Proxecto de construción de nave para cebo de 1000 porcos en Barxa, Castro de Rei, Lugo
Autoría
J.S.L.
Máster Universitario en Enxeñaría Agronómica

Data da defensa
19.02.2025 11:00
19.02.2025 11:00
Resumo
O presente proxecto “Proxecto de construción de nave para cebo de 1000 porcos en Barxa, Castro de Rei, Lugo” ten como obxectivo deseñar e dimensionar todas as infraestruturas e instalacións necesarias para levar a cabo a ceba intensiva de 2.865 porcos ao ano e a xestión do xurro producido, cumprindo toda a normativa aplicable. A explotación situarase nas parcelas 94 e 95 do Polígono 5, en Barxa, no concello de Castro de Rei. As parcelas son propiedade do promotor e están catalogadas como Solo Rústico de Protección Agropecuaria. As construcións proxectadas son unha nave de 70 m x 15 m, cunha estrutura de pórticos triarticulados, excepto nos pórticos cabeceiros, nos que estará formada por pilares prefabricados e vigas cargadeiro. A nave presenta un anexo de 9,2 m x 3,4 m no que se instalará unha mesturadora de pensos e que dará acceso ao peirao de carga. O purín almacenarase en dúas cisternas flexibles cunha capacidade de 500 m3 cada unha que irán instaladas sobre unha soleira de 41 m x 18 m. Sobre a cuberta da nave de cebo montarase unha instalación solar fotovoltaica para producir boa parte da enerxía consumida na explotación. No proxecto realizarase o dimensionado e o deseño das instalacións de electricidade, fontanería, saneamento, ventilación, fotovoltaica e protección contra incendios. Tamén se levará a cabo un estudo básico de seguridade e saúde e outro de xestión de resíduos. O presuposto de execución por contrata ascende a 832.441,79 € e a duración estimada da execución será de 59 días laborais. O obxectivo do proxecto é conseguir unha explotación competitiva para o cebo de gando porcino, aplicando técnicas de explotación actualizadas e un manexo e sanidade óptimos, minimizando o impacto sobre o medio ambiente e maximizando o benestar animal.

Dirección
FERNANDEZ RODRIGUEZ, MARIA DOLORES (Titoría)
Besteiro Doval, Roberto Cotitoría

Tribunal
DIAZ VARELA, EMILIO RAFAEL (Coordinador)
DIAZ VARELA, EMILIO RAFAEL (Presidente/a)
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, MANUEL RAMIRO (Secretario/a)
Fernández Rodríguez, María Elena (Vogal)

Nave de Recría para 180 Novillas Holstein en Boqueixón
Autoría
J.J.C.M.
Máster Universitario en Enxeñaría Agronómica
J.J.C.M.
Máster Universitario en Enxeñaría Agronómica
Data da defensa
19.02.2025 13:00
19.02.2025 13:00
Resumo
Co presente proxecto preténdese a construcción dunha nave que dote o promotor das isntalacións axeitadas para realizar a práctica da recría de becerras Hosltein. Os principais obxectivos deste proxecto son: obter beneficio económico, o benestar animal e conseguir que os labores diarios na explotación sexan livianos e cómodos para os operarios. A parcela na que se executará o proxecto pertence a Lestedo, concello de Boqueixón, é propiedade do promotor. Ésta cumpre todos os requisitos urbanísticos, ten unha superficie de 14.696 m2, acceso por estrada asfaltada, suministro de auga municipal e de rede eléctrica. Neste traballo fixéronse os cálculos constructivos da nave, que terá unha estructura de formigón prefabricado excepto a cimentación, que será executada “in situ”. Calcularanse tamén todas as instalacións necesarias para o correcto funcionamento da explotación, como son: a instalación eléctrica, de fontanería, de saneamento e zootécnica. Realizaranse tamen os cálculos constructivos dunha fosa de purín e dunha esterqueira. A nave terá capacidade para 180 becerras e será completamente aberta, sen ningún cerramento lateral ou frontal a excepción das cancelas que delimitan os módulos nos que se encontran os animais. As becerras cas que se traballará serán da raza Holstein que serán propiedad do promotor. A súa alimentación basarase en leite, palla e penso. Os animais permanecerán na nave dende os 3 días de vida ata os 22 meses. No apartado económico, o proxecto inclue o presupuesto detallado de todos os seus costes de execución, que ascende despois de impostos a 694.013,23 €.

Fernández Rodríguez, María Elena (Titoría)
Fernández Rodríguez, María Elena (Titoría)
Tribunal
DIAZ VARELA, EMILIO RAFAEL (Coordinador)
DIAZ VARELA, EMILIO RAFAEL (Presidente/a)
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, MANUEL RAMIRO (Secretario/a)
MENDEZ LODOS, MANUEL (Vogal)

Proxecto dunha nave de recría de xovencas para produción de leite en Guitiriz (Lugo)
Autoría
X.C.R.
Máster Universitario en Enxeñaría Agronómica
X.C.R.
Máster Universitario en Enxeñaría Agronómica
Data da defensa
19.02.2025 12:00
19.02.2025 12:00
Resumo
O obxectivo deste traballo é proxectar unha nave que permita ao promotor realizar a recría de xovencas necesarias para explotación de gando vacún da que é titular buscando facilitar o manexo diario o máximo posible. No deseño desta terase en conta o benestar animal e o cow comfort. Ademais construiranse dous silos trincheira para almacenar forraxe para estes animais. O proxecto executarase na finca do promotor que está situada en Os Vilares (Guitiriz) e con referencia catastral 27022A161001320000FT, esta cumpre os requisitos urbanísticos esixidos para un proxecto desta índole. Conta cunha superficie de 2,44 hectáreas en Solo Rústico de Especial Protección Agropecuaria, nela atópanse todas as instalacións da gandaría e a zona onde se pretenden construír a nave e os silos está a pradeira. Na explotación traballase principalmente coas razas Frisoa e Jersey. Prestouse especial atención ao proceso produtivo considerando transcendental esta etapa da recría para o desenvolvemento da futura vaca leiteira. No traballo, para a nave fíxose un deseño das instalacións considerando as xovencas necesarias anualmente e para os silos valoráronse as forraxes que anualmente se almacenarán. Realizáronse os cálculos construtivos da estrutura que estará constituída por correas, piares, vigas e paneis de formigón prefabricados e da cimentación que será executada in situ. Tamén se fixeron os cálculos de todas as instalacións necesarias para un correcto funcionamento da nave. Os silos faranse con paneis de formigón prefabricado e contarán con instalación de saneamento horizontal. En canto á programación das obras, estímase que durarán un total de 66 días. Realizouse un presuposto detallado de todos os seus costes de execución que ascende a 525.974,39 €. Tamén se fixo unha avaliación económica-financieira.

Avaliación do tratamento do lume prescrito como ferramenta de xestión do combustible en toxais de Ulex europaeus na Comarca de Ordes (A Coruña)
Autoría
M.R.O.
Máster Universitario en Enxeñaría de Montes
M.R.O.
Máster Universitario en Enxeñaría de Montes
Data da defensa
20.02.2025 10:00
20.02.2025 10:00
Resumo
A poboación rural en Galicia, e por extensión en todo o país, experimentou un abandono demográfico progresivo e un envellecemento da súa estrutura de idade nas últimas tres ou catro décadas. Este fenómeno tivo un impacto directo na diminución de actividades como a explotación de recursos forestais, a cría extensiva de gando en zonas montañosas e o uso de pastizais. A falta de uso destas áreas rurais levou a unha acumulación significativa de material combustible, principalmente debido á expansión de masas densas de matogueiras pirófitas, como as especies pertencentes aos xéneros Ulex, Erica e Cytisus. Estas matogueiras, presentes tanto en áreas sen arborado como debaixo deste, son unha das principais causas da alta intensidade e virulencia dos lumes forestais en Galicia, cuxa extensión, densidade e risco aumentan cada ano. Poden ser implementadas diversas medidas para abordar este importante problema galego, incluíndo labores de prevención, concienciación e divulgación, tal como se establece na lexislación estatal (Lei 43/2003 de montes) e autonómica (Lei Orgánica 1/1981 de aprobación do Estatuto de Autonomía, Lei 3/2007 de Incendios Forestais de Galicia, Lei 7/2012 de Montes de Galicia ou o Plan anual de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais de Galicia). A silvicultura preventiva comprende un conxunto de accións dirixidas a aumentar a resistencia á propagación de lumes ao reducir a carga de combustible. Entre estas accións atopamos as queimas prescritas, unha ferramenta silvícola rápida, de baixo custo e efectiva que pode cambiar esta dinámica ao reducir o material combustible forestal con diversos obxectivos posibles. O obxectivo deste traballo é avaliar a efectividade e durabilidade no tempo do impacto do lume prescrito na redución da carga de combustible, así como no comportamento do lume potencial en matogueiras de Ulex europaeus na zona. Con vistas a anticipar e planificar accións fundamentais para prevenir e mitigar os efectos devastadores de lumes forestais potenciais. Este enfoque proactivo non só contribuirá á preservación do ecosistema, senón que tamén permitirá mellorar a capacidade de resposta e a xestión dos recursos forestais fronte a posibles emerxencias incendiarias.

RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Titoría)
OMIL IGNACIO, BEATRIZ Cotitoría
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Titoría)
OMIL IGNACIO, BEATRIZ Cotitoría
Tribunal
PEREZ CRUZADO, CESAR (Coordinador)
PEREZ CRUZADO, CESAR (Presidente/a)
RODRÍGUEZ SOALLEIRO, ROQUE (Secretario/a)
González Hernández, María del Pilar (Vogal)