G.
Grao en Robótica (2ªed)
D.C.G.
Grao en Robótica (2ªed)
Data da defensa
11.07.2025 09:00
11.07.2025 09:00
Resumo
A nivel mundial existen amplas rexións, antigamente ou actualmente afectadas por conflitos armados, onde persisten grandes cantidades de minas antipersoa activas. Estas representan un risco crítico para a poboación civil, causando miles de vítimas cada ano. A causa disto, é necesario implementar un proceso de desminado humanitario en zonas de paz. Porén estes, procedementos son maiormente manuais, o que os converte en tarefas custosas, lentas e perigosas. Este proxecto propón unha solución tecnolóxica baseada no uso de vehículos aéreos non tripulados (UAVs) equipados con cámaras RGB e un sistema de detección de minas antipersoa mediante redes neuronais profundas, utilizando arquitectura YOLO. Para a súa integración desenvolveuse un módulo distribuído en ROS2, no cal o procesado dividiuse entre unha Nvidia Xavier embarcada no dron e un ordenador en terra. El desenvolvemento fundaméntase en tres elementos: -Creación dunha base de datos robusta, combinando imaxes públicas, capturas reais e xeración sintética. -Adestramento e axuste do modelo YOLOv11. - Desenvolvemento dun módulo en ROS2 modular e distribuído para a execución en tempo real. Os resultados obtidos mostran un rendemento adecuado do modelo, con métricas de precisión e robustez compatibles co uso en escenarios reais. O sistema ROS 2 desenvolvido permite a integración eficiente en plataformas embarcadas, permitindo futuros despregamentos operativos

FERNANDEZ VIDAL, XOSE RAMON (Titoría)
FERNANDEZ VIDAL, XOSE RAMON (Titoría)
Tribunal
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
CUESTA GARCIA, TOMAS SERAFIN (Presidente/a)
GONZALEZ GARCIA, MIGUEL ANGEL (Secretario/a)
GARCIA POLO, FRANCISCO JAVIER (Vogal)

Automatización do proceso de carga de bushings nunha mesa cun brazo robótico ABB
Autoría
J.C.F.
Grao en Robótica (2ªed)
J.C.F.
Grao en Robótica (2ªed)
Data da defensa
08.07.2025 09:00
08.07.2025 09:00
Resumo
Unha empresa que fabrica compoñentes para automóviles solicitou a automatización do proceso de creación de airbags. Todo o proceso inclúe varios robots encargados de colocar teas e bushings, que son unas pequenas pezas metálicas, no molde de inxección de plástico. Este proxecto céntrase en programar un robot situado nunha estación que inclúe un sistema de alimentación de bushings e unha mesa de colocación con catro posicións definidas onde o robot deberá depositar os bushings para que despois sexan recollidos por outro robot que está fóra do alcance deste proxecto. O obxectivo deste traballo é automatizar o proceso de recollida e colocación de bushings na mesa cun brazo robótico IRB1200-5/0.9 da marca ABB. Para realizar isto será necesario simular as tarefas asignadas ao robot no software RobotStudio de ABB e programar os seus distintos comportamentos. Tamén se programarán as medidas de seguridade necesarias para garantir a seguridade de todos os componentes da celda. Unha vez feito todo isto, impleméntase na estación real.

RAÑO NOAL, IGNACIO (Titoría)
RAÑO NOAL, IGNACIO (Titoría)
Tribunal
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
VAZQUEZ VERDES, PEDRO (Presidente/a)
VALLADARES RODRIGUEZ, SONIA MARIA (Secretario/a)
VAZQUEZ ALVAREZ, ALVARO (Vogal)

Proxecto de construcción dun almacén de forraxe de 1000 metros cadrados en Rodeiro (Pontevedra)
Autoría
J.M.D.F.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
J.M.D.F.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
Data da defensa
18.02.2025 11:00
18.02.2025 11:00
Resumo
Este proxecto baséase na construción dunha nave de 1000 m2 que permita ao promotor almacenar a forraxe empregada na explotación leiteira da que posúe (120 animais en produción e 100 hectáreas de superficie agrícola). Esta nave proxéctase nunha finca de 2,6 hectáreas propiedade do promotor situada na parroquia de San Salvador (Rodeiro), na provincia de Pontevedra. Esta parcela ten acceso por estrada e subministración eléctrica. As dimensións do almacén son de 40x25 m e trátase dunha estrutura a dúas augas con correas, vigas e piares prefabricados de formigón. O almacén está totalmente aberto nun dos lados de 40 metros e pechado con paneis prefabricados de formigón nos tres restantes. A cimentación componse de zapatas e vigas de amarre feitas in situ. No tellado colócase panel sándwich. Realízanse instalacións de saneamento, protección contra incendios e electricidade, cuxos detalles e dimensións se describen nos anexos correspondentes. O orzamento de execución por contrata deste proxecto ascende a 341.060,90 € e estímase que as obras terán unha duración total de 31 días. No proxecto inclúese un Estudo Básico de Seguridade e Saúde e tamén un Estudo de Xestión de Residuos.

Torres Labandeira, Manuel Luis (Titoría)
Torres Labandeira, Manuel Luis (Titoría)
Tribunal
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Coordinador)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Presidente/a)
BARRASA RIOJA, MARTIN (Secretario/a)
CARNERO LOPEZ, MATIAS (Vogal)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Coordinador)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Presidente/a)
BARRASA RIOJA, MARTIN (Secretario/a)
CARNERO LOPEZ, MATIAS (Vogal)
Estudo de competencia entre antibióticos polos sitios de adsorción de solos: emprego de residuos forestais para a súa retención.
Autoría
R.E.P.
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (2ª ed)
R.E.P.
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (2ª ed)
Data da defensa
08.07.2025 10:30
08.07.2025 10:30
Resumo
Os antibióticos ionóforos como lasalocid, salinomicina e narasina son amplamente empregados como coccidiostáticos na gandaría intensiva. Son excretados en gran proporción, ata o 90 % da dose, a través das feces e ouriños, incorporándose ao solo mediante estercos ou xurros, podendo causar contaminación ambiental e riscos para a saúde. Neste traballo analizouse a capacidade de 8 solos para reter e impedir o seu paso á auga ou aos cultivos, tanto en sistemas simples como binarios. Tamén se avaliaron 10 materiais residuais como posibles bioadsorbentes: materiais sen tratamento (cinza, cuncha, cortiza, pousos de café, bagazo de uva), hidrochars (provenientes de residuos municipais, residuos verdes, madeira e bagazo de uva) e biochar (a partir de biomasa de eucalipto). Realizáronse ensaios tipo batch con doses de antibióticos de 100 a 1000 micromoles por litro (micromol L-1), para estudar tanto a adsorción como a desorción. Os solos e residuos amosaron unha alta capacidade de adsorción dos tres antibióticos, superior ao 90 %, especialmente a doses elevadas, sendo esta adsorción maioritariamente irreversible (desorción inferior ao 5 %), agás no caso de LAS, no sistema SAL e LAS, en solos pobres en materia orgánica e minerais non cristalinos, onde a desorción foi do 50 ao 100 %. Nos solos detectáronse sinerxías entre NAR e SAL, así como entre NAR e LAS, e un efecto antagónico de ambos sobre o LAS. Nos residuos, as interaccións foron escasas e centradas no LAS, cun efecto de NAR entre sinérxico, antagónico ou neutro dependendo do material, e un efecto sinérxico de SAL nalgúns casos. Todos os materiais residuais, tratados ou sen tratar, amosaron eficacia como bioadsorbentes, destacando os pousos de café e o bagazo de uva, cunha capacidade de retención similar ou superior á dos hidrochars e biochar, sen requiriren tratamento previo; isto convérteos nunha opción sostible e económica para a eliminación destes antibióticos.

ALVAREZ RODRIGUEZ, ESPERANZA (Titoría)
FERNANDEZ SANJURJO, MARIA JOSEFA Cotitoría
BARREIRO BUJÁN, ANA ISABEL Cotitoría
ALVAREZ RODRIGUEZ, ESPERANZA (Titoría)
FERNANDEZ SANJURJO, MARIA JOSEFA Cotitoría
BARREIRO BUJÁN, ANA ISABEL Cotitoría
Tribunal
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
MERINO GARCÍA, AGUSTÍN (Secretario/a)
CELA DABLANCA, RAQUEL (Vogal)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
MERINO GARCÍA, AGUSTÍN (Secretario/a)
CELA DABLANCA, RAQUEL (Vogal)
Desenvolvemento dun sistema de IIoT (Internet das Cousas Industrial) para acceso a datos de produción.
Autoría
A.F.L.
Grao en Robótica (2ªed)
A.F.L.
Grao en Robótica (2ªed)
Data da defensa
10.07.2025 09:00
10.07.2025 09:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao presenta o deseño, desenvolvemento e implementación dun sistema de comunicación industrial baseado en tecnoloxías empregadas na Industria 4.0. Este proxecto aplica o estándar OPC UA empregando o modelo de comunicación Pub/Sub e utiliza o protocolo MQTT como medio de transporte para os mensaxes. O sistema está desenvolvido mediante unha rede de PLCs Siemens S7-1500 que actúan como subscritores e publicadores de datos, unha Raspberry Pi configurada como broker MQTT e un servidor web, e finalmente unha páxina web para a monitorización do sistema, accesible desde calquera dispositivo da rede local. Ao longo do proxecto, configuráronse os PLCs con funcións específicas para a publicación e subscrición de mensaxes OPC UA codificadas en formato JSON. Ademais, desenvolveuse unha páxina web en React.js que permite visualizar en tempo real os datos de produción e analizar tendencias. Os resultados obtidos do proxecto demostran que o sistema proporciona unha solución flexible, escalable e eficiente para a monitorización de procesos industriais, que se pode escalar a sistemas industriais reais. O sistema tamén proporciona unha base para futuras ampliacións, como a inclusión de mecanismos de seguridade, autenticación de usuarios ou almacenamento de datos históricos.

VAZQUEZ ALVAREZ, ALVARO (Titoría)
PARDO SECO, FERNANDO RAFAEL Cotitoría
VAZQUEZ ALVAREZ, ALVARO (Titoría)
PARDO SECO, FERNANDO RAFAEL Cotitoría
Tribunal
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
CUESTA GARCIA, TOMAS SERAFIN (Presidente/a)
GONZALEZ GARCIA, MIGUEL ANGEL (Secretario/a)
GARCIA POLO, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
CUESTA GARCIA, TOMAS SERAFIN (Presidente/a)
GONZALEZ GARCIA, MIGUEL ANGEL (Secretario/a)
GARCIA POLO, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
Proxecto de nave de 1200 m2 para almacenar maquinaria agrícola e forestal no lugar de Bazal, parroquia de Vilaspasantes, concello de Cervantes, provincia de Lugo
Autoría
A.F.L.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
A.F.L.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
Data da defensa
18.02.2025 13:00
18.02.2025 13:00
Resumo
O presente proxecto ten como obxectivo o deseño e cálculo das obras e instalacións necesarias para a construción dunha nave para almacenamento de maquinaria agrícola para os promotores María del Carmen García Gómez e José Antonio Comuñas Digón, propietarios da empresa Comuñas y García SL, dedicada a servizos agrícolas e forestais, e a unha pequena gandaría de vacún de carne en réxime semiextensivo. A nave terá unha superficie de 1.185,60 m2 e unha planta rectangular de 49,40 mx24 m. Constará dunha zona principal de almacenamento de maquinaria, dividida nunha zona superior e outra inferior, separadas por un corredor amplo; unha oficina; unha sala de reunións; e dous vestiarios, un feminino e outro masculino. Deberá permitir o almacenamento da maquinaria e apeiros indicados polos promotores, establecéndose as súas dimensións en función destas necesidades. A nave contará con instalacións de fontanería, electricidade, saneamento, protección contra incendios e un depósito de gasóleo. Para a súa construción empregaranse estruturas prefabricadas de formigón: vigas pretensadas de 24 m de luz nos pórticos intermedios, vigas cargadoiro de 7 m de luz e vigas cartabón de 10 m de luz nos pórticos cabeceiros, piares de 0,4 mx0,4 m de sección, correas DT-45 e paneis alveolares de 14 cm de espesor. As zapatas e as vigas de atado executaranse na propia obra. O material da cuberta será panel sándwich de 50 mm de espesor, intercalado con paneis translúcidos de policarbonato. O orzamento de execución por contrato (OEC) ascende a 486.744,46 €. A execución da obra terá unha duración de 87 días. O proxecto inclúe un Estudo de Seguridade e Saúde e un Estudo de Xestión de Residuos.

Fernández Rodríguez, María Elena (Titoría)
Méndez Castro, Miguel Cotitoría
Fernández Rodríguez, María Elena (Titoría)
Méndez Castro, Miguel Cotitoría
Tribunal
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Coordinador)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Presidente/a)
DUGO PATON, MAXIMO ANTONIO (Secretario/a)
Torres Labandeira, Manuel Luis (Vogal)

Proxecto dunha nave para gardar maquinaria agrícola nunha explotación de vacún leiteiro, de dimensións (15X30) metros, en Taboada (Lugo).
Autoría
M.F.R.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
M.F.R.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
Data da defensa
09.07.2025 12:00
09.07.2025 12:00
Resumo
Trátase dunha nave de 15 x 30 metros para albergar maquinaria para unha explotación gandeira. Situada en Taboada (Lugo). A parcela na que se construirá a edificación é propiedade do promotor e mantense como pasto natural, sen uso produtivo, mediante limpeza periódica. Ten acceso de vehículos, posibilidade de conexión á rede eléctrica, subministración de auga e conexión á rede de sumidoiros. A explotación é unha empresa familiar, dedicada exclusivamente á produción láctea. Na actualidade, o promotor aluga unha nave a un veciño, que cobra 3.000 € ao ano. O promotor comunicoulle que necesitan a nave e que deben retirar a maquinaria de alí. Por este motivo, decidiron construír a nave nunha leira contigua ao establo de produción. O obxectivo do proxecto é definir as instalacións para o almacenamento cuberto da maquinaria da explotación, proporcionando espazo suficiente para unha fácil manobrabilidade.

Ortiz Sanz, Juan Pedro (Titoría)
Ortiz Sanz, Juan Pedro (Titoría)
Tribunal
CABALEIRO SOBRINO, CRISTINA (Coordinador)
CABALEIRO SOBRINO, CRISTINA (Presidente/a)
Fernández Rodríguez, María Elena (Secretario/a)
Bueno Lema, Javier (Vogal)

Plan de Prevención de Riscos Laborais nunha gandería de gando vacún na provincia de Lugo.
Autoría
M.N.F.C.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
M.N.F.C.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
Data da defensa
10.07.2025 12:00
10.07.2025 12:00
Resumo
Este traballo, consiste no desenvolvemento dun plan de prevención de riscos laborais nunha gandaría de gando vacún. Onde profundizarei nos procesos que se levan a cabo, os seus correspondentes riscos e na maneira de evitalos ou de poder minimizalos, todo iso con axuda do marco normativo a aplicar, que irei detallando ao longo do traballo. O meu propósito para este traballo, é o de achegar un enfoque crítico, sobre as tarefas que se realizan. O traballo no sector agrario, é arduo e exhaustivo, e del derivan unha multitude de riscos laborais, aos que se expoñen os traballadores, en cada un dos procesos produtivos. Na actualidade, a seguridade e saúde dos traballadores pasou a ser un piarfundamental en calquera ámbito laboral, tanto desde un punto legal como ético, polo que a implementación dun plan de prevención de riscos laborais converteuse nunha ferramenta esencial para garantir a seguridade e saúde dos traballadores

BARRASA RIOJA, MARTIN (Titoría)
BARRASA RIOJA, MARTIN (Titoría)
Tribunal
CABALEIRO SOBRINO, CRISTINA (Coordinador)
CABALEIRO SOBRINO, CRISTINA (Presidente/a)
AMIAMA ARES, CARLOS (Secretario/a)
PEREIRA GONZALEZ, JOSE MANUEL (Vogal)

Proxecto de construción dunha nave de transición de porcino, con capacidade para 4.600 leitóns, en Mariz, Guitiriz (Lugo)
Autoría
A.F.M.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
A.F.M.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
Data da defensa
19.02.2025 10:00
19.02.2025 10:00
Resumo
O obxectivo deste proxecto é construir unha nave con tódalas instalacións necesarias para levar a cabo a fase de transición ou o destete dos leitóns. Para dito fin, definiranse as obras e instalacións precisas para aloxar a 4.600 leitóns, facilitando o traballo o máximo posible e garantindo o benestar animal. Ademáis, instalaranse dúas cisternas flexibles anexas á nave para o almacenamento do xurro xerado na explotación, evitando así verteduras accidentais. A explotación localizarase na aldea de Mariz, no concello de Guitiriz, provincia de Lugo. A parcela é propiedade da promotora que conta con sinxelo acceso rodado, subministro de auga e subministro eléctrico. Debido á súa boa aptitude cárnica, cun bo rendemento de canle e un gran engraxamento da mesma, o cruzamento empregado será Landrace x Largue White. O ciclo de transición dos leitóns durará 6 semanas aproximadamente (35 días de transición máis os 7 días de baleiro sanitario), cun réxime todo dentro, todo fóra. Chegarán con 28 días e un peso vivo aproximado de 6 kg, e sairán con 63 días, pesando preto de 20 kg de peso vivo. Antes da execución das obras, teranse en conta os condicionantes legais, do promotor e do proxecto. No proxecto centrarémonos no deseño e nos cálculos construtivos da nave, así como das instalacións necesarias para a súa explotación (electricidade, saneamento, fontanería, zootécnica, calefacción, ventilación e refrixeración). No plano económico o proxecto inclúe un orzamento detallado dos custos de execución do mesmo. Estes custos de execución por contrata despois de impostos ascenden á cantidade de 1.658.626,13 €. Ademáis, tamén se inclúe unha análise económico financieiro, onde se chegou á conclusión da viabilidade do proxecto e un anexo de programación das obras do que se deduce que a execución das obras realizaranse en 100 días. Por último, realizaremos un Estudo de Seguridade e Saúde, onde se explican as normas básicas a seguir na realización da obra para previr posibles accidentes.

Proxecto de ordenación do monte veciñal en man común
Autoría
A.F.M.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
A.F.M.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
Data da defensa
07.07.2025 09:15
07.07.2025 09:15
Resumo
Este documento serve como Traballo Fin de Grao para o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural, con mención en explotacións forestais. É un proxecto de ordenación, neste caso elaborado para o monte veciñal en man común de Roca (Guitiriz, Lugo, Galicia), de 212,61 ha. En primeiro lugar, defínese a situación legal e administrativa do monte. Posteriormente faise unha descrición da estación forestal do mesmo, especialmente da orografía do terreo, climatoloxía, xeoloxía, edafoloxía e bioloxía que teñen lugar nos seus límites. Trátase dun monte cunha configuración do terreo variable, que intercala zonas de pendentes suaves con outras de pendentes máis fortes. Os solos son acedos, dominados por lousas, xistos e cuarcitas. O clima é favorable á hora de que vexeten as especies forestais, máis hai que ter en conta que presenta dous meses de seca na época estival, como son xullo e agosto. O seguinte paso é realizar a estratificación do monte en áreas homoxéneas en base á especie dominante, idade e forma da masa. Lévase a cabo un inventario dos recursos forestais naqueles estratos cuxa función principal é a produción de madeira, neste caso os poboados con masas arboradas de Pinus radiata e Pinus pinaster, ademáis de inventariar tamén estratos poboados por masas de frondosas como Betula pubescens e Eucalyptus nitens que se quere comezar a xestionar para a produción de leñas e madeira. Calcúlanse as existencias e o erro de medición cometido no proceso de inventario. Para o plan xeral, elíxese o método de ordenación por rodais. Divídese o monte en rodais de unidades últimas a efectos de xestión, inventario e cortas. Planifícanse as actuacións do plan especial, destacando o cambio de uso da especie produtora principal, que pasará de ser Pinus radiata a ser Pinus pinaster. Para rematar, elabórase un balance económico entre os ingresos e gastos previstos, obténdose uns beneficios estimados de 4.241.004,48 €.

Rojo Alboreca, Alberto (Titoría)
Rojo Alboreca, Alberto (Titoría)
Tribunal
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
DIEGUEZ ARANDA, ULISES (Secretario/a)
Riesco Muñoz, Guillermo (Vogal)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
DIEGUEZ ARANDA, ULISES (Secretario/a)
Riesco Muñoz, Guillermo (Vogal)
Documento simple de xestión do monte Granxa no lugar de Sabuceda, parroquia de Cures, concello de Boiro (A Coruña)
Autoría
M.G.F.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
M.G.F.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
Data da defensa
17.02.2025 09:30
17.02.2025 09:30
Resumo
Este documento simple de xestión é un Traballo de Fin de Grao de Enxeñaría Forestal e do Medio Natural, que ten como finalidade responder ás necesidades da finca A Granxa, na parroquia de Cures, pertencente o concello de Boiro na provincia da Coruña. A superficie total de estudo é de 12,757 ha, nunha mesma finca, toda ela cuberta de mato. Con isto preténdese que o propietario teña a posibilidade de levar a cabo un mellor aproveitamento dos recursos da súa finca. Esta finca divídese en dous rodais diferentes: o rodal seco, no que se plantará Pinus pinaster; e o rodal húmido, no que se plantará Quercur robur. A partir desta división realízase a planificación da plantación, segundo os modelos silvícolas que se adxudicaron a cada rodal. O aproveitamento final destes rodais no caso do rodal seco, será de madeira de serra e chapa de alta calidade, e no caso do rodal húmido será de madeira de autoconsumo para o propietario. Este documento réxese segundo as diferentes normativas para a comunidade autónoma de Galicia e persegue a xestión sostible dos recursos, orientando as actuacións a un equilibrio entre o natural, o económico e o social.
Este documento simple de xestión é un Traballo de Fin de Grao de Enxeñaría Forestal e do Medio Natural, que ten como finalidade responder ás necesidades da finca A Granxa, na parroquia de Cures, pertencente o concello de Boiro na provincia da Coruña. A superficie total de estudo é de 12,757 ha, nunha mesma finca, toda ela cuberta de mato. Con isto preténdese que o propietario teña a posibilidade de levar a cabo un mellor aproveitamento dos recursos da súa finca. Esta finca divídese en dous rodais diferentes: o rodal seco, no que se plantará Pinus pinaster; e o rodal húmido, no que se plantará Quercur robur. A partir desta división realízase a planificación da plantación, segundo os modelos silvícolas que se adxudicaron a cada rodal. O aproveitamento final destes rodais no caso do rodal seco, será de madeira de serra e chapa de alta calidade, e no caso do rodal húmido será de madeira de autoconsumo para o propietario. Este documento réxese segundo as diferentes normativas para a comunidade autónoma de Galicia e persegue a xestión sostible dos recursos, orientando as actuacións a un equilibrio entre o natural, o económico e o social.
Dirección
Rojo Alboreca, Alberto (Titoría)
Rojo Alboreca, Alberto (Titoría)
Tribunal
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
DIEGUEZ ARANDA, ULISES (Secretario/a)
RODRÍGUEZ SOALLEIRO, ROQUE (Vogal)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
DIEGUEZ ARANDA, ULISES (Secretario/a)
RODRÍGUEZ SOALLEIRO, ROQUE (Vogal)
Proxecto de implantación e xestión dunha explotación de gandería bovina en réxime extensivo no Monte Veciñal en Man Común Barbanza, Xaramelo e Granxa do Navío
Autoría
M.G.F.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
M.G.F.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
Data da defensa
08.07.2025 19:00
08.07.2025 19:00
Resumo
O traballo consiste no deseño e implantación dunha explotación de gando vacún de carne en réxime extensivo no Monte Veciñal en Man Común Barbanza, Xaramelo e Granxa do Navío, no municipio de Boiro (A Coruña). O obxectivo principal é compatibilizar a produción gandeira rendible ca conservación do medio natural, mediante a redución da biomasa vexetal como medida preventiva fronte a incendios forestais, a mellora da biodiversidade do monte e o aproveitamento sostible dos recursos. A explotación estará composta por 207 cabezas de gando vacún de raza Caldelá (cunha carga gandeira equivalente á 0,60 UGM/ha), estruturasemmediante un sistema de pastoreo rotacional en seis áreas diferenciadas. Para o seu deseño realizouse unha estratificación do monte baseada no análise da cobertura das principais especies vexetais existentes, co obxectivo de estimar os recursos pastables dispoñibles. A superficie total do monte é de 530,84 ha, das cales se destinan a explotación 519,84, incluíndo rodais de Pinus pinaster, Eucalyptus globulus e mato sen arborado. O deseño contempla infraestruturas mínimas, como o peche perimetral, pasos canadenses e portas de acceso

González Hernández, María del Pilar (Titoría)
González Hernández, María del Pilar (Titoría)
Tribunal
CABALEIRO SOBRINO, CRISTINA (Coordinador)
CABALEIRO SOBRINO, CRISTINA (Presidente/a)
VAZQUEZ GONZALEZ, IBAN (Secretario/a)
LAMOSA QUINTEIRO, SANTIAGO (Vogal)

Avaliación de diferentes metodoloxías de inventario forestal na estimación de variables fundamentais de rodal
Autoría
C.G.L.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
C.G.L.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
Data da defensa
07.07.2025 10:00
07.07.2025 10:00
Resumo
Neste estudio avalíase o efecto de diferentes metodoloxías de deseño de unidade de mostraxe, ou deseño observacional, nun inventario forestal para a estimación das principais variables de rodal. Para iso, utilizáronse os datos dunha parcela de ensaio de 17.64 hectáreas, situada no municipio de Castro de Rei e dominada polas especies Pinus radiata D.Don e Pinus Pinaster Ait. Cóntase con información cartográfica dixital da área de estudio, así como cós datos de especie, altura, diámetro normal e posición de todas as árbores. Toda esta información foi normalizada a un formato único que permitiu a súa combinación espacial. A partir destes datos calculáronse as seguintes variables de rodal: número de árbores por hectárea, área basimétrica, volume, biomasa aérea e contido de carbono. Logo, xerouse unha malla de puntos que serviu como base para distribuír as parcelas de mostraxe, excluíndo aquelas que non quedaban completamente incluídas dentro da área de inventario. Realizáronse estimacións de variables de rodal para tres metodoloxías de mostraxe: parcelas de radio fixo (con radios de 5 a 20 metros, con intervalos de 1 m), parcelas k ésimo veciño (valores de k entre 3 e 15, con intervalos de 1) e parcelas relascópicas (anchos de banda de 0.25, 0.5, 0.75, 1, 1.25, 1.4142, 1.5, 1.75 e 2). Ademais de comparar as estimacións obtidas para cada variable, avaliouse a eficiencia operativa de cada deseño mediante o rexistro do tempo requirido en campo para a caracterización das diferentes unidades de mostraxe. Finalmente, estudouse a influencia dos factores de deseño de mostraxe sobre o sesgo, a precisión e a exactitude das estimacións, o esforzo de medición requirido e o número de parcelas necesarias para alcanzar diferentes niveis de erro aceptable, co fin de identificar as configuracións de mostraxe máis eficientes e representativas para este tipo de masas forestais.

ALVAREZ GONZALEZ, JUAN GABRIEL (Titoría)
RODRIGUEZ RUIZ, JOEL Cotitoría
ALVAREZ GONZALEZ, JUAN GABRIEL (Titoría)
RODRIGUEZ RUIZ, JOEL Cotitoría
Tribunal
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
PEREZ CRUZADO, CESAR (Secretario/a)
DIEGUEZ ARANDA, ULISES (Vogal)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
PEREZ CRUZADO, CESAR (Secretario/a)
DIEGUEZ ARANDA, ULISES (Vogal)
Desenvolvemento dun robot para a dirección automática dun emisor láser
Autoría
M.G.O.
Grao en Robótica (2ªed)
M.G.O.
Grao en Robótica (2ªed)
Data da defensa
08.07.2025 09:00
08.07.2025 09:00
Resumo
Na actualidade, existe unha crecente necesidade de desenvolver sistemas de transmisión de enerxía sen fíos, debido á aparición de dispositivos e vehículos remotos (UAVs, satélites espaciais, etc.) con requisitos funcionais que dificultan o emprego de grandes baterías a bordo. Recentemente, estudáronse e aplicáronse técnicas de transmisión de enerxía mediante tecnoloxía láser, a cal aínda se atopa nos seus inicios. Neste contexto, o presente traballo busca desenvolver un modelo de sistema de dirección automática para un emisor láser, co obxectivo de ilustrar os seus principios de funcionamento e estudar os seus principais vantaxes e inconvenientes. Durante este traballo, emplearanse ferramentas como PyBullet, FreeCAD, KiCAD e compoñentes de electrónica básica para construír un robot demostrador en simulación, o cal logo trasladarase ao mundo real na forma de dous prototipos únicos.

COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Titoría)
NAGY , DANIEL Cotitoría
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Titoría)
NAGY , DANIEL Cotitoría
Tribunal
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
VAZQUEZ VERDES, PEDRO (Presidente/a)
VALLADARES RODRIGUEZ, SONIA MARIA (Secretario/a)
VAZQUEZ ALVAREZ, ALVARO (Vogal)
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
VAZQUEZ VERDES, PEDRO (Presidente/a)
VALLADARES RODRIGUEZ, SONIA MARIA (Secretario/a)
VAZQUEZ ALVAREZ, ALVARO (Vogal)
Estudo da viabilidade técnica e económica dunha explotación porcina en extensivo da raza Porco Celta no concello de Piñor (Ourense)
Autoría
N.G.A.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
N.G.A.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
Data da defensa
08.07.2025 12:00
08.07.2025 12:00
Resumo
Este estudo analiza a viabilidade técnica e económica dunha explotación porcina en extensivo da raza Porco Celta. A proposta busca potenciar unha raza autóctona galega en risco de desaparición, empregando un sistema de produción sostible que recolle métodos tradicionais, aproveitando recursos locais e contribuíndo á conservación da biodiversidade. A explotación prevé inicialmente un censo composto por un verrón, dez porcas reprodutoras e dúas porcas de reposición, cunha produción anual estimada de 100 leitóns destetados e 100 porcos cebados. O proxecto susténtase nunha análise exhaustiva das características produtivas do Porco Celta, así como na demanda actual, tendencias de mercado e competencia existente. Finalmente, o estudo presenta unha planificación económica detallada e unha proxección financeira rigurosa, mostrando a rendibilidade e viabilidade técnica da proposta. Deste xeito, a iniciativa ademais de permitir unha visión da rentabilidade a longo prazo, tamén axuda á revitalización sostible do rural galego.

VAZQUEZ GONZALEZ, IBAN (Titoría)
VAZQUEZ GONZALEZ, IBAN (Titoría)
Tribunal
CABALEIRO SOBRINO, CRISTINA (Coordinador)
CABALEIRO SOBRINO, CRISTINA (Presidente/a)
VALDES PAÇOS, BERNARDO (Secretario/a)
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, MANUEL RAMIRO (Vogal)
CABALEIRO SOBRINO, CRISTINA (Coordinador)
CABALEIRO SOBRINO, CRISTINA (Presidente/a)
VALDES PAÇOS, BERNARDO (Secretario/a)
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, MANUEL RAMIRO (Vogal)
Deseño e estudo comparativo de cubículos tradicionais cara a unha nova proposta de cubículos móbiles para vacún de leite.
Autoría
G.G.M.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
G.G.M.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
Data da defensa
08.07.2025 13:00
08.07.2025 13:00
Resumo
O obxectivo deste proxecto é o deseño e a construción dun novo formato de cama para vacas leiteiras. O obxectivo é mover todos os divisores da granxa aproximadamente 50 cm. Isto garante que o animal permaneza deitado nunha cama limpa e cómoda o maior tempo posible, sen necesidade de realizar ningún traballo na cama máis alá de activar un sinal. O obxectivo principal deste proxecto é maximizar a rendibilidade da granxa, xa sexa desde a perspectiva da produtividade e o benestar animal, os aspectos sanitarios e bacteriolóxicos ou o aumento da produción económica por animal.

PEREIRA GONZALEZ, JOSE MANUEL (Titoría)
BARRASA RIOJA, MARTIN Cotitoría
PEREIRA GONZALEZ, JOSE MANUEL (Titoría)
BARRASA RIOJA, MARTIN Cotitoría
Tribunal
CABALEIRO SOBRINO, CRISTINA (Coordinador)
CABALEIRO SOBRINO, CRISTINA (Presidente/a)
Bueno Lema, Javier (Secretario/a)
Iglesias Becerra, Antonio (Vogal)

Estudo das propiedades físicas da madeira de Diospyros kaki Thunb.
Autoría
T.G.V.
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (2ª ed)
T.G.V.
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (2ª ed)
Data da defensa
17.02.2025 11:00
17.02.2025 11:00
Resumo
Diospyros kaki Thunb., tamén chamado kaki Loto do Xapón ou Palo-Santo, é unha especie pertencente á familia das Ebenáceas, cuxo xénero Diospyros é o máis importante desta familia dende o punto de vista madeireiro. A maioría das variedades de kaki son aproveitadas polos seus froitos. No tratamento para a obtención do froito se xeran unha serie de residuos aproveitables para biomasa, ademáis do aproveitamento final da madeira da corta de pés improductivos, mortos, que sofren algún tipo de doenza ou que son inapropiados para a producción de froito. Á madeira obtida se lle podría asignar un destino determinado dependendo das propiedades da mesma, que é tamén un potencial sumidoiro de carbono. Ademáis, están documentados usos desta madeira para a fabricación de mobles, instrumentos musicais, obxetos de decoración, palos de golf e outros. Existe unha gran información sobre o kaki en canto á producción de froito. En cambio, existe unha escasa información sobre as características da madeira desta especie. O obxetivo do presente traballo é ter coñecemento sobre as propiedades físicas da madeira desta especie, coa finalidade de darlle outro tipo de usos ademáis dos xa empregados ata o momento. A partir dos resultados obtidos sobre a mostra, na fase experimental e no proceso de datos posterior, pódese afirmar que se trata dunha madeira moi sensible a o ataque de fungos cromóxenos, máis lixeira que outras especies do xénero, dura, fácilmente deformable e propensa a sufrir fendas nos procesos de secado. Recoméndase polas súas características para o uso en mobiliario e carpintería de interiores.

Vila Lameiro, Pablo (Secretario/a)
Rojo Alboreca, Alberto (Vogal)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
Vila Lameiro, Pablo (Secretario/a)
Rojo Alboreca, Alberto (Vogal)
Automatización de máquina de gravado láser
Autoría
C.G.R.
Grao en Robótica (2ªed)
C.G.R.
Grao en Robótica (2ªed)
Data da defensa
08.07.2025 16:00
08.07.2025 16:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao aborda o desenvolvemento dun sistema auto matizado para unha máquina de gravado láser, utilizada para imprimir deseños nas tapas que forman parte dun dos produtos da empresa Innogando S.L. O proxecto céntrase tanto no deseño da estrutura mecánica como no do software de control. Aestrutura está composta por unha cinta transportadora deseñada e montada con forme ás dimensións da máquina láser, ademais dun dispensador de bases que con tén as tapas para o gravado, así como os soportes necesarios para os actuadores e sensores empregados. Osoftware de control inclúe unha interface gráfica que facilita o proceso de produ ción aos operarios. Oobxectivo principal deste traballo é aumentar a produtividade nesta fase do pro ceso de montaxe, mellorando o rendemento mediante unha operación segura e efi ciente.

BOULLON MAGAN, MARCOS (Presidente/a)
FERNANDEZ PICHEL, MARCOS (Secretario/a)
GARCIA LORENZO, OSCAR (Vogal)

Deseño e implementación dun almacén intelixente mediante a coordinación dun brazo robótico e un PLC.
Autoría
G.I.S.
Grao en Robótica (2ªed)
G.I.S.
Grao en Robótica (2ªed)
Data da defensa
08.07.2025 09:00
08.07.2025 09:00
Resumo
No laboratorio de robótica industrial, dispoñemos dun brazo robótico Kawasaki RS003N e unhas estacións de traballo Festo controladas por PLC S7-15000, neste caso a escollida foi a de procesamento . O obxectivo principal deste documento é describir o procedemento seguido para controlar o brazo robótico e implementar un sistema de almacenaxe intelixente en coordinación coa estación de traballo mencionada e unha cámara de visión artificial. Inicialmente, realizouse a configuración das entradas e saídas do robot mediante o uso dunha tarxeta PCB. Para superar as limitacións do linguaxe nativo do robot (AS Language) , empregouse a conexión UDP para comunicar o robot cun ordenador, permitindo a execución de scripts en Python que axudan ao cálculo de coordenadas e outras operacións complexas como o control da cámara. Esta cámara, a Luxonis OAK-D , implementouse para a detección e localización dos obxectos mediante marcadores ArUco, facilitando a manipulación precisa das pezas. A través da comunicación entre a cámara e o robot, cando a cámara detecta unha peza, envía un sinal ao robot para que este proceda a manipular e almacenar a peza na súa posición correspondente. Como remate do proxecto, implementouse a colaboración entre o brazo robótico e a estación de procesado Festo, programada en Tia Portal, onde a estación procesa as pezas e libéraas nun depósito controlado pola cámara. Esta integración permitiu un fluxo automatizado e coordinado para a manipulación e almacenamento das pezas, demostrando a viabilidade da integración de hardware e software avanzado para o control eficiente dun sistema robótico industrial.

CORRALES RAMON, JUAN ANTONIO (Titoría)
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE Cotitoría
CORRALES RAMON, JUAN ANTONIO (Titoría)
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE Cotitoría
Tribunal
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
VAZQUEZ VERDES, PEDRO (Presidente/a)
VALLADARES RODRIGUEZ, SONIA MARIA (Secretario/a)
VAZQUEZ ALVAREZ, ALVARO (Vogal)
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
VAZQUEZ VERDES, PEDRO (Presidente/a)
VALLADARES RODRIGUEZ, SONIA MARIA (Secretario/a)
VAZQUEZ ALVAREZ, ALVARO (Vogal)
Uso dun sensor láser para a substitución de sensores de contacto e mellorar o control de calidade na impresión 3D de fármacos.
Autoría
R.L.B.
Grao en Robótica (2ªed)
R.L.B.
Grao en Robótica (2ªed)
Data da defensa
08.07.2025 09:00
08.07.2025 09:00
Resumo
Neste Traballo de Fin de Grao desenvolveuse un sistema de medición automatizado para impresoras 3D, orientado ao ámbito farmacéutico, onde a precisión e a hixiene son factores esenciais. O sistema integra dous sensores principais: un sensor fotoeléctrico tipo interruptor, que substitúe ao botón físico convencional e emprégase para calcular o Z-offset, é dicir, a altura relativa entre a punta de impresión e a base; e un sensor láser GRK-50N de dobre saída, empregado para obter as medidas dos blísters, detectar os centros dos seus compartimentos e calcular a inclinación de cada molde. Isto permite tanto o posterior recheo como a execución dun control de calidade individualizado por compartimento. Ademais, este sensor permite realizar o home da impresora e xerar o heightmap (mapa de altura da base) con precisión, substituíndo á tradicional Z-probe ou sonda de contacto, que só podía realizar estas tarefas mediante contacto físico. Este novo sistema non só permite unha maior automatización e precisión, senón que tamén elimina a necesidade de contacto directo, reducindo o risco de contaminación, un aspecto especialmente crítico en aplicacións farmacéuticas. O documento presenta tanto o deseño do sistema como os resultados dos ensaios en diferentes condicións, o que permite validar a proposta e demostrar a súa viabilidade.

Identificación de conflictos e planificación descentralizada multi-robot en entornos de almacén simulados
Autoría
J.L.F.
Grao en Robótica (2ªed)
J.L.F.
Grao en Robótica (2ªed)
Data da defensa
19.02.2025 12:00
19.02.2025 12:00
Resumo
O problema da planificación multi-robot ten unha gran relevancia práctica no mundo actual debido a crecente necesidade da automatización de procesos empregando frotas de axentes autónomos móbiles. Debido a isto, aparecen solucións ao problema, centralizadas e descentralizadas, ofrecendo as últimas un mellor balance na escalabilidade e na calidade dos resultados. Impleméntase unha solución descentralizada, dividida nunha fase de planificación e nunha fase de execución e resolución de conflitos, que demostra ser escalable e robusta a cambios inesperados no medio de operación e fallas mecánicas no sistema de movemento dos robots.
O problema da planificación multi-robot ten unha gran relevancia práctica no mundo actual debido a crecente necesidade da automatización de procesos empregando frotas de axentes autónomos móbiles. Debido a isto, aparecen solucións ao problema, centralizadas e descentralizadas, ofrecendo as últimas un mellor balance na escalabilidade e na calidade dos resultados. Impleméntase unha solución descentralizada, dividida nunha fase de planificación e nunha fase de execución e resolución de conflitos, que demostra ser escalable e robusta a cambios inesperados no medio de operación e fallas mecánicas no sistema de movemento dos robots.
Dirección
RAÑO NOAL, IGNACIO (Titoría)
RAÑO NOAL, IGNACIO (Titoría)
Tribunal
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Presidente/a)
FERNANDEZ PICHEL, MARCOS (Secretario/a)
VAZQUEZ ALVAREZ, ALVARO (Vogal)
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Presidente/a)
FERNANDEZ PICHEL, MARCOS (Secretario/a)
VAZQUEZ ALVAREZ, ALVARO (Vogal)
Plan de cortas do monte abertal de Vilarchao (parroquia de San Roque de Lamas de Campos, A Fonsagrada, Lugo)
Autoría
I.L.G.
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (2ª ed)
I.L.G.
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (2ª ed)
Data da defensa
07.07.2025 10:45
07.07.2025 10:45
Resumo
Este documento constitúe o Traballo Fin de Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural, centrado na planificación da corta de rexeneración dunha plantación de Pinus sylvestris L. de 20,4 ha no monte abertal de Vilarchao (A Fonsagrada, Lugo). O aproveitamento madeireiro xustifícase polo interese da propiedade e porque o rodal está en quenda de corta, xa que ten 73 anos. Analízase o estado legal da parcela, en conformidade co Decreto 50/2014 e a Lei 7/2012 de montes de Galicia, non existindo condicionantes ambientais ou legais que impidan o aproveitamento. A zona está incluída na Reserva da Biosfera «Eo, Oscos e Terras de Burón». Dende o punto de vista natural, descríbese un terreo con pendente suave, chan formado por lousas negras de Luarca e clima oceánico húmido sen seca estival. A vexetación está dominada por Pinus sylvestris L., acompañado de especies arbustivas como Rubus spp. e Ulex europaeus L. Non se identificaron pragas nin enfermidades. Para cuantificar o volume de madeira realizouse un inventario forestal mediante mostraxe aleatoria con parcelas circulares de 8 m de radio, dentro das que se mediu o diámetro normal de tódalas árbores e unha mostra de alturas. Os datos recollidos procesáronse coas aplicacións INVFOR e CUBIPRO de Qforestry (www.qforestry.com), obtendo unha estimación das existencias e a clasificación da madeira por produtos comerciais. A estimación do prezo da madeira en pé baseouse en prezos de mercado e na nas condicións do aproveitamento. Na planificación xustifícase a necesidade do aproveitamento, propoñendo posibles modelos selvícolas futuros. Detállase a prescrición técnica do aproveitamento. A valoración económica do aproveitamento estima uns ingresos brutos de 380.554,36 €. O plan inclúe ademais anexos con fotografías do estado actual do monte, conformidade dos propietarios, datos do inventario, prego de condicións e lexislación aplicable.

DIEGUEZ ARANDA, ULISES (Titoría)
DIEGUEZ ARANDA, ULISES (Titoría)
Tribunal
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
RODRÍGUEZ SOALLEIRO, ROQUE (Secretario/a)
Rojo Alboreca, Alberto (Vogal)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
RODRÍGUEZ SOALLEIRO, ROQUE (Secretario/a)
Rojo Alboreca, Alberto (Vogal)
A modelización das curvas de lactación en vacas de aptitude leiteira
Autoría
A.V.L.L.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
A.V.L.L.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
Data da defensa
10.07.2025 13:00
10.07.2025 13:00
Resumo
As curvas de lactación son unha das ferramentas de xestión máis importantes á hora de xestionar unha explotación de gando leiteiro, tanto para o manexo como para a selección de animais. Consisten na representación gráfica da produción diaria fronte ao día da lactación. Neste traballo realízase unha revisión bibliográfica da importancia da curva de lactación e dos modelos máis importantes(Wood, Wilmink e Ali-Schaeffer) ademais de construír un modelo tipo spline. Procédese á comparación dos catro modelos e a determinación de cal deles é o que mellor de axusta aos datos, os cales foron obtidos dunha explotación en Control Leiteiro. Tamén se realiza a comparación dos modelos axustando con datos de vacas individuais e agrupando en clústeres en función da produción.

MAREY PEREZ, MANUEL FRANCISCO (Titoría)
MAREY PEREZ, MANUEL FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
CABALEIRO SOBRINO, CRISTINA (Coordinador)
CABALEIRO SOBRINO, CRISTINA (Presidente/a)
MUÑOZ FERREIRO, MARIA DE LAS NIEVES (Secretario/a)
PEREIRA GONZALEZ, JOSE MANUEL (Vogal)
CABALEIRO SOBRINO, CRISTINA (Coordinador)
CABALEIRO SOBRINO, CRISTINA (Presidente/a)
MUÑOZ FERREIRO, MARIA DE LAS NIEVES (Secretario/a)
PEREIRA GONZALEZ, JOSE MANUEL (Vogal)
Adaptación dunha política robótica multimodal para control por lenguaxe natural e visión nun UR5e con cámara IDS.
Autoría
A.L.A.
Grao en Robótica (2ªed)
A.L.A.
Grao en Robótica (2ªed)
Data da defensa
09.07.2025 16:00
09.07.2025 16:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao explora a integración e adaptación dunha política multimodal no ámbito do control robótico adaptativo. O proxecto céntrase no fine-tuning dun modelo preentrenado de Octo, optimizado para a súa aplicación en tarefas de manipulación co brazo robótico UR5e e asistido por unha cámara IDS. O obxectivo principal é avaliar a capacidade de interpretar comandos multimodais (imaxe e texto) e xerar accións de control en contornos cambiantes. Para iso, proponse un sistema experimental que combina percepción visual e razoamento lingüístico co fin de mellorar a autonomía e flexibilidade do robot en tarefas non programadas, facilitando tamén o seu manexo por usuarios non expertos. O traballo inclúe un análise comparativo do rendemento do modelo en distintos comandos e configuracións de axuste, explorando o impacto da información propioceptiva e das referencias visuais mediante métricas de éxito e eficiencia.

GARCIA POLO, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
GARCIA POLO, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Presidente/a)
RAÑO NOAL, IGNACIO (Secretario/a)
NAGY , DANIEL (Vogal)

Xeración de mapas semánticos para robots móbiles mediante a detección de obxectos e algoritmos de comportamento.
Autoría
A.L.F.
Grao en Robótica (2ªed)
A.L.F.
Grao en Robótica (2ªed)
Data da defensa
09.07.2025 09:00
09.07.2025 09:00
Resumo
Os sistemas de navegación autónoma en robótica móbil requiren unha comprensión detallada da contorna para operar de forma eficiente e segura. Este traballo céntrase na xeración de mapas semánticos mediante a detección de obxectos, combinando sensores como cámaras RGBD e LiDAR, e empregando técnicas de visión por ordenador baseadas en IA con librerías estándares como YOLO. Así mesmo, impleméntanse algoritmos de comportamento baseados en arquitecturas como SMACH e Behavior Trees para dotar ao robot de capacidades de toma de decisións en tempo real. O obxectivo principal consiste en desenvolver un sistema capaz de identificar obxectos relevantes, localizalos espacialmente nun mapa e permitir que o robot navegue de forma autónoma en contornas non estruturadas durante o proceso de creación dese mapa. Esta memoria recolle tanto o desenvolvemento técnico como os resultados obtidos, contribuíndo ao avance da navegación semántica en robótica de servizo.

IGLESIAS RODRIGUEZ, ROBERTO Cotitoría
CORRALES RAMON, JUAN ANTONIO (Titoría)
IGLESIAS RODRIGUEZ, ROBERTO Cotitoría
Tribunal
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
FERNANDEZ VIDAL, XOSE RAMON (Presidente/a)
ARIAS JORDAN, EFREN (Secretario/a)
BLANCO BESTEIRO, BEATRIZ (Vogal)

Proxecto de ordenación do Monte Veciñal en Man Común Labradías e Pico de Montouto, parroquia de San Clodio, concello de Ribas de Sil (Lugo)
Autoría
A.L.S.
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (2ª ed)
A.L.S.
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (2ª ed)
Data da defensa
17.02.2025 10:15
17.02.2025 10:15
Resumo
Este documento serve como Traballo Fin de Grao para o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural, con mención en explotacións forestais. Trátase dun proxecto de ordenación, neste caso elaborado para o monte veciñal en man común “Labradías e Pico de Montouto” (Ribas de Sil, Lugo, Galicia), de 121,45 ha. Defínese a situación legal e administrativa do monte. Posteriormente faise unha descrición da estación forestal do mesmo, facendo fincapé na orografía do terreo, climatoloxía, xeoloxía, edafoloxía e bioloxía que teñen lugar nos seus límites. Trátase dun monte cunha configuración do terreo complexa, caracterizado polas fortes pendentes que presenta. Os solos son acedos, dominados por lousas e xistos. O clima é favorable á hora de que vexeten as especies forestais, máis hai que ter en conta que presenta dous meses de seca na época estival, xa que se sitúa nunha zona de transición ao clima mediterráneo. Realízase a estratificación do monte en áreas homoxéneas en base á especie dominante, idade e forma da masa. Faise un inventario dos recursos forestais naqueles estratos cuxa función principal é a produción de madeira, neste caso os poboados con masas de Pinus radiata, ademais de inventariar tamén un estrato poboado por unha masa de Castanea sativa que se quere comezar a xestionar para a produción de madeira e leñas. Calcúlanse as existencias e o erro de medición cometido no proceso de inventario. Escóllese para o plan xeral o método de ordenación por rodais. Divídese o monte en rodais, que serán unidades últimas a efectos de xestión, inventario e cortas. Planifícanse as actuacións do plan especial, destacando o cambio de uso da especie produtora principal, que pasará de ser Pinus radiata a ser Pinus pinaster. Por último faise un balance económico entre os ingresos e gastos previstos, obténdose uns beneficios estimados de 104.636,10 €.

Riesco Muñoz, Guillermo (Secretario/a)
DIEGUEZ ARANDA, ULISES (Vogal)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
Riesco Muñoz, Guillermo (Secretario/a)
DIEGUEZ ARANDA, ULISES (Vogal)
Estudo técnico para a optimización da extracción de resina empregando o método de entalladura circular en Galicia na campaña 2024
Autoría
I.M.S.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
I.M.S.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
Data da defensa
17.02.2025 16:00
17.02.2025 16:00
Resumo
O aproveitamento multifuncional dos montes permite diversificar os seus produtos, destacando os Produtos Forestais Non Madeireiros (PFNM) como unha alternativa sostible e rendible. Entre eles, a resina de piñeiro está a adquirir unha crecente relevancia pola súa demanda industrial e o seu potencial como substituto de produtos derivados do petróleo. En Galicia, onde tradicionalmente este recurso non se explotaba de maneira significativa, están a desenvolverse novas iniciativas para impulsar a súa extracción e optimizar os procesos produtivos, co fin de aproveitar mellor este recurso natural. Neste contexto, o presente TFG centra a súa atención na optimización da actividade resineira en masas de Pinus pinaster Ait., empregando o método de entalladura circular mecanizada, e analizando a súa eficiencia en condicións específicas do territorio galego. Este estudo tamén aborda tanto a produción de resina como o rendemento laboral dos resineiros. O traballo desenvolveuse en catro parcelas experimentais situadas en Culleredo, Baroña e Agolada, onde se aplicaron distintos tratamentos co fin de analizar a influencia de factores como a tipoloxía das bolsas e a periodicidade de renovación da entalladura sobre a produción de resina. Paralelamente, realizouse unha análise da evolución dos tempos de traballo en resineiros profesionais e noveles ao longo da campaña para as tarefas de resinado: desprazamento entre árbores, perforado de fustes, aplicación de pasta estimulante e colocación de bolsa. Os resultados evidencian que a mecanización do proceso permite unha maior estandarización en comparación coa técnica tradicional, o que reduce a variabilidade nos rendementos e facilita a planificación dos tempos e custos. A análise dos tempos de traballo demostra que, mentres os resineiros profesionais mantiveron un rendemento constante, os noveles melloraron a súa produtividade de forma progresiva, chegando a aumentar un 35% e superando a velocidade dos profesionais ao final da campaña. A introdución de novos aplicadores de pasta estimulante optimizou os tempos de execución, e a periodicidade de 21 días entre picas revelou unha maior eficiencia produtiva. Estes achados teñen implicacións importantes para a profesionalización do sector resineiro, proporcionando unha base sólida para a súa expansión sostible en Galicia.

López Álvarez, Oscar Cotitoría
MAREY PEREZ, MANUEL FRANCISCO (Titoría)
López Álvarez, Oscar Cotitoría
Tribunal
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
Riesco Muñoz, Guillermo (Secretario/a)
CONDE FERNANDEZ, ADRIANA (Vogal)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
Riesco Muñoz, Guillermo (Secretario/a)
CONDE FERNANDEZ, ADRIANA (Vogal)
Estudo Técnico para a mellora da sustentabilidade nunha plantación de lúpulo de 2,2 ha en Abegondo(A Coruña)
Autoría
M.J.M.R.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
M.J.M.R.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
Data da defensa
19.02.2025 11:00
19.02.2025 11:00
Resumo
O estudo aborda a mellora da sustentabilidade nunha plantación de lúpulo (Humulus lupulus L.) da variedade Nugget, situada en Abegondo, provincia da Coruña (España), pola necesidade da súa produción para a industria cervexeira. O estudo analiza a interacción entre os factores climáticos, as características do solo e os sistemas de xestión agrícola, facendo fincapé na rega, a fertilización e a calidade da produción. Centrouse en dúas liñas de rega (sectores 1 e 2), onde se avaliaron parámetros clave como o contido de auga do solo, o contido de auga relativa das follas (RWC) e o índice de clorofila (ICC). Utilizáronse tecnoloxías modernas como sensores Teros 10 para medir a humidade do solo e fluorímetros portátiles para a clorofila. Ademais, realizouse o seguimento fenolóxico do cultivo mediante a escala BBCH. vixilancia de 6 plantas das liñas 5 e 10 (sector 1) e das liñas 20 e 25 (sector 2). Os resultados obtidos mostraron que o sistema de rego por goteo foi eficaz para manter a humidade do solo durante os meses críticos, aínda que se identificaron desigualdades na distribución da auga. Non obstante, a dose de auga non influíu significativamente en parámetros como a produtividade cunha relación MS/PF (0,242) e o peso fresco total dos conos florais por planta (2.708 kg no sector 1 e 2.494 kg no sector 2). A pesar de que as condicións meteorolóxicas desfavorables en 2023, como temperaturas elevadas e precipitacións irregulares, os conos florais alcanzaron unha calidade adecuada, con bos niveis de alfa-ácidos e niveis moderados de beta-ácidos. A análise de fertilización concluíu que as doses de nitróxeno aplicadas foron inferiores ás recomendadas rendementos limitados nalgunhas etapas do ciclo de cultivo. Isto demostra a capacidade de adaptación do cultivo, aínda que se subliña a importancia de axustar as estratexias de xestión para mitigar os efectos do estrés hídrico e nutricional.

CANCELA BARRIO, JAVIER JOSE (Titoría)
CANCELA BARRIO, JAVIER JOSE (Titoría)
Tribunal
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Coordinador)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Presidente/a)
DIAZ HERNANDEZ, MARIA BELEN (Secretario/a)
Neira Seijo, Xan Xosé (Vogal)

Aplicación de visión artificial e robótica industrial para a mellora de procesos nunha liña de produción
Autoría
A.M.H.
Grao en Robótica (2ªed)
A.M.H.
Grao en Robótica (2ªed)
Data da defensa
10.07.2025 09:00
10.07.2025 09:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao presenta o desenvolvemento dunha solución integrada de automatización para unha liña de produción real no sector agroalimentario. O proxecto baséase na experiencia adquirida durante as prácticas realizadas na empresa El Huevo de la Abuela (Ecocentro S.C.) e ten como obxectivo mellorar o rendemento e a trazabilidade do proceso mediante o uso de robótica industrial e visión artificial A solución propón tres eixes principais: a optimización do proceso de paletizado e empacado de caixas mediante brazos robóticos de Yaskawa, o deseño e implementación de modelos de visión artificial con cámara OAK-D e o algoritmo YOLOv8, e a automatización da xeración de etiquetas GS1128 para o control loxístico. Os resultados obtidos validan a viabilidade técnica da proposta e evidencian a súa aplicabilidade directa nun entorno industrial real.
Este Traballo de Fin de Grao presenta o desenvolvemento dunha solución integrada de automatización para unha liña de produción real no sector agroalimentario. O proxecto baséase na experiencia adquirida durante as prácticas realizadas na empresa El Huevo de la Abuela (Ecocentro S.C.) e ten como obxectivo mellorar o rendemento e a trazabilidade do proceso mediante o uso de robótica industrial e visión artificial A solución propón tres eixes principais: a optimización do proceso de paletizado e empacado de caixas mediante brazos robóticos de Yaskawa, o deseño e implementación de modelos de visión artificial con cámara OAK-D e o algoritmo YOLOv8, e a automatización da xeración de etiquetas GS1128 para o control loxístico. Os resultados obtidos validan a viabilidade técnica da proposta e evidencian a súa aplicabilidade directa nun entorno industrial real.
Dirección
FERNANDEZ VIDAL, XOSE RAMON (Titoría)
FERNANDEZ VIDAL, XOSE RAMON (Titoría)
Tribunal
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
CUESTA GARCIA, TOMAS SERAFIN (Presidente/a)
GONZALEZ GARCIA, MIGUEL ANGEL (Secretario/a)
GARCIA POLO, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
CUESTA GARCIA, TOMAS SERAFIN (Presidente/a)
GONZALEZ GARCIA, MIGUEL ANGEL (Secretario/a)
GARCIA POLO, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
Estudo de competencia entre antibióticos e metais pesados polos sitios de adsorción de solos e materiais residuais.
Autoría
A.M.G.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
A.M.G.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
Data da defensa
09.07.2025 11:00
09.07.2025 11:00
Resumo
Parte do antibiótico administrado é excretada e acaba nas fosas de xurros e lodos EDAR, incorporándose posteriormente aos solos. Este proxecto investiga a competencia entre antibióticos (amoxicilina, trimetoprim, ciprofloxacino) e cobre ou arsénico, polos lugares de adsorción de seis solos e tres bioadsorbentes (cinza, cuncha de mexillón, cortiza de piñeiro). Realizáronse ensaios tipo Batch en sistemas simples (engadindo doses crecentes, de 25 a 600 micro mol L-1 de cada antibiótico individualmente) e competitivos (antibiótico con cobre ou arsénico nas mesmas concentracións). Nos solos, a AMX é o antibiótico con menor adsorción (inferior a 65%) e maior desorción (ata 50%) no sistema simple, pero a adsorción aumenta nos sistemas binarios grazas ao efecto sinérxico do cobre ou arsénico. Entre os bioadsorbentes, a cinza é o mellor para reter AMX, adsorbéndoa case irreversiblemente na súa totalidade. A taxa de adsorción do CIP en solos é a máis alta dos tres antibióticos, 80% a 100% en todos os sistemas, cunha desorción inferior ó 5% nas concentracións máis altas. A cortiza é altamente eficaz para reter o CIP, absorbéndoo case na súa totalidade (100%) e liberando cantidades mínimas en todos os sistemas. O TMP acada nos solos adsorcións superiores ao 90% no sistema simple e maiores ó 80% nos sistemas binarios nas concentracións máis altas, cunha baixa desorción (inferior a 20%), especialmente no primeiro. A cortiza volve ser o bioadsorbente máis efectivo, con alta adsorción (aproximadamente 100%) e baixa desorción (inferior a 5%). Os resultados dos sistemas binarios destacan que a baixas doses, cobre e arsénico ocupan os sitios de adsorción, competindo cos antibióticos; ao aumentar a dose, potencian a adsorción dos fármacos. A cinza sería un bioadsorbente eficaz para a AMX, e a cortiza para CIP e TMP. Estes residuos poderíanse utilizar para descontaminar augas ou potenciar a adsorción de algúns solos (principalmente AMX e TMP, pois CIP adsórbese case 100%).

NUÑEZ DELGADO, AVELINO Cotitoría
ALVAREZ RODRIGUEZ, ESPERANZA (Titoría)
FERNANDEZ SANJURJO, MARIA JOSEFA Cotitoría
NUÑEZ DELGADO, AVELINO Cotitoría
Tribunal
CABALEIRO SOBRINO, CRISTINA (Coordinador)
CABALEIRO SOBRINO, CRISTINA (Presidente/a)
CELA DABLANCA, RAQUEL (Secretario/a)
MERINO GARCÍA, AGUSTÍN (Vogal)

Rendementos e custes de colleitadoras e autocargadores forestais.
Autoría
R.M.V.
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (2ª ed)
R.M.V.
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (2ª ed)
Data da defensa
08.07.2025 09:00
08.07.2025 09:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao de Enxeñaría Forestal e do Medio Natural é un estudo técnico que ten como finalidade comparar e analizar a produtividade e os custos de catro máquinas forestais: un autocargador Ponsse de 13 toneladas, un autocargador John Deere de 15 toneladas, unha colleitadora John Deere 1470E e unha excavadora Volvo adaptada á colleitadora forestal. Deseñouse unha aplicación móbil que permitiu cronometrar os tempo que dedica cada máquina ás operacións produtivas e a outras accións complementarias. Ademais diso, medíronse os volumes de diferentes pezas de madeira que permitiron cubicar cada extracción de madeira da parcela por parte dos autocargadores. A partir da extracción por parte do autocargador, púidose determinar a densidade de cada especie aproveitada na parcela, mediante o peso dos camións con destino á fábrica. Realizouse un estudo de custos para cada máquina que permitiu predicir a produtividade e os custos de cada combinación de máquinas que realiza o aproveitamento. Os resultados sinalaron que as máquinas máis produtivas eran a colleitadora John Deere 1470E (28,91 m3/h) e o autocargador Ponsse ELK (23,86 m3/h) cuns custos de produción de 2,01 €/m3 e 2,72 €/m3 respectivamente.

Bueno Lema, Javier (Titoría)
Bueno Lema, Javier (Titoría)
Tribunal
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
PEREIRA GONZALEZ, JOSE MANUEL (Secretario/a)
DUGO PATON, MAXIMO ANTONIO (Vogal)

Análise dos danos causados polo Lobo Ibérico (Canis Lupus) no gando vacún do Principado de Asturias. Compoñentes Económicas e Sociais.
Autoría
A.O.C.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
A.O.C.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
Data da defensa
07.07.2025 12:15
07.07.2025 12:15
Resumo
Este TFG analiza varios aspectos relacionados co conflito lobo-gando desde unha perspectiva puramente observacional, que ten como obxectivo caracterizar os elementos técnicos que poden empregarse para unha solución axeitada para o territorio do Principado de Asturias. O estudo realízase no contexto da inclusión da especie no LESRPE (Desesperación e Conservación do Sistema Nacional de Animais) en 2021 e a situación que existía antes da súa retirada en 2025 do listado. O estudo baséase en: i) análise das estatísticas oficiais do Principado de Asturias sobre os danos causados polo lobo ao gando e a evolución da poboación gandeira, así como outras estatísticas publicadas sobre o anterior por asociacións de produtores e outras fontes de datos; ii) análise da evolución dos prezos da escala de compensación por danos causados polo lobo ao gando no Principado de Asturias, comparados cos prezos de mercado e outros elementos técnicos obxectivos relacionados coa valoración económica dos danos ao gando; iii) enquisas realizadas entre o público en xeral en diferentes localidades de Asturias, así como entre gandeiros do Principado de Asturias, incluíndo comentarios libres con especial énfase en aspectos técnicos relevantes do tema en debate. Baseándose no anterior, realízanse algunhas propostas técnicas sobre aspectos relacionados coa xestión gandeira, utilizando as medidas preventivas propostas polo MITECO Nos últimos anos observouse un aumento da poboación de lobos, así como un aumento dos danos ao gando, que se agravou desde a inclusión do lobo no LESRPE. A dispoñibilidade de datos e a complexidade da súa comparación dificultaron o estudo, polo que se recomenda unha revisión dos sistemas de notificación para unha axeitada harmonización. Tamén se observou unha diverxencia entre as escalas de compensación de danos e os prezos de mercado ou matadoiro, o que supón un motivo de agravamento do conflito e de queixa no sector gandeiro. As medidas preventivas propostas polo MITECO foron avaliadas en detalle, estudando a súa aplicabilidade no terreo asturiano, tendo en conta a xestión gandeira, as razas, a topografía e outros factores determinantes. As enquisas realizadas mostran un rexeitamento á inclusión da especie no LESRPE entre a poboación xeral de Asturias, mesmo nas zonas máis urbanas, pero con maior énfase nos núcleos de poboación máis pequenos. Esta tendencia é máis pronunciada nas enquisas a gandeiros, onde se mostran as posicións máis extremas nas preguntas formuladas. O estudo presentado neste Proxecto Fin de Grao pode servir de base para deseñar medidas que se tomarán despois de que o lobo sexa excluído do LESRPE (Programa Rexional de Conservación Forestal). O obxectivo final é tender unha ponte entre as partes en conflito e desenvolver un modelo de xestión baseado na evolución da especie, tendo en conta o impacto na gandería e as características do medio ambiente asturiano.

PEREZ CRUZADO, CESAR (Titoría)
VAZQUEZ GONZALEZ, IBAN Cotitoría
Nores Quesada, Carlos Cotitoría
PEREZ CRUZADO, CESAR (Titoría)
VAZQUEZ GONZALEZ, IBAN Cotitoría
Nores Quesada, Carlos Cotitoría
Tribunal
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
GARCÍA ARIAS, ANA ISABEL (Secretario/a)
CARRAL VILARIÑO, EMILIO V. (Vogal)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
GARCÍA ARIAS, ANA ISABEL (Secretario/a)
CARRAL VILARIÑO, EMILIO V. (Vogal)
Implementación e Comparativa de Algoritmos para Sistemas de Triple Redundancia en Sensores de RPM
Autoría
P.P.S.
Grao en Robótica (2ªed)
P.P.S.
Grao en Robótica (2ªed)
Data da defensa
09.07.2025 09:00
09.07.2025 09:00
Resumo
A detección correcta das revolucións por minuto (RPM) do rotor dun UAV é fundamental para garantir a súa seguridade e estabilidade durante o voo. Este traballo aborda a necesidade de implementar un sistema de tripla redundancia baseado en sensores de efecto Hall para asegurar medicións fiables mesmo ante fallos individuais nos sensores. A metodoloxía inclúe o deseño do sistema, simulacións para avaliar o seu comportamento ante fallos e a implementación de algoritmos de detección de erros e fusión de datos, destacando o uso de Q-learning como o enfoque máis efectivo. Os resultados obtidos demostran que o sistema proposto mellora significativamente a fiabilidade das medicións, logrando identificar e xestionar fallos correctamente na maioría dos casos. Este deseño non só ofrece unha solución robusta a un desafío crítico, senón que tamén ten aplicacións potenciais noutros sistemas críticos dentro do ámbito aeronáutico.
A detección correcta das revolucións por minuto (RPM) do rotor dun UAV é fundamental para garantir a súa seguridade e estabilidade durante o voo. Este traballo aborda a necesidade de implementar un sistema de tripla redundancia baseado en sensores de efecto Hall para asegurar medicións fiables mesmo ante fallos individuais nos sensores. A metodoloxía inclúe o deseño do sistema, simulacións para avaliar o seu comportamento ante fallos e a implementación de algoritmos de detección de erros e fusión de datos, destacando o uso de Q-learning como o enfoque máis efectivo. Os resultados obtidos demostran que o sistema proposto mellora significativamente a fiabilidade das medicións, logrando identificar e xestionar fallos correctamente na maioría dos casos. Este deseño non só ofrece unha solución robusta a un desafío crítico, senón que tamén ten aplicacións potenciais noutros sistemas críticos dentro do ámbito aeronáutico.
Dirección
GARCIA POLO, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
GARCIA POLO, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
FERNANDEZ VIDAL, XOSE RAMON (Presidente/a)
ARIAS JORDAN, EFREN (Secretario/a)
BLANCO BESTEIRO, BEATRIZ (Vogal)
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
FERNANDEZ VIDAL, XOSE RAMON (Presidente/a)
ARIAS JORDAN, EFREN (Secretario/a)
BLANCO BESTEIRO, BEATRIZ (Vogal)
Implementación de estratexias para a transferencia de políticas de control entre robots.
Autoría
E.P.D.
Grao en Robótica (2ªed)
E.P.D.
Grao en Robótica (2ªed)
Data da defensa
08.07.2025 16:00
08.07.2025 16:00
Resumo
Actualmente, a robótica é cada vez máis relevante en todos os ámbitos, como o industrial, o sanitario ou o social, formando parte de moitos dos procesos que se levan a cabo. Neste contexto, é necesario obter comportamentos cada vez máis robustos e eficientes, conseguidos da maneira máis rápida posible. Porén, non sempre é posible realizar as probas e os experimentos necesarios por cuestións económicas ou polo tempo que se tarda. Ademais, pode que os datos recollidos en simulacións non sexan suficientes. Unha alternativa é poder transferir o comportamento que xa ten un robot A a un robot obxectivo B similar. En particular, o obxectivo final é poder transferir o coñecemento dun robot A a un robot B con características, sensores e actuadores diferentes, en contornas que poderían ter unha dinámica distinta, como a gravidade, o coeficiente de rozamento, a masa inercial, etc. Este traballo céntrase nesta cuestión.Ocomportamento cunha puntuación perfecta ou case perfecta do sistema A é transferido ao sistema obxectivo B, sen adestrar este último no novo contorno. Isto ten unha clara implicación: poder aforrar todo o aprendizaxe previo ou, polo menos, nos contornos máis complexos, achegar o adestramento ao obxectivo final. Isto último axuda ao adestramento posterior no contorno obxectivo, posto que hai unha transferencia previa de coñecemento do sistema A ao B.

Estudo Técnico para a definición de propiedade e planificación de aproveitamentos no monte de San Tomé (Cervantes)
Autoría
D.P.B.
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (2ª ed)
D.P.B.
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (2ª ed)
Data da defensa
07.07.2025 11:30
07.07.2025 11:30
Resumo
O presente traballo aborda de maneira detallada a evolución histórica, xurídica, territorial e funcional do monte de San Tomé de Cancelada, pertencente ao concello de Cervantes, na provincia de Lugo. O documento parte dunha revisión documental exhaustiva que inclúe fontes históricas fundamentais como o apeo do Igrexario de San Tomé de 1727, onde se delimitan claramente os lindeiros tradicionais do monte e se recolle a estrutura social das casas que tiñan a obriga de pagar rendas ao cura. Ademais, analízanse as actas de redención foral do ano 1855, nas cales se acredita que, como consecuencia da desamortización de Mendizábal, os veciños puideron consolidar xuridicamente os seus dereitos posesorios mediante o pagamento único para acceder a propiedade plena da terra. A través destes documentos, xunto con cartografía histórica, fotografías aéreas e testemuños veciñais, reconstruíuse o esquema de propiedade colectiva baseado no sistema tradicional de cotas ou varas por casa polas cales se realizaba o fabeo no monte. Identificouse tamén o proceso posterior de fragmentación e confusión xurídica derivado da expropiación parcial por parte do Patrimonio Forestal do Estado e da clasificación inadecuada dalgunhas parcelas como Monte Veciñal en Man Común (MVMC). O estudo propón unha folla de ruta viable para a recuperación legal e funcional do monte de San Tomé como monte de varas, baseada na desclasificación dos MVMC incoherentes, a delimitación actualizada do perímetro tradicional e a regularización das cotas de participación entre as casas da aldea. Destácase tamén o potencial económico dunha parcela repoboada con Pinus pinaster, que pode ser aproveitada a curto prazo para financiar os custos técnicos, legais e administrativos do proceso, incluíndo a futura redacción dun plan de ordenación forestal multifuncional. Este traballo constitúe unha ferramenta clave para que a comunidade de San Tomé poida recuperar os seus dereitos históricos, fortalecer a cohesión veciñal e garantir un modelo de xestión sostible e adaptado á realidade socioeconómica actual.

DIAZ VARELA, EMILIO RAFAEL (Titoría)
DIAZ VARELA, EMILIO RAFAEL (Titoría)
Tribunal
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
RODRÍGUEZ SOALLEIRO, ROQUE (Secretario/a)
Rojo Alboreca, Alberto (Vogal)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
RODRÍGUEZ SOALLEIRO, ROQUE (Secretario/a)
Rojo Alboreca, Alberto (Vogal)
Implementación de AGV e almacén automático para permitir trazabilidade en Fibranor.
Autoría
X.R.D.
Grao en Robótica (2ªed)
X.R.D.
Grao en Robótica (2ªed)
Data da defensa
10.07.2025 09:00
10.07.2025 09:00
Resumo
Este Traballo Fin de Grao aborda a automatización do fluxo de taboleiros entre a zona de melaminas e as multiserras na planta de Fibranor, co obxectivo de implantar un almacén automático intermedio e un vehículo guiado automaticamente (AGV) que garantan trazabilidade total ao produto desde a aplicación de melaminas ata a saída cara ao envío . Na primeira fase realízase unha análise detallada do estado actual, identificando limitacións no apilamento manual, na manipulación con carretillas e na falta de control sobre as condicións de humidade e a orde de proceso (FIFO) . A continuación, estúdianse diversas tecnoloxías de AGV (tipo tugger, plataforma, carretilla e transfer) e métodos de guiado (SLAM, láser, RFID, visión), seleccionando finalmente unha configuración baseada en navegación SLAM e planificación incremental D* Lite para garantir flexibilidade e reacción a cambios no entorno dinámico . No apartado de materiais e métodos diseñase a arquitectura do sistema: puntos de carga e descarga, zonas de seguridade, integración co SGA e protocolos de comunicación vía WLAN. Empréganse ferramentas de simulación en Python (SimPy) con datos reais de produción para validar o rendemento do AGV, das vagonas e do almacén en diferentes escenarios . Os resultados mostran que un único AGV é suficiente para a maior parte da carga estándar, optimízase o uso do espazo dispoñible (sendo 7 niveis de estantes a configuración óptima) e mellórase a seguridade e a calidade do produto ao cumprir as funcións de entrada, almacenado, entrega ás multiserras e retorno de tapas cunha orde cronolóxica e sen manipulación manual excesiva . Nas conclusións sublíñase que a solución proposta supera as limitacións iniciais, reduce riscos de danos e permite un seguimento exhaustivo de cada paquete, ademais de ofrecer liñas de mellora futura na extensión do sistema e na optimización de costes .

Avaliación preliminar das intervencións antrópicas sobre os ecosistemas da chaira de inundación do Río Estorãos en Ponte de Lima, Portugal.
Autoría
I.R.V.
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (2ª ed)
I.R.V.
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (2ª ed)
Data da defensa
08.07.2025 09:45
08.07.2025 09:45
Resumo
Este documento corresponde co Traballo de fin de Grao de Enxeñería Forestal e do Medio Natural e xurde como un documento de apoio ós traballos realizados polo proxecto transnacional LIFE Fluvial. Realízase na planicie de inundación do Río Estorãos en Ponte de Lima, Portugal, e o seu fin é avaliar como afectaron as diferentes intervencións e actuacións antrópicas sobre as distintas cubertas vexetais identificadas e sobre o solo do enclave. Con el tamén se pretende poñer en valor a importancia dos hábitats dulceacuícolas e os ecosistemas cos rodean, así como concienciar sobre a perda de biodiversidade, a maior presenza de invasións biolóxicas e a necesidade de manter e conservar os ecosistemas de alto valor ecolóxico. Esta avaliación realizarase a partir dun inventario florístico no que se identificarán as diferentes especies presentes en cinco locais representativos, así como diversas as coberturas, estratos de vexetación… Ademais, complementarase cun estudo do solo, no que se identificarán as diferentes propiedades morfolóxicas, físicas e químicas.

MERINO GARCÍA, AGUSTÍN (Titoría)
MERINO GARCÍA, AGUSTÍN (Titoría)
Tribunal
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
REAL RODRIGUEZ, CARLOS (Secretario/a)
DIAZ VARELA, EMILIO RAFAEL (Vogal)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
REAL RODRIGUEZ, CARLOS (Secretario/a)
DIAZ VARELA, EMILIO RAFAEL (Vogal)
Desenvolvemento dun prototipo para un axente conversacional intelixente autónomo que permita estudar a soidade nas persoas maiores aplicando técnicas de intelixencia artificial.
Autoría
B.R.F.
Grao en Robótica (2ªed)
B.R.F.
Grao en Robótica (2ªed)
Data da defensa
19.02.2025 12:00
19.02.2025 12:00
Resumo
A soidade social é a sensación xerada polo illamento ou a falta de pertenza a un grupo, o que é independente da cantidade de interaccións sociais que unha persoa poida ter. Investigacións demostraron que a soidade presenta unha distribución en forma de U, onde os niveis máis altos acádanse na adolescencia e pasados os 80 anos. Unha serie de estudos expuxeron que a pandemia situou a existencia da soidade en persoas maiores no 28,6% e o illamento social no 31,2%, sendo uns valores cando menos alarmantes. Unha das razóns do crecemento da soidade social son os escasos servizos de saúde mental e terapeutas experimentados cos que contamos hoxe en día; tampouco axuda que sexan tratamentos que poden ser custosos ou as restricións xeográficas dalgunhas zonas illadas, que dificultan en gran medida o acceso a estes servizos. En contraposición, o uso de intelixencias artificiais como os asistentes virtuais para o estudo de técnicas que permitan detectar estes casos está en aumento e é un campo en constante crecemento, empregando procesamento de texto, imaxes ou audio. O incremento do uso e investigación deste tipo de ferramentas neste sector foi en gran medida posible grazas á expansión da tecnoloxía na actualidade, o que favorece a posibilidade de chegar a un maior número de posibles afectados, aínda que a día de hoxe o número de proxectos que abordan este ámbito segue sendo bastante limitado. Este proxecto propón o desenvolvemento dunha solución que permita realizar cribados masivos para detectar síntomas de soidade social. O proxecto consiste nun prototipo dun axente conversacional intelixente que sexa capaz de aplicar a escala de soidade social Este II interactuando co usuario mediante unha conversa fluída, aceptando variedade de respostas e xerando unha valoración final sobre os resultados do test. O proxecto desenvolveuse e probouse na ferramenta do entorno de AWS chamada Amazon Lex, ademais de contar cunha implementación en Facebook Messenger e Slack. Os resultados demostran que é unha ferramenta capaz de ofrecer apoio aos profesionais da saúde á hora de realizar un cribado sobre o estado de soidade nos usuarios.

VALLADARES RODRIGUEZ, SONIA MARIA (Titoría)
VALLADARES RODRIGUEZ, SONIA MARIA (Titoría)
Tribunal
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Presidente/a)
FERNANDEZ PICHEL, MARCOS (Secretario/a)
VAZQUEZ ALVAREZ, ALVARO (Vogal)
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Presidente/a)
FERNANDEZ PICHEL, MARCOS (Secretario/a)
VAZQUEZ ALVAREZ, ALVARO (Vogal)
Estudo Técnico da Viabilidade Económica do cultivo de Arnica montana na parroquia de San Pedro de Labrada (Abadín)
Autoría
M.R.C.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
M.R.C.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
Data da defensa
09.07.2025 10:00
09.07.2025 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo avaliar a viabilidade económica do cultivo de Arnica montana nunha parcela de 2.500 m2 situada en O Vilar, parroquia de San Pedro de Labrada (Abadín). Trátase dun cultivo experimental iniciado en 2014 con sementes recollidas en poboacións espontáneas da contorna, e que agora, tras case unha década, permite extraer conclusións baseadas en datos reais. A Arnica montana é unha planta endémica coñecida polas súas propiedades medicinais, con alta demanda na industria farmacéutica e cosmética natural. A súa singularidade en Galicia reside na diferente proporción e variedade de principios activos respecto doutras rexións europeas e que representan unha vantaxe competitiva polas súas características hipoalerxénicas. O traballo integra análises edafoclimáticas da zona e prácticas agronómicas aplicadas neste cultivo e modelización económica para determinar a rendibilidade da explotación. Ademais, compáranse os resultados con outras experiencias semellantes e analízanse os riscos asociados. O estudo pretende contribuír ao desenvolvemento rural sustentable mediante o aproveitamento de recursos locais pouco explotados.
Este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo avaliar a viabilidade económica do cultivo de Arnica montana nunha parcela de 2.500 m2 situada en O Vilar, parroquia de San Pedro de Labrada (Abadín). Trátase dun cultivo experimental iniciado en 2014 con sementes recollidas en poboacións espontáneas da contorna, e que agora, tras case unha década, permite extraer conclusións baseadas en datos reais. A Arnica montana é unha planta endémica coñecida polas súas propiedades medicinais, con alta demanda na industria farmacéutica e cosmética natural. A súa singularidade en Galicia reside na diferente proporción e variedade de principios activos respecto doutras rexións europeas e que representan unha vantaxe competitiva polas súas características hipoalerxénicas. O traballo integra análises edafoclimáticas da zona e prácticas agronómicas aplicadas neste cultivo e modelización económica para determinar a rendibilidade da explotación. Ademais, compáranse os resultados con outras experiencias semellantes e analízanse os riscos asociados. O estudo pretende contribuír ao desenvolvemento rural sustentable mediante o aproveitamento de recursos locais pouco explotados.
Dirección
VAZQUEZ GONZALEZ, IBAN (Titoría)
VAZQUEZ GONZALEZ, IBAN (Titoría)
Tribunal
CABALEIRO SOBRINO, CRISTINA (Coordinador)
CABALEIRO SOBRINO, CRISTINA (Presidente/a)
VALDES PAÇOS, BERNARDO (Secretario/a)
LOPEZ MOSQUERA, MARIA ELVIRA (Vogal)

Análise de seguridade e desenvolvemento de sistema de detección de fallos en sensores de RPM con tripla redundancia.
Autoría
C.R.F.
Grao en Robótica (2ªed)
C.R.F.
Grao en Robótica (2ªed)
Data da defensa
09.07.2025 09:00
09.07.2025 09:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao céntrase no deseño e análise dun sistema de detección de fallos en sensores de RPM (revolucións por minuto) con tripla redundancia, apli cado a UAVs (vehículos aéreos non tripulados). O obxectivo principal é garantir a f iabilidade e seguridade da medición de RPM, unha variable crítica para o control devoo,medianteaimplementacióndunsistemaquecombinehardwareredundante e algoritmos avanzados de detección de fallos. A validación realizouse mediante simulacións con datos basados en mostras reais de RPM,empregandoalgoritmos comofiltros de Kalman, filtro de partículas, media robusta e redes neuronais. A rede neuronal complexa destacou como a máis precisa e robusta, cunha desviación media mínima e sen falsos positivos.

BOULLON MAGAN, MARCOS (Titoría)
BOULLON MAGAN, MARCOS (Titoría)
Tribunal
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
FERNANDEZ VIDAL, XOSE RAMON (Presidente/a)
ARIAS JORDAN, EFREN (Secretario/a)
BLANCO BESTEIRO, BEATRIZ (Vogal)
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
FERNANDEZ VIDAL, XOSE RAMON (Presidente/a)
ARIAS JORDAN, EFREN (Secretario/a)
BLANCO BESTEIRO, BEATRIZ (Vogal)
Ampliación da Zona Industrial das Gándaras colindante con el sector IN-F de Lugo (zona noreste)
Autoría
D.R.A.
Grao en Enxeñaría Civil (2ªed)
D.R.A.
Grao en Enxeñaría Civil (2ªed)
Data da defensa
09.07.2025 12:00
09.07.2025 12:00
Resumo
Este proxecto achega unha nova visión da ordenación, parcelación e urbanismo xa propostos e aprobados, pero non completamente executados, no Plan Sectorial Industrial do Parque Empresarial de As Gándaras (termo municipal de Lugo). Preséntase toda a información que atinxe á nova proposta, incluíndo os planos da zona, que é a denominada UZPI-1.I. O citado proxecto consta dun total de 9 fases de urbanización, cun ámbito bruto de 2,1 millóns de metros cadrados, dos que a metade serán destinados a acoller 268 parcelas de uso industrial. A zona de traballo que abarca o proxecto ten unha superficie en planta de 711.585,47 m2, o que equivale aproximadamente a 71,16 hectáreas, sendo as coordenadas do centro xeométrico da área de traballo as seguintes: 43º 02´ 28´´ N e 7º 31´ 10´´ O. O proxecto contén un documento en formato Excel no que se atopa a edificabilidade relativa máxima descomposta en subámbitos, onde se expón a ocupación máxima, a edificabilidade máxima e o número máximo de plantas que se propoñen para a zona. O proxecto engloba unha proposta de redes de servizos (gas, auga, electricidade, telecomunicacións, etc.) que se apoian nos servizos presentes na zona xa executada, dado que, como se dá a coñecer no título do proxecto, se trata dunha ampliación e non da creación de novas infraestruturas. Para finalizar, preséntanse os Planos que describen graficamente o traballo, e o Orzamento de execución material do proxecto, coa suma dos cómputos da obra, que será de 24.409.993,72 €.

IGLESIAS RODRIGUEZ, MARIO (Titoría)
FUENTES FAILDE, PABLO Cotitoría
IGLESIAS RODRIGUEZ, MARIO (Titoría)
FUENTES FAILDE, PABLO Cotitoría
Tribunal
LOPEZ MOREIRA, IVAN (Coordinador)
LOPEZ MOREIRA, IVAN (Presidente/a)
NUÑEZ TEMES, CARLOS (Secretario/a)
CASTRO PONTE, ALBERTE (Vogal)
LOPEZ MOREIRA, IVAN (Coordinador)
LOPEZ MOREIRA, IVAN (Presidente/a)
NUÑEZ TEMES, CARLOS (Secretario/a)
CASTRO PONTE, ALBERTE (Vogal)
Proxecto de construción dunha nave de xestación porcina en grupo e fosa de purín en Abegondo ( A Coruña).
Autoría
L.R.S.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
L.R.S.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
Data da defensa
10.07.2025 11:00
10.07.2025 11:00
Resumo
O presente proxecto ten como finalidade a construción dunha nave de xestación porcina en grupo e fosa de purín en Abegondo (A Coruña), no cal o obxectivo principal será deseñar, dimensionar e calcular a construción da nave e das súas instalacións, conforme a normativa vixente para o desenvolvemento desta actividade. Esta nova construción albergara a 800 porcas xestantes, xa que as instalacións existentes non son axeitadas para os animais albergados na explotación (benestar animal), a cal estará dotada de todas as instalacións necesarias e de todos os equipamentos para obter unha máxima produción, sendo o seu principal obxectivo acadar o maior benestar animal, o cal é o motivo fundamental polo que se levará a cabo este proxecto. As parcelas empregadas neste proxecto están no polígono 7 nas parcelas 442 e 439, situadas na localidade de Abegondo (A Coruña). Ambas parcelas son propiedade do promotor do proxecto. As instalacións que se levarán a cabo será unha nave de 108,40 m de lonxitude e 24,40 m de luz e unha cisterna de purín totalmente estanca, que terá 31,80 x 31,08 x 1,60 (profundidade), o que nos da un 1581,35 m3 de capacidade. As nais xestantes entrarán nas novas instalacións, procedentes das instalacións existentes (situación inicial), cun mínimo de 250 días e cun PV mínimo de 140 Kg. Na nave de nova construción estará dividida en currais de 50 animais, e as porcas permanecerán nas instalacións un período de 80 días. Estas nais chegarán xa xestantes e marcharán das novas instalacións 7 días antes do parto, cara a nave de parideira. O ingreso das nais xestantes farase ao mesmo tempo cun peso e idade homoxénea (todo dentro todo fóra). Este sistema consiste en introducir aos animais ao mesmo tempo e cando remata o ciclo o grupo enteiro sae das instalacións, momento no que se levará a cabo o baleirado sanitario (limpeza e desinfección), deixando descansar antes de introducir un novo grupo. Neste proxecto avaliaremos as alternativas para o proceso, mediante os estudos da enxeñería do deseño, o proceso produtivo, a elaboración dun presuposto e a enxeñería de infraestruturas, obras e instalacións que sexan precisas. O presuposto por contrata estimamos que será de 827.363,90 € e estimarase que a obra dure 82 días laborables.

Sistema automático de adquisición, envío, almacenamento e visualización remota de sinais de presión e caudal de auga en cafeteiras espresso industriais de alta precisión.
Autoría
M.R.C.
Grao en Robótica (2ªed)
M.R.C.
Grao en Robótica (2ªed)
Data da defensa
09.07.2025 09:00
09.07.2025 09:00
Resumo
No presente Traballo de Fin de Grao desenvolveuse a evolución e mellora dun sistema de monitorización para máquinas de café espresso, partindo dun prototipo inicial. Estes dispositivos centranse en extraer resultados preliminares na adquisición de datos físicos durante a extracción do café, o proxecto céntrase en transformar ese sistema nun prototipo de segunda xeración, máis robusto, optimizado e orientado á integración en contornas reais. O obxectivo principal do traballo é permitir a visualización e análise en tempo real de variables clave no proceso de extracción, como a presión e o volume de auga empregados, proporcionando unha base sólida para o control e mellora da calidade. Para iso, desenvolveuse unha solución que recolle e procesa datos físicos, sincronizados e representados graficamente, permitindo a súa interpretación de maneira visual e cuantificable. Os datos recollidos son almacenados e organizados automaticamente, garantindo a súa trazabilidade e dispoñibilidade para usos posteriores. Entre as posibles aplicacións destaca a integración futura destes rexistros en sistemas intelixentes de análise, con vistas a optimizar o rendemento das máquinas de café mediante técnicas de aprendizaxe automática ou control adaptativo.
No presente Traballo de Fin de Grao desenvolveuse a evolución e mellora dun sistema de monitorización para máquinas de café espresso, partindo dun prototipo inicial. Estes dispositivos centranse en extraer resultados preliminares na adquisición de datos físicos durante a extracción do café, o proxecto céntrase en transformar ese sistema nun prototipo de segunda xeración, máis robusto, optimizado e orientado á integración en contornas reais. O obxectivo principal do traballo é permitir a visualización e análise en tempo real de variables clave no proceso de extracción, como a presión e o volume de auga empregados, proporcionando unha base sólida para o control e mellora da calidade. Para iso, desenvolveuse unha solución que recolle e procesa datos físicos, sincronizados e representados graficamente, permitindo a súa interpretación de maneira visual e cuantificable. Os datos recollidos son almacenados e organizados automaticamente, garantindo a súa trazabilidade e dispoñibilidade para usos posteriores. Entre as posibles aplicacións destaca a integración futura destes rexistros en sistemas intelixentes de análise, con vistas a optimizar o rendemento das máquinas de café mediante técnicas de aprendizaxe automática ou control adaptativo.
Dirección
BOULLON MAGAN, MARCOS (Titoría)
BOULLON MAGAN, MARCOS (Titoría)
Tribunal
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
FERNANDEZ VIDAL, XOSE RAMON (Presidente/a)
ARIAS JORDAN, EFREN (Secretario/a)
BLANCO BESTEIRO, BEATRIZ (Vogal)
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
FERNANDEZ VIDAL, XOSE RAMON (Presidente/a)
ARIAS JORDAN, EFREN (Secretario/a)
BLANCO BESTEIRO, BEATRIZ (Vogal)
Proxecto de construción dunha nave de 36x12 metros para o almacenamento de maquinaria agrícola en Setiglesias, Monterroso, Lugo.
Autoría
D.S.R.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
D.S.R.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
Data da defensa
18.02.2025 10:00
18.02.2025 10:00
Resumo
O obxectivo deste proxecto é a construción dunha nave para o almacenamento de maquinaria agrícola, na que se inclúe unha zona de aparcamento de apeiros, un aseo, unha oficina , unha zona de reparacións de maquinaria e unha zona de lavado para a maquinaria, a maiores dun depósito para o combustible. O promotor dispón dunha finca onde desexa emprazar o proxecto, que será unha nave de metálica de 36 m x 12 m, co cal non existirán pilares no medio da nave. Este deseño plantéxase porque se os pilares se atoparan no medio da nave dificultarían o labor de estacionamento da maquinaria.
O obxectivo deste proxecto é a construción dunha nave para o almacenamento de maquinaria agrícola, na que se inclúe unha zona de aparcamento de apeiros, un aseo, unha oficina , unha zona de reparacións de maquinaria e unha zona de lavado para a maquinaria, a maiores dun depósito para o combustible. O promotor dispón dunha finca onde desexa emprazar o proxecto, que será unha nave de metálica de 36 m x 12 m, co cal non existirán pilares no medio da nave. Este deseño plantéxase porque se os pilares se atoparan no medio da nave dificultarían o labor de estacionamento da maquinaria.
Dirección
Torres Labandeira, Manuel Luis (Titoría)
Torres Labandeira, Manuel Luis (Titoría)
Tribunal
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Coordinador)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Presidente/a)
BARRASA RIOJA, MARTIN (Secretario/a)
CARNERO LOPEZ, MATIAS (Vogal)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Coordinador)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Presidente/a)
BARRASA RIOJA, MARTIN (Secretario/a)
CARNERO LOPEZ, MATIAS (Vogal)
Nave de cebo para 100 becerros en Sarria (Lugo)
Autoría
A.S.G.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
A.S.G.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
Data da defensa
09.07.2025 13:00
09.07.2025 13:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo principal o deseño integral dunha explotación gandeira destinada ao cebo de xatos, cunha capacidade inicial para 100 cabezas de gando, empregando o sistema de cama fría como base para o manexo dos animais. Este sistema foi escollido polo promotor debido ás súas múltiples vantaxes fronte aos métodos tradicionais, tanto desde o punto de vista do benestar animal como da eficiencia operativa e económica. O proxecto contempla o deseño detallado de todas as infraestruturas necesarias para o correcto funcionamento da explotación, incluíndo, entre outros elementos fundamentais, os almacéns para forraxes, unha esterqueira para a xestión dos residuos orgánicos, unha zona de enfermería para o coidado sanitario dos animais, así como todas aquelas instalacións auxiliares que garantan o adecuado desenvolvemento do proceso produtivo. O promotor conta cunha parcela de terreo axeitada para a construción das instalacións e establece como requisitos fundamentais que a estrutura principal da explotación sexa metálica, facilmente ampliable, de xeito que se poida adaptar no futuro a novas necesidades produtivas ou cambios nas condicións da actividade. Así mesmo, dáse prioridade ao deseño de espazos confortables e funcionais, tanto para o manexo e benestar dos animais como para a comodidade e seguridade das persoas encargadas da súa atención diaria. Este traballo supón, polo tanto, a planificación técnica dunha explotación moderna, racional e sustentable, adaptada aos estándares actuais de produción e benestar animal, tendo sempre en conta os condicionantes económicos, ambientais e normativos vixentes.
O presente Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo principal o deseño integral dunha explotación gandeira destinada ao cebo de xatos, cunha capacidade inicial para 100 cabezas de gando, empregando o sistema de cama fría como base para o manexo dos animais. Este sistema foi escollido polo promotor debido ás súas múltiples vantaxes fronte aos métodos tradicionais, tanto desde o punto de vista do benestar animal como da eficiencia operativa e económica. O proxecto contempla o deseño detallado de todas as infraestruturas necesarias para o correcto funcionamento da explotación, incluíndo, entre outros elementos fundamentais, os almacéns para forraxes, unha esterqueira para a xestión dos residuos orgánicos, unha zona de enfermería para o coidado sanitario dos animais, así como todas aquelas instalacións auxiliares que garantan o adecuado desenvolvemento do proceso produtivo. O promotor conta cunha parcela de terreo axeitada para a construción das instalacións e establece como requisitos fundamentais que a estrutura principal da explotación sexa metálica, facilmente ampliable, de xeito que se poida adaptar no futuro a novas necesidades produtivas ou cambios nas condicións da actividade. Así mesmo, dáse prioridade ao deseño de espazos confortables e funcionais, tanto para o manexo e benestar dos animais como para a comodidade e seguridade das persoas encargadas da súa atención diaria. Este traballo supón, polo tanto, a planificación técnica dunha explotación moderna, racional e sustentable, adaptada aos estándares actuais de produción e benestar animal, tendo sempre en conta os condicionantes económicos, ambientais e normativos vixentes.
Dirección
Torres Labandeira, Manuel Luis (Titoría)
Torres Labandeira, Manuel Luis (Titoría)
Tribunal
CABALEIRO SOBRINO, CRISTINA (Coordinador)
CABALEIRO SOBRINO, CRISTINA (Presidente/a)
Fernández Rodríguez, María Elena (Secretario/a)
PEREIRA GONZALEZ, JOSE MANUEL (Vogal)
CABALEIRO SOBRINO, CRISTINA (Coordinador)
CABALEIRO SOBRINO, CRISTINA (Presidente/a)
Fernández Rodríguez, María Elena (Secretario/a)
PEREIRA GONZALEZ, JOSE MANUEL (Vogal)
Análise do desempeño do modelo hidrolóxico SIMPA nas concas hidrográficas de Galicia
Autoría
D.S.P.
Grao en Enxeñaría Civil (2ªed)
D.S.P.
Grao en Enxeñaría Civil (2ªed)
Data da defensa
20.02.2025 10:00
20.02.2025 10:00
Resumo
No contexto de cambio climático actual, a planificación e caracterización dos recursos hídricos adquire unha elevada importancia na xestión da auga. Para a súa planificación dispoñemos de ferramentas como o modelo SIMPA, capaces de simular os diferentes procesos hidrolóxicos. Polo tanto, este estudo pretende avaliar, para o territorio de Galicia, o axuste entre as aportacións observadas en estacións de aforo e as aportacións simuladas polo modelo SIMPA para poder, despois, calibrar manualmente aquelas estacións que presenten un peor axuste. A auga é un recurso sensible ao cambio climático. Polo tanto, a través de modelos climáticos capaces de calcular variables hidrolóxicas no futuro, preténdese cuantificar os recursos hídricos existentes no río Miño ao seu paso por Lugo dentro do período comprendido entre os anos 2070 e 2100. Os resultados deste estudo permitirán avaliar a fiabilidade do modelo SIMPA para a predición de caudais mensuais en Galicia e xerar información valiosa para a toma de decisións na xestión da auga, contribuíndo a garantir a seguridade hídrica nun contexto de crecente incerteza climática.

DAFONTE DAFONTE, JORGE (Titoría)
CUESTA GARCIA, TOMAS SERAFIN Cotitoría
DAFONTE DAFONTE, JORGE (Titoría)
CUESTA GARCIA, TOMAS SERAFIN Cotitoría
Tribunal
LOPEZ MOREIRA, IVAN (Coordinador)
LOPEZ MOREIRA, IVAN (Presidente/a)
CARBALLO SANCHEZ, RODRIGO (Secretario/a)
TEIJEIRO RODRIGUEZ, MARIA TERESA (Vogal)

Revision das fichas dos tipos de habitat do grupo 9. Bosques do anexo I da DC 92/43/CEE existentes en Galicia
Autoría
A.S.M.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
A.S.M.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
Data da defensa
17.02.2025 16:45
17.02.2025 16:45
Resumo
Dende, en 2008, Ramil Rego et al. (2008) publicaron o Manual de Hábitats de Galicia, publicáronse numerosos traballos relacionados cos bosques de Galicia. En particular, este Traballo Fin de Carreira céntrase na revisión das fichas descritivas dos hábitats arborados incluídas no Anexo I da DC 92/43/CEE, co obxectivo de contribuír a mellorar os traballos de avaliación, planificación e xestión que se relacionan con estes tipos de hábitats de interese comunitario no territorio galego. A área de estudo deste estudo céntrase no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, que alcanza unha superficie de 29.576,74 km2. En canto á metodoloxía, revisáronse a gran maioría das publicacións que se realizaron neste período e recompilouse esta información para cada tipo de monte presente en Galicia en forma de fichas, que se achegan no anexo I deste traballo. A actualización da información das fichas coa información xa presente na versión antiga do Manual de hábitats de Galicia, como a que se foi xerando neste período de tempo, permitiu determinar as características do hábitat xunto coas distribución xeográfica, e estado de conservación entre outros aspectos.

RODRIGUEZ GUITIAN, MANUEL ANTONIO (Titoría)
RAMIL REGO, PABLO Cotitoría
RODRIGUEZ GUITIAN, MANUEL ANTONIO (Titoría)
RAMIL REGO, PABLO Cotitoría
Tribunal
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
REAL RODRIGUEZ, CARLOS (Secretario/a)
DIAZ VARELA, RAMON ALBERTO (Vogal)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
REAL RODRIGUEZ, CARLOS (Secretario/a)
DIAZ VARELA, RAMON ALBERTO (Vogal)
Deseño, Modelado, Simulación e Implementación dun Sistema Dinámico con Enfoque Artístico para Imitar o Movemento dun Péndulo mediante Motores
Autoría
S.S.R.
Grao en Robótica (2ªed)
S.S.R.
Grao en Robótica (2ªed)
Data da defensa
09.07.2025 16:00
09.07.2025 16:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao detalla o deseño, modelado, implementación e validación dun robot paralelo accionado por cables (CDPR) de dous graos de liberdade cun enfoque de arte cinética. O obxectivo principal foi crear un sistema interactivo onde un usuario pode debuxar unha traxectoria nunha interface web, que é posteriormente replicada por un péndulo motorizado. A arquitectura do sistema combina un controlador industrial Beckhoff (PLC) con TwinCAT 3 e comunicación EtherCAT, cun backend desenvolvido en Python que xestiona unha interface web e a comunicación a través do protocolo ADS. Para o control do robot implementouse un modelo de cinemática inversa. Ademais, desenvolveuse un xemelgo dixital en 3D para a monitorización e depuración en tempo real do sistema. Como resultado, construíuse un prototipo plenamente funcional que valida a arquitectura de control e comunicación de extremo a extremo. Non obstante, a fase de implementación revelou desafíos prácticos significativos: o mecanismo de referenciado automático deseñado inicialmente non puido ser implementado debido a restricións mecánicas imprevistas, adoptándose unha solución manual. Así mesmo, as probas funcionais evidenciaron unha falta de suavidade na execución das traxectorias, unha limitación clave para a calidade artística do movemento. O traballo conclúe que, aínda que o concepto é viable, requírense futuras melloras centradas na implementación de algoritmos de control de movemento máis avanzados (blending) e no redeseño de compoñentes mecánicos para solucionar os problemas atopados.

Monitorización da afluencia en tendas retail con sistemas de baixos recursos
Autoría
A.J.S.T.
Grao en Robótica (2ªed)
A.J.S.T.
Grao en Robótica (2ªed)
Data da defensa
08.07.2025 16:00
08.07.2025 16:00
Dirección
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Titoría)
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Titoría)
Tribunal
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
BOULLON MAGAN, MARCOS (Presidente/a)
FERNANDEZ PICHEL, MARCOS (Secretario/a)
GARCIA LORENZO, OSCAR (Vogal)
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
BOULLON MAGAN, MARCOS (Presidente/a)
FERNANDEZ PICHEL, MARCOS (Secretario/a)
GARCIA LORENZO, OSCAR (Vogal)
Avatiñ@. Deseño dun avatar robótico social e aberto para a telepresenza de alumnado escolar hospitalizado
Autoría
R.T.M.
Grao en Robótica (2ªed)
R.T.M.
Grao en Robótica (2ªed)
Data da defensa
09.07.2025 16:00
09.07.2025 16:00
Resumo
A ausencia prolongada da contorna escolar por motivos de saúde ten graves consecuencias no desenvolvemento académico, social e emocional do alumnado, xerando illamento e dificultades de reintegración. Aínda que existen solucións comerciais de telepresenza como o robot AV1, o seu elevado custo e natureza propietaria limitan drasticamente a súa accesibilidade. Este Traballo de Fin de Grao aborda este problema mediante o deseño, desenvolvemento e implementación de Avatiñ@, un robot de telepresenza social concibido desde unha filosofía radicalmente oposta: ser unha plataforma completamente aberta, alcanzable e personalizable. O obxectivo principal foi crear unha alternativa funcional e de baixo custo (estimado entre 100 e 200 euros) que democratice o acceso a esta tecnoloxía. Para iso, desenvolveuse un prototipo completo desde cero. O hardware baséase en compoñentes accesibles como unha Raspberry Pi 4 e alóxase nun innovador chasis impreso en 3D. Este chasis destaca polo seu sistema de ensamblaxe modular, tipo crebacabezas, que non require parafusos e facilita a súa montaxe e mantemento por persoal non técnico. A nivel de software, construíuse unha plataforma integral que consta de tres compoñentes: o software interno do robot, un servidor backend e unha intuitiva interface web que lle permite ao estudante controlar o robot, desprazarse pola aula e expresarse a través duns ollos animados mediante matrices LED. O resultado é un prototipo funcional e robusto, listo para unha fase inicial de probas, que demostra a viabilidade de crear solucións tecnolóxicas avanzadas cun enfoque social. Avatiñ@ non só representa un logro técnico, senón que se posiciona como unha ferramenta de alto impacto para mellorar a inclusión e a calidade de vida dos nenos hospitalizados, sentando as bases para unha futura comunidade de desenvolvemento que poida seguir ampliando o seu alcance.

IGLESIAS RODRIGUEZ, ROBERTO (Titoría)
IGLESIAS RODRIGUEZ, ROBERTO (Titoría)
Tribunal
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Presidente/a)
RAÑO NOAL, IGNACIO (Secretario/a)
NAGY , DANIEL (Vogal)
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Presidente/a)
RAÑO NOAL, IGNACIO (Secretario/a)
NAGY , DANIEL (Vogal)
Integración dun brazo colaborativo nun robot móbil mediante ROS
Autoría
I.V.A.
Grao en Robótica (2ªed)
I.V.A.
Grao en Robótica (2ªed)
Data da defensa
08.07.2025 16:00
08.07.2025 16:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo o desenvolvemento e integración dun sistema de control completo para o brazo colaborativo JAKA MiniCobo, montado sobre un robot móbil autónomo e xestionado mediante ROS (Robot Operating System). A solución proposta permite o control remoto conxunto de manipulación e navegación a través dunha interfaz web, complementada cunha visualización tridimensional do sistema en tempo real. A proposta enmárcase dentro dunha liña estratéxica da empresa colaboradora, orientada á creación de solu- cións robóticas móbiles e colaborativas (MoMa). A integración nun único sistema dos compoñentes de control do robot móbil e do cobot supón un avance significativo cara á automatización de tarefas como o transporte intelixente ou o picking móbil. O proxecto estrutúrase en varias fases: investigación do funcionamento do cobot e o seu control vía ROS, im- plementación do control básico, sincronización co sistema de navegación, desenvolvemento dunha interfaz web interactiva e integración de ferramentas de visualización 3D. Finalmente, realízanse probas completas e unha análise dos resultados para validar a solución proposta. Este traballo demostra a viabilidade de integrar manipulación e navegación nun sistema único, abrindo novas posibilidades no ámbito da robótica de servizos e industrial.
Este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo o desenvolvemento e integración dun sistema de control completo para o brazo colaborativo JAKA MiniCobo, montado sobre un robot móbil autónomo e xestionado mediante ROS (Robot Operating System). A solución proposta permite o control remoto conxunto de manipulación e navegación a través dunha interfaz web, complementada cunha visualización tridimensional do sistema en tempo real. A proposta enmárcase dentro dunha liña estratéxica da empresa colaboradora, orientada á creación de solu- cións robóticas móbiles e colaborativas (MoMa). A integración nun único sistema dos compoñentes de control do robot móbil e do cobot supón un avance significativo cara á automatización de tarefas como o transporte intelixente ou o picking móbil. O proxecto estrutúrase en varias fases: investigación do funcionamento do cobot e o seu control vía ROS, im- plementación do control básico, sincronización co sistema de navegación, desenvolvemento dunha interfaz web interactiva e integración de ferramentas de visualización 3D. Finalmente, realízanse probas completas e unha análise dos resultados para validar a solución proposta. Este traballo demostra a viabilidade de integrar manipulación e navegación nun sistema único, abrindo novas posibilidades no ámbito da robótica de servizos e industrial.
Dirección
FERNANDEZ VIDAL, XOSE RAMON (Titoría)
FERNANDEZ VIDAL, XOSE RAMON (Titoría)
Tribunal
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
BOULLON MAGAN, MARCOS (Presidente/a)
FERNANDEZ PICHEL, MARCOS (Secretario/a)
GARCIA LORENZO, OSCAR (Vogal)
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
BOULLON MAGAN, MARCOS (Presidente/a)
FERNANDEZ PICHEL, MARCOS (Secretario/a)
GARCIA LORENZO, OSCAR (Vogal)
Aplicación en Realidade Virtual para rehabilitación en persoas neurodexenerativas
Autoría
Y.V.P.
Grao en Robótica (2ªed)
Y.V.P.
Grao en Robótica (2ªed)
Data da defensa
11.07.2025 09:00
11.07.2025 09:00
Resumo
Consiste nunha aplicación de Realidade Virtual para a rehabilitación cognitiva e física de persoas con enfermidades neurodexenerativas. Desenvolveuse empregando o motor de videoxogos de Unity e as lentes Meta Quest 3. Este proxecto consiste na adaptación de test clásicos como os tests de Stroop e o exercicio de 5 sentadillas. Levouse a cabo unha proba piloto para a posterior análise dos datos, unha comparativa entre usuarios con e sen deterioro cognitivo.
Consiste nunha aplicación de Realidade Virtual para a rehabilitación cognitiva e física de persoas con enfermidades neurodexenerativas. Desenvolveuse empregando o motor de videoxogos de Unity e as lentes Meta Quest 3. Este proxecto consiste na adaptación de test clásicos como os tests de Stroop e o exercicio de 5 sentadillas. Levouse a cabo unha proba piloto para a posterior análise dos datos, unha comparativa entre usuarios con e sen deterioro cognitivo.
Dirección
VALLADARES RODRIGUEZ, SONIA MARIA (Titoría)
LAMA PENIN, MANUEL Cotitoría
VIDAL AGUIAR, JUAN CARLOS Cotitoría
VALLADARES RODRIGUEZ, SONIA MARIA (Titoría)
LAMA PENIN, MANUEL Cotitoría
VIDAL AGUIAR, JUAN CARLOS Cotitoría
Tribunal
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
CUESTA GARCIA, TOMAS SERAFIN (Presidente/a)
GONZALEZ GARCIA, MIGUEL ANGEL (Secretario/a)
GARCIA POLO, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
CUESTA GARCIA, TOMAS SERAFIN (Presidente/a)
GONZALEZ GARCIA, MIGUEL ANGEL (Secretario/a)
GARCIA POLO, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
Deseño dun sistema automatizado de caracterización e separación de residuos de construcción, RCDs
Autoría
A.V.V.
Grao en Robótica (2ªed)
A.V.V.
Grao en Robótica (2ªed)
Data da defensa
11.07.2025 09:00
11.07.2025 09:00
Resumo
Na actualidade xérase un gran volume de Residuos de Construcción e Demolición (RCD), cuxa taxa de reciclaxe é moi baixa. Por este motivo, o presente TFG ten como obxectivo deseñar un sistema automatizado de caracterización e separación de RCD segundo a súa tipoloxía mediante técnicas de visión artificial, aprendizaxe automática e robótica, co fin de mellorar a eficiencia no seu reciclado. A metodoloxía do proxecto inclúe a análise dos procesos actuais de xestión de RCD e das súas limitacións, a revisión do estado da arte nas tecnoloxías aplicables, e o desenvolvemento dun prototipo de sistema en simulación. Deseñouse e implementouse un sistema integrado empregando Robot Operating System (ROS), que combina un subsistema de visión artificial (cámara e algoritmos de aprendizaxe automática baseados en redes neuronais para recoñecer distintos materiais) cun brazo robótico manipulador capaz de clasificar os residuos segundo o tipo de material. A solución proposta valídase mediante simulacións, logrando identificar e clasificar automaticamente varios tipos de RCD (madeira, cerámica, xeso, formigón, mestura) nunha cinta transportadora, e accionando o robot para separalos en colectores diferenciados sen intervención humana.

Automatización Inteixente para o Picking de Mexilóns de Media Cuncha con Visión Dual e Robot FANUC
Autoría
M.V.A.
Grao en Robótica (2ªed)
M.V.A.
Grao en Robótica (2ªed)
Data da defensa
11.07.2025 09:00
11.07.2025 09:00
Resumo
Este traballo ten como obxectivo automatizar o proceso de recollida e colocación de mexillóns de media cuncha nunha liña de produción da industria alimentaria, utilizando un sistema baseado nun robot Fanuc LRM200iD, un sensor de detección e un PLC para o control da cinta transportadora. A pesar de que a idea inicial era desenvolver a solución co uso de cámaras de visión artificial, acabouse resolvendo co uso dunha fotocélula sincronizada cun PLC, así como cun variador para ter control sobre a cinta, e co robot para que execute a tarefa de pick and place, onde o obxectivo é que o robot coloque os mexillóns nunha bandexa, colocándoos boca arriba segundo o patrón definido. O proxecto inclúe a programación do robot industrial, o deseño das rutinas de control do sistema mediante PLC e a integración co sensor de detección, para garantir unha operación fiable e eficiente. Os resultados demostraron unha mellora significativa na precisión, velocidade e uniformidade do proceso, reducindo a intervención manual, a pesar de non mellorar a produtividade humana cos recursos dos que se dispoñía.
Este traballo ten como obxectivo automatizar o proceso de recollida e colocación de mexillóns de media cuncha nunha liña de produción da industria alimentaria, utilizando un sistema baseado nun robot Fanuc LRM200iD, un sensor de detección e un PLC para o control da cinta transportadora. A pesar de que a idea inicial era desenvolver a solución co uso de cámaras de visión artificial, acabouse resolvendo co uso dunha fotocélula sincronizada cun PLC, así como cun variador para ter control sobre a cinta, e co robot para que execute a tarefa de pick and place, onde o obxectivo é que o robot coloque os mexillóns nunha bandexa, colocándoos boca arriba segundo o patrón definido. O proxecto inclúe a programación do robot industrial, o deseño das rutinas de control do sistema mediante PLC e a integración co sensor de detección, para garantir unha operación fiable e eficiente. Os resultados demostraron unha mellora significativa na precisión, velocidade e uniformidade do proceso, reducindo a intervención manual, a pesar de non mellorar a produtividade humana cos recursos dos que se dispoñía.
Dirección
VALLADARES RODRIGUEZ, SONIA MARIA (Titoría)
PARDO SECO, FERNANDO RAFAEL Cotitoría
VALLADARES RODRIGUEZ, SONIA MARIA (Titoría)
PARDO SECO, FERNANDO RAFAEL Cotitoría
Tribunal
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
CUESTA GARCIA, TOMAS SERAFIN (Presidente/a)
GONZALEZ GARCIA, MIGUEL ANGEL (Secretario/a)
GARCIA POLO, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
CUESTA GARCIA, TOMAS SERAFIN (Presidente/a)
GONZALEZ GARCIA, MIGUEL ANGEL (Secretario/a)
GARCIA POLO, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
Estudo da rede de abastecemento de Rábade e proposta de melloras.
Autoría
P.V.A.
Grao en Enxeñaría Civil (2ªed)
P.V.A.
Grao en Enxeñaría Civil (2ªed)
Data da defensa
09.07.2025 13:00
09.07.2025 13:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao aborda o estudo do sistema de abastecemento de auga do municipio de Rábade, mediante a elaboración dun modelo hidráulico detallado, a estimación da demanda e a proposta de melloras estruturais. Identificáronse deficiencias relevantes asociadas ao envellecemento das conducións, a diversidade de materiais e a ausencia dunha planificación integral. Para avaliar posibles solucións, formulouse un escenario de demanda futura considerando a ocupación total do parque residencial. Simuláronse dúas alternativas: a Variante 1, centrada unicamente na renovación de conducións antigas, e a Variante 2, que engade un novo depósito de regulación. Ambas variantes foron avaliadas segundo criterios hidráulicos e normativos. Os resultados indican que, aínda que as dúas melloran o rendemento actual, só a Variante 2 garante un funcionamento estable, o cumprimento normativo e unha resposta adecuada ante situacións críticas. Por tanto, recoméndase esta última como solución definitiva para o sistema de abastecemento municipal.

CARBALLO SANCHEZ, RODRIGO (Titoría)
LOPEZ MOREIRA, IVAN Cotitoría
CARBALLO SANCHEZ, RODRIGO (Titoría)
LOPEZ MOREIRA, IVAN Cotitoría
Tribunal
LOPEZ MOREIRA, IVAN (Coordinador)
NUÑEZ TEMES, CARLOS (Presidente/a)
TEIJEIRO RODRIGUEZ, MARIA TERESA (Secretario/a)
CUESTA GARCIA, TOMAS SERAFIN (Vogal)