Control baseado en visión 2D para procesos de embalaxe de madeira
Autoría
A.R.C.
Máster Universitario en Visión por Computador

Data da defensa
03.02.2025 13:00
03.02.2025 13:00
Resumo
Dentro da industria da madeira, a automatización das liñas de producción faise cada vez máis esencial para mellorar a eficiencia e reducir o traballo manual. Este proxecto aborda especificamente a automatización dunha liña de embalaxe de madeira seca mediante a integración de dous brazos robóticos ABB para a manipulación. Non obstante, o control de todas as variables do proceso nun entorno industrial real demostrou ser un reto. Para abordar este desafío, implementouse un sistema de control baseado en visión, utilizando unha cámara matricial 2D para verificar a posición e o estado de cada capa de táboas antes de ser manipuladas polos robots. Este sistema de visión é crucial para garantir a precisión e a fiabilidade do embalaxe, xa que detecta calquera desaliñamento ou defecto que poida comprometer a operación. Ao integrar a visión por computador, o sistema non só mellora a eficiencia global, senón que tamén incrementa significativamente a precisión e a seguridade do proceso. Este artigo presenta o deseño, a implementación e o impacto do sistema de visión no contexto máis amplo da automatización industrial.

Dirección
BREA SANCHEZ, VICTOR MANUEL (Titoría)
Ferreiro Miranda, José Miguel Cotitoría
BREA SANCHEZ, VICTOR MANUEL (Titoría)
Ferreiro Miranda, José Miguel Cotitoría
Tribunal
Cernadas García, Eva (Presidente/a)
Pardo López, Xosé Manuel (Secretario/a)
FLORES GONZALEZ, JULIAN CARLOS (Vogal)
Cernadas García, Eva (Presidente/a)
Pardo López, Xosé Manuel (Secretario/a)
FLORES GONZALEZ, JULIAN CARLOS (Vogal)
Sistema de Visión Artificial en Tempo Real para o Control de Calidade en Liñas de Embalaxe
Autoría
M.K.M.H.
Máster Universitario en Visión por Computador
M.K.M.H.
Máster Universitario en Visión por Computador
Data da defensa
03.02.2025 12:00
03.02.2025 12:00
Resumo
Este artigo presenta un sistema de visión artificial en tempo real implementado nunha liña de embalaxe de Financiera Maderera S.A., un fabricante líder español de produtos de madeira industrializada. O sistema aborda o reto de detectar caixas abertas nunha produción de alta velocidade. Conta cun sistema personalizado de adquisición de imaxes e procesamento de imaxes para identificar defectos. Integrado perfectamente na liña de embalaxe, o sistema alcanza unha precisión global do 99,89%, cunha precisión do 96,31% e unha recuperación do 96,56% para a detección de caixas abertas, todo en menos de 0,25 segundos por caixa. Estes resultados demostran o potencial do sistema para mellorar o control de calidade en aplicacións de liñas de embalaxe de alta velocidade en diversos sectores.
Este artigo presenta un sistema de visión artificial en tempo real implementado nunha liña de embalaxe de Financiera Maderera S.A., un fabricante líder español de produtos de madeira industrializada. O sistema aborda o reto de detectar caixas abertas nunha produción de alta velocidade. Conta cun sistema personalizado de adquisición de imaxes e procesamento de imaxes para identificar defectos. Integrado perfectamente na liña de embalaxe, o sistema alcanza unha precisión global do 99,89%, cunha precisión do 96,31% e unha recuperación do 96,56% para a detección de caixas abertas, todo en menos de 0,25 segundos por caixa. Estes resultados demostran o potencial do sistema para mellorar o control de calidade en aplicacións de liñas de embalaxe de alta velocidade en diversos sectores.
Dirección
BREA SANCHEZ, VICTOR MANUEL (Titoría)
Ferreiro Miranda, José Miguel Cotitoría
BREA SANCHEZ, VICTOR MANUEL (Titoría)
Ferreiro Miranda, José Miguel Cotitoría
Tribunal
Cernadas García, Eva (Presidente/a)
Pardo López, Xosé Manuel (Secretario/a)
FLORES GONZALEZ, JULIAN CARLOS (Vogal)
Cernadas García, Eva (Presidente/a)
Pardo López, Xosé Manuel (Secretario/a)
FLORES GONZALEZ, JULIAN CARLOS (Vogal)
Validación de heurísticas de deseño e escalado integrando externalidades ambientais
Autoría
A.P.C.
Máster Universitario en Enxeñaría Química e Bioprocesos
A.P.C.
Máster Universitario en Enxeñaría Química e Bioprocesos
Data da defensa
19.02.2025 10:45
19.02.2025 10:45
Resumo
As avaliacións temperás resultan de interese na validación da fiabilidade actual de heurísticas de deseño en enxeñería química ao anticipar a viabilidade técnica, económica e ambiental dun proxecto cunha perspectiva holística. O seu desenvolvemento depende do estado de madurez dunha tecnoloxía, polo que o presente documento aborda a súa aplicación a dous casos de estudo representativos. Inicialmente, proponse a comprobación da idoneidade do factor típico entre a relación de refluxo e o seu valor mínimo nunha columna de destilación cunha dobre análise nun sistema azeotrópico a gran escala nunha unidade de pratos, e de contacto por recheo nunha produción típica do sector de química fina. Nunha segunda avaliación, revísanse os métodos de escalado máis adecuados para unha hipotética fábrica industrial de polihidroxialcanoatos con cultivos microbianos mixtos e un substrato orgánico residual partindo de rexistros experimentais piloto. Os resultados obtidos na tecnoloxía madura demostraron un favorecemento a un punto de equilibrio entre a eficiencia de separación e custos operativos en relacións de refluxo máis baixas, abordando un maior investimento inicial para primar unha redución de emisións e gastos de proceso. En canto á casuística do sistema emerxente, as heurísticas de ampliación de enxeñería de procesos resultaron óptimas en termos de aplicabilidade e incerteza, mentres que a análise económica e de pegada de carbono sinalaron a conversión de acidificación, extracción do produto intracelular e o custo de adquisición de materias primas como as principais limitacións para a súa introdución no mercado.

HOSPIDO QUINTANA, ALMUDENA (Titoría)
MAURICIO IGLESIAS, MIGUEL Cotitoría
HOSPIDO QUINTANA, ALMUDENA (Titoría)
MAURICIO IGLESIAS, MIGUEL Cotitoría
Tribunal
GONZALEZ ALVAREZ, JULIA (Presidente/a)
FRANCO RUIZ, DANIEL JOSE (Secretario/a)
GONZALEZ GARCIA, SARA (Vogal)
GONZALEZ ALVAREZ, JULIA (Presidente/a)
FRANCO RUIZ, DANIEL JOSE (Secretario/a)
GONZALEZ GARCIA, SARA (Vogal)
Estudo microestructural de oleoxeis de aceite de oliva con quitosano e quitina a partir de emulsions pickering
Autoría
S.V.M.
Máster Universitario en Enxeñaría Química e Bioprocesos
S.V.M.
Máster Universitario en Enxeñaría Química e Bioprocesos
Data da defensa
19.02.2025 09:15
19.02.2025 09:15
Resumo
Un dos obxectivos principais da industria alimentaria actual es substituir as graxas prexudiciais para a saude por aceites ou graxas con propiedades organolepticas semellantes e cun bo perfil nutricional. Este traballo de fin de master estudia o desenvolvemento de oleoxeles a partir de aceites vexetais, especificamente de aceite de oliva. A emulsion xerase a partir dunha fase acuosa de quitosano como axente estruturante e vainillina, que ao reaccionar co quitosano, forma unha base de Schiff e crea unha rede tridimensional que atrapa o aceite. Ademais, incorporase quitina en forma de particulas para estabilizar a emulsion mediante o efecto Pickering. Posteriormente, elimínase a auga das emulsions mediante secado convectivo para obter unha emulsion seca, e tras a sua trituracion, obteñese o oleoxel final. O obxectivo principal deste traballo es estudar o impacto da concentracion de particulas de quitina, 0,5, 1,0, 1,5 e 2,0 por cento, sobre as propiedades da emulsion e do oleoxel, tanto en presenza como en ausencia de vainillina. Estudaronse as propiedades reoloxicas da emulsion mediante ensaios oscilatorios. Primeiro realizanse barridos de deformacion para determinar o rexime viscoelastico lineal das emulsions e logo midense os espectros mecanicos para observar a variacion dos modulos elastico e viscoso coa frecuencia. No oleoxel, analizaronse as propiedades reoloxicas mediante barridos de deformacion e frecuencia, ademais de ensaios de calidade como colorimetria, textura e retencion de aceite. Os ensaios reoloxicos amosaron que as emulsions presentaron un comportamento predominantemente viscoso a concentracions de quitina inferiores ao 1,5 por cento en peso, e que a concentracions maiores, o comportamento se invirte. O comportamento reoloxico das emulsions modelouse co modelo de Cross-Williamson para os sistemas sen quitina, e engadiuse un termo empirico en funcion da concentracion de particulas para os sistemas con quitina, o que permitiu obter un modelo valido de viscosidade complexa para o rango de concentracions ensaiadas. Tamén se analizou a distribucion do tamaño de gota das emulsions mediante imaxes de microscopia optica, observandose que o diametro das gotas diminuia coa concentracion de quitina. En canto aos oleoxeles, modelouse o secado convectivo a 70 graos Celsius usando o modelo de Page, verificando que a maior concentracion de quitina aumentaba o tempo de secado das emulsions. Ademais, observouse que as particulas de quitina desestabilizaban os oleoxeles, resultando nunha menor retencion de aceite nos sistemas con quitina. Ainda que a vainillina non tivo un efecto significativo na reoloxia das emulsions, a sua presenza no oleoxel final amosou unha mellora considerable nas propiedades determinadas. Isto debese as reaccions endotermicas entre os grupos amino e aldehido, favorecidas pola temperatura de secado. En xeral, ao aumentar a cantidade de quitina, a dureza do oleoxel diminúe, mentres que a sua adhesividade e elasticidade aumentan, alcanzando un maximo cunha concentracion de 1,5 por cento de quitina. A cohesividade permanece case inalterada. En conclusion, a presenza de particulas de quitina non mellora a calidade dos oleoxeles en comparacion cos sistemas sen particulas, pero si aumenta a estabilidade das emulsions, o que é relevante a nivel industrial.

MOREIRA MARTINEZ, RAMON FELIPE (Titoría)
SINEIRO TORRES, JORGE Cotitoría
MOREIRA MARTINEZ, RAMON FELIPE (Titoría)
SINEIRO TORRES, JORGE Cotitoría
Tribunal
GARRIDO FERNANDEZ, JUAN MANUEL (Presidente/a)
MAURICIO IGLESIAS, MIGUEL (Secretario/a)
GONZALEZ ALVAREZ, JULIA (Vogal)

Análise tecnoeconómico da reciclaxe encimática de PET utilizando encima inmovilizada
Autoría
L.G.G.
Máster Universitario en Enxeñaría Química e Bioprocesos
L.G.G.
Máster Universitario en Enxeñaría Química e Bioprocesos
Data da defensa
19.02.2025 11:15
19.02.2025 11:15
Resumo
Os plásticos, en especial o tereftalato de polietileno ou PET, transformaron a nosa sociedade, impulsando unha gran cantidade de avances, aínda que a súa produción masiva xerou graves problemas ambientais. Na actualidade, só unha pequena parte do plástico producido se recicla de maneira adecuada, polo que se require de solucións que permitan mellorar a xestión destes residuos. Neste estudo realízase unha análise tecnoeconómica da produción e aplicación de encimas degradativas de PET, expresadas tanto en forma encapsulada mediante nanoesferas como de forma libre. En concreto, proponse o deseño conceptual de dúas plantas industriais que inclúen as etapas de produción da bacteria E. coli na que se vai a producir a encima, separación e purificación da encima de interese, degradación do plástico residual e, finalmente, purificación dos produtos de reacción. Despois de analizar os custos e indicadores económicos dos casos basee expostos, estúdanse distintos escenarios nos que se modifican parámetros crave do proceso, como o rendemento de produción de microorganismos, o de produción de encimas e a porcentaxe de degradación do plástico. Os resultados indican que, aínda que non se alcanza a viabilidade económica en ningún dos casos propostos, a etapa limitante do proceso é a degradación do polímero. Unha vez identificado o punto crítico, finalízase expoñendo distintas opcións de mellora que permitan lograr a viabilidade económica a través da optimización do proceso e, consecuentemente, converter esta tecnoloxía nunha opción competitiva no mercado da reciclaxe do PET.

EIBES GONZALEZ, GEMMA MARIA (Titoría)
LU CHAU, THELMO ALEJANDRO Cotitoría
EIBES GONZALEZ, GEMMA MARIA (Titoría)
LU CHAU, THELMO ALEJANDRO Cotitoría
Tribunal
HOSPIDO QUINTANA, ALMUDENA (Presidente/a)
FRANCO RUIZ, DANIEL JOSE (Secretario/a)
GONZALEZ GARCIA, SARA (Vogal)
HOSPIDO QUINTANA, ALMUDENA (Presidente/a)
FRANCO RUIZ, DANIEL JOSE (Secretario/a)
GONZALEZ GARCIA, SARA (Vogal)
Oleoxeles de aceite de canola obtidos por metodo indirecto empregando carraxenina hibrida como axente estruturante
Autoría
C.I.G.
Máster Universitario en Enxeñaría Química e Bioprocesos
C.I.G.
Máster Universitario en Enxeñaría Química e Bioprocesos
Data da defensa
19.02.2025 10:15
19.02.2025 10:15
Resumo
Nas ultimas decadas o ser humano esta a facer un esforzo considerable por mellorar a sua saude e condicions de vida. Unha das vias para logralo esta relacionada cos habitos alimenticios. A substitucion de graxas satuadas por graxas insaturadas permite reducir as probabilidades de sufrir cardiopatías e sobrepeso. Con todo, as graxas saturadas posuen unha serie de caracteristicas mecanicas e organolepticas que non presentan os aceites. Poren, este traballo centrase na investigación de tecnicas de estruturación de aceites que consigan obter un pruduto final co mellor dos dous mundos. Levouse a cabo a preparacion e estudo de xeles de emulsion de aceite de canola empregando carraxenina hibrida como axente estruturante. Dito proceso pasa pola aplicación do metodo emulsion template, debido a dificultade de dispersion do aceite na fase acuosa que conten o axente xelificante. Pola sua parte, a carraxenina extraeuse da especia de alga Chondrus crispus mediante unha tecnica de inmersión en quente, asi como determinouse o seu peso molecular por viscosimetria capilar. A determinacion das propiedades mecanicas en diferentes condicions resulta fundamental. Por este motivo, realizaronse estudos reoloxicos sobre a emulsion e xeles que permiten relacionar ditas propiedades cá variación da concentración de carraxenina, sal e a proporción aceite agua, así como determinar a termoreversibilidade e fenomenos de histerese nos xeles. Por outro lado, tendo en conta as potenciais aplicacion na industria alimentaria e farmaceutica, realizaronse probas de retencion de aceite e auga, textura e cor, enmarcadas dentro dun proceso de control de calidade, e cuxos resultados mostraron relación ca reoloxia. Os resultados obtidos son prometedores, gracias os cales, planteanse futuros retos de cara a conseguir que o uso destes xeles a nivel industrial se acade nun corto prazo

SINEIRO TORRES, JORGE (Titoría)
MOREIRA MARTINEZ, RAMON FELIPE Cotitoría
SINEIRO TORRES, JORGE (Titoría)
MOREIRA MARTINEZ, RAMON FELIPE Cotitoría
Tribunal
GONZALEZ ALVAREZ, JULIA (Coordinador)
GARRIDO FERNANDEZ, JUAN MANUEL (Presidente/a)
GONZALEZ GARCIA, SARA (Secretario/a)

Análise tecnoeconómica e medioambiental dunha biorrefinería centrada na valorización de ósos de oliveira
Autoría
S.C.A.
Máster Universitario en Enxeñaría Química e Bioprocesos
S.C.A.
Máster Universitario en Enxeñaría Química e Bioprocesos
Data da defensa
19.02.2025 09:45
19.02.2025 09:45
Resumo
O cambio climático representa un desafío crucial para a agricultura, que afecta á dispoñibilidade de alimentos debido á variabilidade climática e ás alteracións dos patróns de precipitacións. A oliva é un dos principais cultivos do noso país, sendo España o maior produtor mundial tanto de oliva de mesa como de aceite de oliva. En concreto, en 2023 producíronse en España unhas 767.000 toneladas de aceite de oliva. O proceso de elaboración do aceite de oliva supón a xeración de fluxos de refugallo, como os huesos, ramas ou follas da oliveira, que en conxunto supoñen ata o 10 por cento do peso da oliva. Este estudo céntrase na procura dunha nova vida para estes residuos de acordo cos principios da economía circular. Para iso, levarase a cabo o deseño dunha biorrefinería para a valorización destes residuos segundo datos experimentais, procedendo tamén á súa simulación, identificarase o seu perfil ambiental e, finalmente, realizarase unha análise tecnoeconómica do sistema.

GONZALEZ GARCIA, SARA (Titoría)
GONZALEZ GARCIA, SARA (Titoría)
Tribunal
GARRIDO FERNANDEZ, JUAN MANUEL (Presidente/a)
MAURICIO IGLESIAS, MIGUEL (Secretario/a)
GONZALEZ ALVAREZ, JULIA (Vogal)
GARRIDO FERNANDEZ, JUAN MANUEL (Presidente/a)
MAURICIO IGLESIAS, MIGUEL (Secretario/a)
GONZALEZ ALVAREZ, JULIA (Vogal)
Avaliación da calidade da auga residual industrial tratada por ósmosis inversa e a súa viabilidade de reutilización
Autoría
A.L.D.L.T.
Máster Universitario en Enxeñaría Química e Bioprocesos
A.L.D.L.T.
Máster Universitario en Enxeñaría Química e Bioprocesos
Data da defensa
19.02.2025 11:45
19.02.2025 11:45
Resumo
As augas residuais de orixe industrial constitúen un importante problema ambiental. Ademais dos residuos característicos de cada industria, todas elas, independentemente do sector, xeran augas residuais. Os vertidos industriais están suxeitos a unha normativa que establece os límites máximos para cada contaminante, así como un rango no que deben atoparse parámetros como o pH, a condutividade ou a temperatura. Non obstante, os caudais de vertido poden ser tan elevados que sigan supoñendo un problema, a pesar de cumprir todos os límites establecidos. Ademais, existe o problema da escaseza de recursos hídricos derivada do cambio climático, que afecta a comunidades e ecosistemas. Por iso, é crucial implementar políticas que minimicen o uso destes recursos naturais para garantir a súa sostibilidade. A fábrica de celulosa de Pontevedra conta cunha depuradora propia que trata as augas xeradas durante o seu proceso produtivo antes de seren vertidas á ría de Pontevedra. Coa intención de adiantarse ás problemáticas mencionadas, ampliouse recentemente o sistema de tratamento terciario engadindo unha etapa de osmose inversa, que permite recircular unha parte da auga tratada, reducindo considerablemente os caudais de auga fresca captada e de auga residual vertida. O obxectivo deste proxecto é analizar como mellora a calidade da auga tratada co sistema de osmose inversa e comprobar se realmente se asemella ao auga fresca que se alimenta ao proceso. Ademais, tendo en conta os problemas relacionados cos custos asociados a este sistema debido ao seu elevado consumo de enerxía, avaliaránse estes custos e estudaranse posibles solucións.

MOSQUERA CORRAL, ANUSKA (Titoría)
Raposo Fernández, Fernanda Cotitoría
MOSQUERA CORRAL, ANUSKA (Titoría)
Raposo Fernández, Fernanda Cotitoría
Tribunal
HOSPIDO QUINTANA, ALMUDENA (Presidente/a)
FRANCO RUIZ, DANIEL JOSE (Secretario/a)
GONZALEZ GARCIA, SARA (Vogal)
HOSPIDO QUINTANA, ALMUDENA (Presidente/a)
FRANCO RUIZ, DANIEL JOSE (Secretario/a)
GONZALEZ GARCIA, SARA (Vogal)
Predición de calidade na industria: Detección de taboleiros rebentados.
Autoría
A.F.G.
Máster Universitario en Tecnoloxías de Análise de Datos Masivos: Big Data
A.F.G.
Máster Universitario en Tecnoloxías de Análise de Datos Masivos: Big Data
Data da defensa
19.02.2025 10:00
19.02.2025 10:00
Resumo
Finsa é unha empresa adicada dende fai case cen anos á transformación industrial da madeira, deseñando e fabricando solucións nos sectores do hábitat e a construción. Este conxunto de solucións abarca materiais decorativos, materiais técnicos, chan laminado, mobles e compoñentes ou solucións en madeira sólida. Unha parte importante do proceso industrial de Finsa é a produción de taboleiro, tanto aglomerado como de fibra (MDF, ou taboleiro de densidade media). O seu proceso de fabricación é extremadamente complexo debido aos procesos físicos, químicos e ás complexas interaccións que xurden nel. Isto, sumado á variedade na carteira de produtos, provoca cambios continuos na produción, afectando á estabilidade no propio proceso. É por iso que en ocasións estes taboleiros, ante esta variabilidade do proceso, poden verse afectados por problemas de calidade xerándose distintos tipos de defectos, como por exemplo os rebentados. Asegurar o cumprimento coas especificacións técnicas e a calidade do produto é esencial. Con ese fin, instálanse diferentes dispositivos de medición ao largo do proceso. Actualmente, en gran parte das súas liñas de produción, Finsa dispón dun sensor que analiza o taboleiro á saída de prensa e indica se este aparece rebentado e debe por tanto ser desbotado. Sen embargo, este mecanismo non é completamente fiable en algunhas situacións por distintas problemáticas: suciedade, problemas de calibración... que fai que non esté operativo en todo momento. Por outra parte, a implantación desta tecnoloxía en fábrica é cara e complexa. Por todo isto, xurde a necesidade de dispoñer un modelo preditivo de taboleiro rebentado que funcione como 'sensor virtual' que sirva de apoio. Para realizalo, dispoñemos de centos de sinais de proceso rexistrados segundo a segundo. O estudo da viabilidade de este tipo de modelos preditivos aplicados ao problema dos rebentados á saída da prensa será o obxectivo principal deste TFM. Para isto, realizaranse varias aproximacións con distintos tipos de modelos, calcularemos as métricas obtidas polos mesmos; compararemos estes resultados e seleccionaremos aquel que presente a mellor solución. Se os resultados son favorables, o seguinte paso será levar o resultado á fábrica mediante a implementación dun cadro de mando que permita ver ao operario se o taboleiro está rebentado ou non para que poida tomar accións e minimizar o impacto do defecto.

MERA PEREZ, DAVID (Titoría)
CONDE LEBORAN, IVAN Cotitoría
MERA PEREZ, DAVID (Titoría)
CONDE LEBORAN, IVAN Cotitoría
Tribunal
VIDAL AGUIAR, JUAN CARLOS (Presidente/a)
Triñanes Fernández, Joaquín Ángel (Secretario/a)
AMEIJEIRAS ALONSO, JOSE (Vogal)

Impacto da base de datos de controis sans na cuantificación da imaxe PET cerebral
Autoría
E.F.Z.
Máster Universitario en Visión por Computador
E.F.Z.
Máster Universitario en Visión por Computador
Data da defensa
03.02.2025 11:00
03.02.2025 11:00
Resumo
A Tomografía por Emisión de Positrones (PET) é crucial na investigación neurolóxica e na práctica clínica, proporcionando información sobre o metabolismo cerebral, especialmente a través do uso de PET con [18F]FDG, que axuda no diagnóstico de condicións como a epilepsia. Aínda que a análise cuantitativa de PET pode mellorar a precisión diagnóstica, os seus resultados poden verse influenciados pola selección do conxunto de datos de control san (HC). Este estudo utiliza datos sintéticos xerados por SimPET para explorar como a base de datos de controis sans, adquirida en seis escáneres diferentes, impacta na análise cuantitativa de PET, co obxectivo de mellorar a robustez dos métodos de cuantificación clínica. Para avaliar o impacto da variabilidade entre escáneres, realizáronse análises baseadas tanto en VOI como en vóxeles, comparando unha base de datos sintética de pacientes con epilepsia coas diferentes bases de datos sintéticas de HC. Os resultados amosan que a variabilidade entre escáneres afectou significativamente a detección de lesións epilépticas tanto focais como estendidas. Estes achados resaltan a importancia da harmonización de datos para garantir unha cuantificación PET fiable e precisa. En conclusión, aínda que a elección dunha base de datos de control san adquirida localmente é importante, o seu impacto na cuantificación PET podería ser limitado ao comparar escáneres da mesma xeración.

Aguiar Fernández, Pablo Cotitoría
BREA SANCHEZ, VICTOR MANUEL (Titoría)
Aguiar Fernández, Pablo Cotitoría
Tribunal
Cernadas García, Eva (Presidente/a)
Pardo López, Xosé Manuel (Secretario/a)
FLORES GONZALEZ, JULIAN CARLOS (Vogal)
Cernadas García, Eva (Presidente/a)
Pardo López, Xosé Manuel (Secretario/a)
FLORES GONZALEZ, JULIAN CARLOS (Vogal)
Da Detección de Obxectos Sintéticos á Real con Adaptación de Dominio Non Supervisada
Autoría
P.G.P.
Máster Universitario en Visión por Computador
P.G.P.
Máster Universitario en Visión por Computador
Data da defensa
03.02.2025 11:30
03.02.2025 11:30
Resumo
A detección de obxectos fixo un progreso notable nos últimos anos, impulsada polos avances na aprendizaxe profunda e pola dispoñibilidade de conxuntos de datos anotados a gran escala. Non obstante, estes métodos adoitan requirir grandes cantidades de datos etiquetados, o que pode non ser accesible para aplicacións específicas ou emerxentes. Esta limitación xerou interese na Adaptación de Dominio Non Supervisada (UDA), que facilita a transferencia de coñecemento dun dominio de orixe etiquetado a un dominio de destino non etiquetado ou distribuído de maneira diferente. Este estudo aborda o reto da Adaptación de Dominio entre datos sintéticos e do mundo real. Desenvolveuse unha nova metodoloxía para xerar conxuntos de datos sintéticos utilizando AirSim e Unreal Engine, permitindo a creación de conxuntos de datos altamente personalizables e diversos. Empregáronse dúas técnicas de Adaptación de Dominio diferentes: D3T, derivada do estado da arte de UDA, e MixPL, adoptada do Aprendizaxe Semi-Supervisada. Propuñéronse melloras para maximizar a utilidade do conxunto de datos sintéticos e mellorar a alineación do dominio: no caso de D3T, propúxose varias modificacións na función de custo, mentres que en MixPL, incorpórase un novo detector cun backbone con arquitectura transformer. Os resultados obtidos a través de D3T e MixPL amosan un progreso alentador, xa que se aproximan ao rendemento dos modelos adestrados directamente no dominio de destino. Estes achados suxiren que os conxuntos de datos sintéticos teñen un gran potencial para abordar a escaseza de datos e mellorar a xeneralización do modelo, ao tempo que apuntan a direccións prometedoras para futuras exploracións nesta área.

MUCIENTES MOLINA, MANUEL FELIPE (Titoría)
CORES COSTA, DANIEL Cotitoría
MUCIENTES MOLINA, MANUEL FELIPE (Titoría)
CORES COSTA, DANIEL Cotitoría
Tribunal
Cernadas García, Eva (Presidente/a)
Pardo López, Xosé Manuel (Secretario/a)
FLORES GONZALEZ, JULIAN CARLOS (Vogal)
Cernadas García, Eva (Presidente/a)
Pardo López, Xosé Manuel (Secretario/a)
FLORES GONZALEZ, JULIAN CARLOS (Vogal)
Mellorando a extracción de características dos píxeles con Quantum Machine Learning
Autoría
D.B.F.P.
Máster Universitario en Visión por Computador
D.B.F.P.
Máster Universitario en Visión por Computador
Data da defensa
03.02.2025 10:30
03.02.2025 10:30
Resumo
Neste traballo analizouse o uso de modelos de Quantum Machine Learning (QML) para mellorar a extracción de características dos píxeles. O principal obxectivo foi estudar se os modelos de QML poden mellorar a calidade das características e reducir drásticamente o número de parámetros que se necesitan para adestrar un modelo. As características da imaxe foron extraídas usando un Variational Quantum Circuit (VQC) de 4 qubits, que foi adecuadamente adestrado utilizando o algoritmo shift rule. O rendemento logrado co modelo de QML mellora o rendemento de modelos de aprendizaxe profunda para pequenos datasets. Non obstante, ao aumentar o tamaño do dataset, as características extraídas foron menos relevantes, dando lugar a un peor rendemento que as aproximacións clásicas, demandando unha maior análise e aumentar o número de qubits e capas do VQC. Concluímos que QML preséntase como un novo paradigma para mellorar a extracción de características e reducir drásticamente o número de parámetros adestrables.

VILA BLANCO, NICOLAS (Titoría)
Fernández Pena, Anselmo Tomás Cotitoría
VILA BLANCO, NICOLAS (Titoría)
Fernández Pena, Anselmo Tomás Cotitoría
Tribunal
Cernadas García, Eva (Presidente/a)
Pardo López, Xosé Manuel (Secretario/a)
FLORES GONZALEZ, JULIAN CARLOS (Vogal)
Cernadas García, Eva (Presidente/a)
Pardo López, Xosé Manuel (Secretario/a)
FLORES GONZALEZ, JULIAN CARLOS (Vogal)
Segmentación de hemorraxias intracraneais asistida por aprendizaxe profunda en CT cerebrais: nnU-Net, MedNeXt e arquitecturas en conxunto
Autoría
M.P.F.
Máster Universitario en Visión por Computador
M.P.F.
Máster Universitario en Visión por Computador
Data da defensa
03.02.2025 12:30
03.02.2025 12:30
Resumo
Este estudo comparou diferentes modelos de aprendizaxe profunda para a segmentación de hemorraxias intracraneais (ICH) en tomografías computarizadas, incluíndo nnU-Net 2D, nnU-Net 3D e MedNeXt, así como un modelo en conxunto que combina nnU-Net 2D e 3D. Os modelos foron adestrados con 200 imaxes utilizando validación cruzada de 5 folds durante 1.000 épocas e probados en datos non vistos. MedNeXt acadou o mellor rendemento cunha puntuación Dice de 0,6433+/-0,2417, seguido polo modelo conxunto 2D-3D nnU-Net con 0,6405+/-0,2256. Os modelos nnU-Net 2D e 3D obtiveron puntuacións de 0,6348+/-0,2179 e 0,6331+/-0,2636, respectivamente. O rendemento superior de MedNeXt destaca o beneficio de incorporar transformadores para capturar dependencias a longo alcance e contexto global, aínda que a costa de tempos de adestramento máis longos debido á súa maior complexidade. O modelo conxunto demostrou que combinar arquitecturas U-Net 2D e 3D pode mellorar a precisión da segmentación sen aumentar a complexidade do modelo. A pesar das vantaxes potenciais de nnU-Net 3D, os modelos nnU-Net 2D e 3D mostraron rendementos semellantes, o que indica que calquera das configuracións pode ser efectiva dependendo do caso de uso. Estes achados indican que o rendemento superior de MedNeXt na segmentación de ICH (puntuación Dice 0,6433) convérteo na opción preferida para a implementación clínica, mentres que o enfoque conxunto ofrece unha alternativa robusta que acada resultados comparables (puntuación Dice 0,6405) sen requirir modificacións arquitectónicas, proporcionando flexibilidade para diferentes escenarios de implementación clínica.

Gómez González, Juan Pablo Cotitoría
BREA SANCHEZ, VICTOR MANUEL (Titoría)
Gómez González, Juan Pablo Cotitoría
Tribunal
Cernadas García, Eva (Presidente/a)
Pardo López, Xosé Manuel (Secretario/a)
FLORES GONZALEZ, JULIAN CARLOS (Vogal)
Cernadas García, Eva (Presidente/a)
Pardo López, Xosé Manuel (Secretario/a)
FLORES GONZALEZ, JULIAN CARLOS (Vogal)
Reconocimiento de Imaxes no Borde con Algoritmos Eficientes
Autoría
L.C.
Máster Universitario en Visión por Computador
L.C.
Máster Universitario en Visión por Computador
Data da defensa
25.02.2025 10:00
25.02.2025 10:00
Resumo
Este traballo céntrase na optimización da detección de obxectos para dispositivos de bordo utilizando modelos lixeiros de aprendizaxe profunda. Abordamos os desafíos do tamaño dos grandes modelos e a sobrecarga computacional aplicando técnicas como a destilación de coñecementos, o podado e a cuantización. Presentamos unha versión mellorada de YOLOv11 que utiliza imaxes RGB e térmicas para a detección, mellorando a eficiencia e a precisión para dispositivos de baixo consumo no bordo.

PARDO SECO, FERNANDO RAFAEL Cotitoría
BREA SANCHEZ, VICTOR MANUEL (Titoría)
PARDO SECO, FERNANDO RAFAEL Cotitoría
Tribunal
Cernadas García, Eva (Presidente/a)
Pardo López, Xosé Manuel (Secretario/a)
FLORES GONZALEZ, JULIAN CARLOS (Vogal)
Cernadas García, Eva (Presidente/a)
Pardo López, Xosé Manuel (Secretario/a)
FLORES GONZALEZ, JULIAN CARLOS (Vogal)
Modelado cinético de fermentación para a valorización de residuos en carboxilatos a través da produción de ácido láctico
Autoría
S.G.G.
Máster Universitario en Enxeñaría Ambiental (3ª ed)
S.G.G.
Máster Universitario en Enxeñaría Ambiental (3ª ed)
Data da defensa
20.02.2025 11:30
20.02.2025 11:30
Resumo
A economía circular propón un cambio de paradigma na xestión de residuos, promovendo a súa conversión en recursos reutilizables e valorizables. Neste contexto, a crecente xeración de residuos orgánicos, como os refugallos alimentarios, está a impulsar o desenvolvemento de biorrefinarías, que transforman estes residuos en produtos como biocombustibles e compostos químicos de alto valor engadido. Un residuo agroalimentario con alto potencial de valorización é o lactosoro, un subproduto moi abundante xerado na produción de queixos. A fermentación anaerobia posiciónase como un proceso clave na valorización de residuos. Mediante o uso de cultivos mixtos, que ofrecen flexibilidade metabólica, robustez fronte a fluctuacións ambientais e a capacidade para procesar substratos non estériles e complexos, permite a conversión dunha ampla variedade de residuos en ácidos graxos volátiles (AGV), que teñen numerosas aplicacións como precursores de biopolímeros, biocombustibles e produtos químicos. Os AGV tamén poden transformarse en ácidos graxos de cadea media (AGCM), como o caproato, que presentan vantaxes económicas sobre os AGV. Os AGCM son producidos mediante un proceso de elongación de cadea, que require doadores de electróns como etanol ou lactato. Unha vantaxe clave deste proceso é a posibilidade de substituír os doadores externos por lactato, producido en procesos de fermentación aberta a partir de residuos orgánicos ricos en lactosa, como o lactosoro, optimizando así a produción de AGCM. O uso de cultivos mixtos tamén presenta certos desafíos, como a competencia entre as diferentes especies microbianas. Ademais, co uso de residuos como substratos, estes retos increméntanse debido á súa composición complexa. Os modelos matemáticos preséntanse como ferramentas esenciais para o deseño preliminar de procesos biotecnolóxicos, xa que permiten simular e predicir o comportamento microbiano baixo condicións específicas, como pH, tempo de residencia hidráulico (TRH) e concentración de substratos. Esta capacidade de predición facilita o deseño dos procesos, permitindo axustar as condicións operativas sen necesidade de realizar experimentos custosos e prolongados. Aínda que existen modelos para procesos de fermentación anaerobia, estes non integran a elongación de cadea, o que limita a súa aplicación ao non describir completamente a conversión de substratos complexos en AGCM. Neste traballo desenvolveuse un modelo cinético de fermentación anaerobia que integra a elongación de cadea mediada por lactato para a produción de AGCM a partir de carbohidratos e lactato presentes no lactosoro. Construíuse unha rede metabólica baseada en microorganismos modelo que inclúe os principais procesos relacionados coa produción e consumo de lactato. O modelo foi calibrado mediante a estimación de parámetros cinéticos clave, utilizando datos experimentais, e empregouse para o deseño de experimentos in silico.

MAURICIO IGLESIAS, MIGUEL (Titoría)
REGUEIRA LOPEZ, ALBERTE Cotitoría
Catenacci , Arianna Cotitoría
MAURICIO IGLESIAS, MIGUEL (Titoría)
REGUEIRA LOPEZ, ALBERTE Cotitoría
Catenacci , Arianna Cotitoría
Tribunal
Rojo Alboreca, Alberto (Presidente/a)
GONZALEZ GARCIA, SARA (Secretario/a)
FERNANDEZ ESCRIBANO, JOSE ANGEL (Vogal)
Rojo Alboreca, Alberto (Presidente/a)
GONZALEZ GARCIA, SARA (Secretario/a)
FERNANDEZ ESCRIBANO, JOSE ANGEL (Vogal)
Avaliación da eficacia de estacións depuradoras de augas residuais para a eliminación de contaminantes orgánicos emerxentes
Autoría
I.R.R.
Máster Universitario en Enxeñaría Ambiental (3ª ed)
I.R.R.
Máster Universitario en Enxeñaría Ambiental (3ª ed)
Data da defensa
20.02.2025 17:00
20.02.2025 17:00
Resumo
A Unión Europea publicou a primeira Directiva relativa á depuración de augas residuais no ano 1991. Despois de trinta e tres anos, esta Directiva foi revisada e esixe uns requerimientos de depuración máis estrictos, ademáis de incluir explícitamente a necesidade de eliminar microcontamiantes, entre os cales se atopan os contaminantes de preocupación emerxente. Por iso, este nova Directiva de augas residuais inclúe unha lista de doce compostos indicadores, cuxa eficiencia de eliminación se podería extrapolar á eliminación de outros moitos contaminantes emerxentes. En canto ao estado xeral das masas de auga, é de aplicación a Directiva Marco da Auga, que xa inclúe unha serie de compostos químicos que deben ser monitorizados de forma sistemática para asegurar a calidade da auga. Adicionalmente, nos últimos anos, a Unión Europea publicou catro listas de observación nas que se incluíron varias sustancias que requerían control e vixiancia nas masas de auga para poder determinar os seus efectos sobre a saúde ambiental, animal e humana. Tendo en conta que a principal dos contaminantes ao ciclo da auga e a través dos vertidos das estacións depuradoras de augas residuais (EDAR), ademáis dos vertidos industriais e accidentais, resulta imprescindible analizar a eficacia de eliminación deses doce compostos incluídos na nova Directiva de augas residuais e doutros compostos incluídos nas listas de observación cos tratamentos das EDAR actuais, o que constitúe o obxectivo xeral deste traballo. Estudáronse dúas EDAR e as masas de auga conectadas ao seu vertido, e, como aproximación a un tratamento cuaternario engadido, analizouse o desempeño dun sistema piloto de ozonización para a eliminación dos mesmos contaminantes. Para a cuantificación dos compostos desenvolveuse un método analítico basado na extracción en fase sólida e a cromatografía líquida de alta resolución acoplada a espectrometría de masas. O métodos resultou eficaz para a maioría dos compostos obxecto de estudo. Os resultados obtidos das mostras do medio receptor dos vertidos amosaron que a descarga do efluente non aumenta as concentración dos contaminantes no medio, debido principalmente ao efecto da dilución. Dos compostos medidos calculouse a eficacia de eliminación, sendo esta moi dependente do composto analizado, pero presentando resultados comparables entre as distintas EDAR. As porcentaxes de eliminación non cumplirían os criterios establecidos pola nova lexislación, polo que é necesario implementar tratamentos adicionais enfocados na eliminación dos contaminantes emerxentes. Por outra banda, os ensaios de ozonización amosan que esta tecnoloxía é eficaz para a eliminación de moitos contaminantes, logrando eficacias superiores ao 90% para a maioría dos compostos medidos.

RODIL RODRIGUEZ, MARIA DEL ROSARIO (Titoría)
MONTES GOYANES, ROSA MARIA Cotitoría

CARBALLA ARCOS, MARTA (Presidente/a)
VAL DEL RIO, MARIA ANGELES (Secretario/a)
PARADELO NUÑEZ, REMIGIO (Vogal)

Mellora da calidade nutricional de forraxes para gando bovino mediante a fertilización con selenio, iodo e boro: un enfoque para mellorar a reprodución e previr enfermidades
Autoría
V.S.V.
Máster Universitario en Enxeñaría Ambiental (3ª ed)
V.S.V.
Máster Universitario en Enxeñaría Ambiental (3ª ed)
Data da defensa
20.02.2025 16:00
20.02.2025 16:00
Resumo
Este traballo explora o impacto dunha fertilización con selenio, boro e iodo na calidade e produtividade do raigrás (Lolium sp.), un cultivo forraxeiro de gran importancia en Galicia. Dada a importancia dos pastos nos sistemas gandeiros da rexión, esta investigación propón unha innovadora formulación fertilizante que inclúe estes micronutrientes para mellorar tanto o valor nutricional da forraxe como a saúde do gando e, en consecuencia, a calidade dos produtos derivados, como o leite. Realizouse un ensaio en maceta en condicións ambientais en Vilanova de Arousa, utilizando catro tratamentos: o fertilizante experimental combinado con outro formulado a base de nitróxeno (SeBI), un fertilizante comercial que inclúe selenio, nitróxeno e xofre (Y), só fertilizante nitróxeno (BA) e un control sen fertilización (BB). Analizáronse parámetros de crecemento, productividade e a concentración de nutrientes na planta, e as propiedades do solo antes e despois do ensaio. Os resultados indican que os tratamentos SeBI e Y melloraron o crecemento do raigrás, aumentando a súa biomasa e contido nutricional. Con todo, a produtividade foi inferior á esperada (4000 kg MS/ha) debido, posiblemente, á restrición das raíces nas macetas e á lixiviación de nutrientes. A análise do iodo en planta mostrou unha maior acumulación en SeBI, confirmando o efecto positivo da fertilización con este elemento. Con todo, non foi posible detectar selenio e boro. Este traballo subliña a importancia da fertilización estratéxica para maximizar a produción forraxeira, os sistemas gandeiros e, potencialmente, enriquecer a cadea alimentaria con produtos máis nutritivos.

MONTERROSO MARTINEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Gago Otero, Rafael Cotitoría
MONTERROSO MARTINEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Gago Otero, Rafael Cotitoría
Tribunal
HOSPIDO QUINTANA, ALMUDENA (Presidente/a)
PARADELO NUÑEZ, REMIGIO (Secretario/a)
CARBALLA ARCOS, MARTA (Vogal)

Valorización de biomasa lignocelulósica en ácidos graxos de cadea media mediante fermentación anaerobia en cultivo mixto.
Autoría
A.R.G.
Máster Universitario en Enxeñaría Ambiental (3ª ed)
A.R.G.
Máster Universitario en Enxeñaría Ambiental (3ª ed)
Data da defensa
20.02.2025 11:00
20.02.2025 11:00
Resumo
A crecente preocupación polo medio ambiente e o esgotamento dos recursos fósiles aumentou o interese na busca de procesos que sexan capaces de substituír a utilización de recursos non renovables e reducir a pegada de carbono. A economía circular preséntase como clave para reducir a cantidade de residuos xerados e producir compostos de alto valor engadido, e os residuos orgánicos son unha materia prima fundamental neste propósito. Neste contexto, a biomasa lignocelulósica atópase nunha situación de preponderancia respecto a outras materias primas debido á súa enorme abundancia. A biomasa lignocelulósica procede xeralmente de residuos agrícolas e forestais e está composta por celulosa, hemicelulosa e lignina, sendo o contido de cada unha das fraccións moi variable segundo a súa orixe. O contido destas fraccións determina as propiedades da biomasa lignocelulósica, así como as súas posibles aplicacións. A hemicelulosa é a fracción máis biodegradable, seguida pola celulosa e a lignina, cuxa presenza dificulta a maioría das aplicacións. A máis establecida na actualidade é a dixestión anaerobia, pero o biogás é un produto de menor valor engadido que os AGV ou os AGCM, moi demandados en industrias como a farmacéutica ou a cosmética. O proceso para obter AGV é a fermentación anaerobia, un proceso que segue os pasos da dixestión anaerobia evitando a acetoxénese e a metanoxénese para obter AGV. A partir destes, e mediante un proceso de elongación de cadea e a presenza de doadores electrónicos, obtense os AGCM, principalmente ácido caproico. O obxectivo xeral deste TFM é afondar no coñecemento da valorización da biomasa lignocelulósica para obter AGCM. Para iso, avalíase a produción de ácido caproico a partir dunha mestura sintética de celulosa e xilano e a partir de restrollo de millo. Para acadar este obxectivo, utilízase un SBR fed-batch que é operado con ciclos de 2 e 3,5 días e dúas cargas por ciclo. Os resultados deste TFM amosan que un reactor secuencial con dúas cargas de substrato é axeitado para a formación de AGCM. A non adición de BES e o control do TRS mediante purgas do reactor de cofermentación resultaron nunha maior produción de ácido caproico que en condicións contrarias. Nos experimentos realizados con residuo de millo observouse unha conversión limitada do substrato a causa dunha baixa hidrólise e amosaron como a presenza de AGV limita a aparición de mofos no reactor. De cara á posible continuación deste traballo, considérase que sería interesante a realización de experimentación con substrato sintético na que se estuden outros parámetros como a VCO ou a relación entre as cargas de substrato. En canto á experimentación con residuo real de restrollo de millo, sería interesante a realización dalgún pretratamento que puidese mellorar a conversión do substrato.

CARBALLA ARCOS, MARTA (Titoría)
Iglesias Riobó, Juan Cotitoría
CARBALLA ARCOS, MARTA (Titoría)
Iglesias Riobó, Juan Cotitoría
Tribunal
Rojo Alboreca, Alberto (Presidente/a)
GONZALEZ GARCIA, SARA (Secretario/a)
FERNANDEZ ESCRIBANO, JOSE ANGEL (Vogal)
Rojo Alboreca, Alberto (Presidente/a)
GONZALEZ GARCIA, SARA (Secretario/a)
FERNANDEZ ESCRIBANO, JOSE ANGEL (Vogal)
Avaliación da sustentabilidade das explotacións desde a perspectiva dos Límites Planetarios: Unha extensión global da Análise do Ciclo de Vida.
Autoría
M.G.P.
Máster Universitario en Enxeñaría Ambiental (3ª ed)
M.G.P.
Máster Universitario en Enxeñaría Ambiental (3ª ed)
Data da defensa
21.02.2025 09:30
21.02.2025 09:30
Resumo
A procura de modelos de produción máis axeitados e con menores cargas ambientais no sector da gandería considérase como un dos eixos claves para promover a sustentabilidade e a bioeconomía neste sector. A pesares de que, na actualidade, hai unha gran controversia sobre os impactos ambientais deste sector produtivo, é necesario realizar unha análise pormenorizada para avaliar, en profundidade, as cargas ambientais, melloras necesarias e, inclusive, as tecnoloxías empregadas nos sistemas de produción en particular. Tamén é necesario considerar a diferenciación entre sistemas de produción extensivos e intensivos, co obxectivo de identificar que modelo é máis adecuado en termos de impactos, eficiencia e tecnoloxías. Ante este contexto, o obxectivo de este Traballo de Fin de Máster é a avaliación dos efectos ambientais, a nivel planetario, que implica a produción de leite e carne las explotacións leiteiras. Con este fin, consideráronse datos primarios de 100 explotacións leiteiras de Galicia, de diferentes tamaños, con diversas tecnoloxías e capacidades de produción, as cales se lle aplicaron a metodoloxía de Análise de Ciclo de Vida baixo a perspectiva dos límites planetarios. Concretamente, avaliáronse tres límites: o cambio climático, a acidificación dos océanos e o esgotamento da capa de ozono. Os resultados mostraron que aínda que as contribucións individuais das granxas son insignificantes en comparación cos límites planetarios, a súa acumulación a escala global ten un impacto significativo. Ademais, demostrouse que as contribucións individuais das granxas son dependentes de varios factores, como o tamaño, a idade e a tecnoloxía empregada. Polo tanto, non se pode chegar a unha conclusión única, senón que a avaliación ambiental e a carga sobre os límites planetarios debe realizarse de forma particular a cada granxa. Aínda que si que se poden acadar certas conclusións unha vez agrupadas as 100 granxas en función das tecnoloxías, capacidades produtivas e tempo de explotación. Por outra parte, no que respecta aos produtos obtidos (leite e carne), a leite é, sen dúbida, o principal contribuínte ambiental, representando o 94% da asignación económica do impacto.

FEIJOO COSTA, GUMERSINDO (Titoría)
Arias Calvo, Ana Cotitoría
FEIJOO COSTA, GUMERSINDO (Titoría)
Arias Calvo, Ana Cotitoría
Tribunal
PRIETO LAMAS, BEATRIZ LORETO (Presidente/a)
RIOS VIQUEIRA, JOSE RAMON (Secretario/a)
ROMERO CASTRO, NOELIA MARIA (Vogal)

Cálculo da pegada hídrica dunha entidade bancaria con actividade internacional
Autoría
A.B.G.
Máster Universitario en Enxeñaría Ambiental (3ª ed)
A.B.G.
Máster Universitario en Enxeñaría Ambiental (3ª ed)
Data da defensa
21.02.2025 10:45
21.02.2025 10:45
Resumo
O acceso e a xestión sostible da auga é actualmente un reto global debido ao crecemento da poboación, a urbanización e o cambio climático, que xeran un aumento da demanda do recurso e afectan á súa dispoñibilidade. Neste contexto, o uso de ferramentas de avaliación ambiental, como a análise do ciclo de vida e as metodoloxías de cálculo do impacto, permiten cuantificar o impacto do uso da auga en distintos sectores, entre eles o financeiro. Este estudo analiza a pegada hídrica dunha entidade bancaria con presenza internacional, aplicando a metodoloxía ISO 14046, tanto a pegada hídrica directa (asociada ao consumo de auga en oficinas e oficinas) como a indirecta (relacionada co consumo de enerxía, combustibles e materiais). Para iso utilízanse bases de datos como Ecoinvent e metodoloxías de avaliación ambiental como AWARE, ReCiPe e USETox. Os resultados mostran que a pegada hídrica distribúese de forma diferente nas distintas rexións, entre impactos directos e indirectos, sendo estes últimos predominantes polo consumo de enerxía. Países como Perú e Turquía teñen os valores máis altos de pegada hídrica, mentres que Uruguai, pola súa banda, é o que ten os máis baixos, debido ao seu menor estrés hídrico e ao maior uso de enerxías renovables. O estudo axuda a identificar puntos críticos desde a perspectiva ambiental, abrindo a posibilidade de centrar os esforzos nas áreas de maior impacto. Ademais, fálase de escenarios simulados, como a influencia da mobilidade dos empregados ou o uso de enerxías renovables, que poderían ter un impacto significativo en futuros estudos.

Sostibilidade da produción de enzimas dende a perspectiva da análise do ciclo de vida e os principios da química verde
Autoría
A.C.N.
Máster Universitario en Enxeñaría Ambiental (3ª ed)
A.C.N.
Máster Universitario en Enxeñaría Ambiental (3ª ed)
Data da defensa
20.02.2025 16:30
20.02.2025 16:30
Resumo
Moitos consumidores buscan alternativas sostibles debido aos problemas ambientais que presentan os plásticos convencionais. Un polímero verde similar ao PET (tereftalato de polietileno) é o PEF (furanoato de polietileno), que xorde como unha solución máis ecolóxica, fabricado a partir de fontes renovables. Este estudo presenta os resultados da Avaliación do Ciclo de Vida (ACV) da produción da encima HMFO (5-hidroximetilfurfural oxidasa), clave na síntese de PEF, desde unha perspectiva da cuna á porta. Avaliáronse catro escenarios de produción, comezando nunha escala de laboratorio de 5 litros e escalando ata 1 m3, considerando tamén escenarios intermedios de 25 e 50 litros, co obxectivo de analizar os impactos ambientais a unha escala industrial. A análise revelou que a glicosa, a enerxía e o K2HPO4 son os principais contribuíntes ao impacto ambiental do proceso. Entre as diversas etapas, as fases de fermentación e purificación mostraron os impactos ambientais máis significativos. En contraste, as etapas de preinóculo e inóculo demostraron impactos comparativamente menores, en gran parte debido aos seus períodos operativos máis curtos. Ademais, ao escalar a produción a unha capacidade de 1 m3, observouse unha diminución notable nos impactos ambientais xerais, destacando unha mellor eficiencia no uso de recursos e unha redución na xeración de residuos. Ao comparar este estudo con outras investigacións na literatura, atopouse que este proceso demostra un maior grao de sostibilidade. A aplicación dos principios da química verde foi central nesta avaliación, coa sostibilidade avaliada a través de 15 métricas distintas. Esta metodoloxía destacou que a escala de produción de 1 m3 é substancialmente máis sostible que as operacións a escala de laboratorio. Ademais, no que respecta á comparación dos impactos ambientais asociados a este proceso e os doutros estudos sobre a produción de enzimas, as comparacións directas con este Traballo Final de Máster foron limitadas debido ás discrepancias nas unidades funcionais e nas categorías de impacto consideradas.

MOREIRA VILAR, MARIA TERESA (Titoría)
Arias Calvo, Ana Cotitoría
MOREIRA VILAR, MARIA TERESA (Titoría)
Arias Calvo, Ana Cotitoría
Tribunal
HOSPIDO QUINTANA, ALMUDENA (Presidente/a)
PARADELO NUÑEZ, REMIGIO (Secretario/a)
CARBALLA ARCOS, MARTA (Vogal)
HOSPIDO QUINTANA, ALMUDENA (Presidente/a)
PARADELO NUÑEZ, REMIGIO (Secretario/a)
CARBALLA ARCOS, MARTA (Vogal)
Producción de ácidos grasos volátiles tendo en conta as dimensións de sostebilidade e circularidade
Autoría
A.S.L.
Máster Universitario en Enxeñaría Ambiental (3ª ed)
A.S.L.
Máster Universitario en Enxeñaría Ambiental (3ª ed)
Data da defensa
20.02.2025 12:00
20.02.2025 12:00
Resumo
O aumento da escaseza de auga, o cambio climático e a explotación intensiva dos recursos naturais teñen un impacto negativo no ciclo da auga. Estes factores reducen a dispoñibilidade de auga, o que pon en risco tanto ás comunidades humanas como aos ecosistemas naturais que dependen deste recurso. Por iso, é imprescindible implementar solucións innovadoras e sostibles que garantan o acceso a auga limpa e a protección do medio ambiente. Unha estratexia clave para abordar estes problemas é o tratamento de augas residuais. Este proceso contribúe a reducir a contaminación, mellorando a calidade da auga tratada. Ademais, non só asegura a sostibilidade hídrica ao devolver a auga aos corpos hídricos, senón que tamén permite recuperar recursos valiosos como nutrientes e enerxía. No contexto da Unión Europea, a taxonomía europea estableceuse como un marco lexislativo deseñado para fomentar actividades económicas sostibles en liña con seis obxectivos ambientais fundamentais: a mitigación do cambio climático, a adaptación ao cambio climático, o uso sostible e a protección dos recursos acuáticos e mariños, a transición cara a unha economía circular, a prevención e o control da contaminación, e a protección e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas. Dentro deste marco, as actividades relacionadas co tratamento de augas residuais e a xestión de biorresiduos destacan pola súa capacidade para contribuír á mitigación do cambio climático e favorecer a economía circular. Este Traballo Final de Máster céntrase na análise de tres casos de estudo específicos: a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Os Praceres, a EDAR de Lagares e unha planta piloto dedicada á produción de Ácidos Grasos Volátiles a partir de lodos e biorresiduos. En cada caso, aplicouse a metodoloxía da taxonomía europea para avaliar as actividades que se aliñan cos obxectivos de sostibilidade definidos por este marco regulador. Ademais, empregáronse os indicadores do proxecto BioReCer para avaliar o desenvolvemento destas instalacións en termos de circularidade e sostibilidade.

FERNANDEZ ESCRIBANO, JOSE ANGEL (Presidente/a)
MAURICIO IGLESIAS, MIGUEL (Secretario/a)
GONZALEZ GARCIA, SARA (Vogal)
FERNANDEZ ESCRIBANO, JOSE ANGEL (Presidente/a)
MAURICIO IGLESIAS, MIGUEL (Secretario/a)
GONZALEZ GARCIA, SARA (Vogal)
Avaliación do impacto dun activador en tecnosolos versus o proceso convencional
Autoría
X.R.B.
Máster Universitario en Enxeñaría Ambiental (3ª ed)
X.R.B.
Máster Universitario en Enxeñaría Ambiental (3ª ed)
Data da defensa
21.02.2025 10:15
21.02.2025 10:15
Resumo
A mina de Touro é un xacemento de sulfuros metálicos, explotado durante 1974-1988 para a obtención de cobre. A causa desta explotación mineira provocouse unha gran alteración ambiental. Os materiais expostos ao aire libre, nos que non existe rastro de vexetación nin de solo, xeran grandes cantidades de drenaxe hiperácida con altas concentracións de metais pesados. Co obxectivo de solucionar este problema ambiental, actualmente estase a realizar a restauración da mina coa aplicación de tecnosolos redutores e tamponantes. Ao longo deste traballo, preténdese realizar un estudo para optimizar o proceso de produción destes tecnosolos, estudando a viabilidade do uso dun acelerador do proceso de compostaxe. Así mesmo, analizaranse as vantaxes que aporta este aditivo ao proceso de compostaxe fronte ao proceso convencional. Ao longo do estudo abordaranse os seguintes puntos para determinar a idoneidade ou non dun produto acelerante: - Tempos de compostaxe - Temperaturas de compostaxe - Estabilización da materia orgánica - Diferenzas microbiolóxicas - Eliminación de olores - Impacto económico Ademais, tamén se realizarán probas en canto ás doses e ás formas de aplicación do acelerante en cuestión.

Castro Fernández, Noelia Cotitoría
GONZALEZ GARCIA, SARA (Titoría)
Castro Fernández, Noelia Cotitoría
Tribunal
PRIETO LAMAS, BEATRIZ LORETO (Presidente/a)
RIOS VIQUEIRA, JOSE RAMON (Secretario/a)
ROMERO CASTRO, NOELIA MARIA (Vogal)
PRIETO LAMAS, BEATRIZ LORETO (Presidente/a)
RIOS VIQUEIRA, JOSE RAMON (Secretario/a)
ROMERO CASTRO, NOELIA MARIA (Vogal)
Investigación e desenvolvemento de modelos de predición de ingresos no sector hoteleiro
Autoría
C.B.L.
Máster Universitario en Intelixencia Artificial
C.B.L.
Máster Universitario en Intelixencia Artificial
Data da defensa
20.02.2025 11:00
20.02.2025 11:00
Resumo
A industria hoteleira é un entorno dinámico onde os axustes constantes nos prezos das habitacións son necesarios para optimizar os ingresos de cada hotel. Neste contexto, a capacidade de predicir con precisión os ingresos futuros é clave para a toma de decisións estratéxicas e a optimización de prezos. A previsión de ingresos refírese á capacidade de estimar os beneficios que un hotel xerará nun día determinado, considerando toda a información dispoñible ata o momento no que se realiza a predición, independentemente da antelación coa que se faga. Neste proxecto, utilizando técnicas de Machine Learning, desenvólvense modelos de predición de ingresos para Eurostars Hotel Company, abordando desafíos relacionados coa calidade dos datos, os custos computacionais e a necesidade de interpretabilidade. Mediante técnicas de Ciencia de Datos, analízanse as limitacións do conxunto de datos e trátanse problemas como a alta dimensionalidade, o tamaño do conxunto de datos e a presenza de valores atípicos. Explórase a efectividade de modelos xeneralizados que cobren múltiples hoteis para reducir o número total de modelos e permitir a previsión de ingresos en hoteis con datos históricos insuficientes. Ademais, introdúcese unha separación na predición segundo o lead time (curto e longo prazo), o que permite mellorar a precisión en períodos críticos de vendas. Finalmente, avalíanse os resultados destas implementacións tanto de forma individual como en comparación cos modelos previos en uso, extraendo conclusións sobre a súa efectividade e utilidade para a empresa.

LAMA PENIN, MANUEL (Titoría)
Comesaña García, Alejandra Cotitoría
Freire Martínez, Ignacio Cotitoría
LAMA PENIN, MANUEL (Titoría)
Comesaña García, Alejandra Cotitoría
Freire Martínez, Ignacio Cotitoría
Tribunal
TABOADA IGLESIAS, MARÍA JESÚS (Presidente/a)
Pardo López, Xosé Manuel (Secretario/a)
VILA BLANCO, NICOLAS (Vogal)

Automatización e Optimización de Algoritmos de Predición para Dispositivos IoT no Sector Eléctrico: Unha Estratexia Escalable
Autoría
B.G.M.
Máster Universitario en Intelixencia Artificial
B.G.M.
Máster Universitario en Intelixencia Artificial
Data da defensa
21.02.2025 11:00
21.02.2025 11:00
Resumo
A crecente cantidade de datos dos dispositivos IoT afecta a todos os sectores comerciais. Polo tanto, o sector eléctrico non é unha excepción. A rápida evolución da IA mellorou a automatización e a optimización do procesamento de datos, permitindo un manexo máis eficiente de conxuntos de datos a gran escala no modelado preditivo. Neste artigo preséntase unha ferramenta que automatiza de forma eficiente as predicións de series temporais a partir de datos históricos de medicións eléctricas, utilizando un conxunto de algoritmos de Deep Learning, coa súa respectiva validación e posterior análise dos resultados. Estes resultados ilustran a eficacia dos algoritmos de IA para xerar predicións precisas. Ao establecer un marco escalable e automatizado para o entrenamento e avaliación de modelos, este traballo contribúe ao avance continuo das tecnoloxías de IA no sector eléctrico, abrindo o camiño para unha xestión máis eficiente dos recursos no sector.

CONDORI FERNANDEZ, OLINDA NELLY (Titoría)
Franco Romero, Carlos Cotitoría
Dacosta Tapia, Jorge Cotitoría

Gamallo Otero, Pablo (Presidente/a)
CORES COSTA, DANIEL (Secretario/a)
CHAVES FRAGA, DAVID (Vogal)
Gamallo Otero, Pablo (Presidente/a)
CORES COSTA, DANIEL (Secretario/a)
CHAVES FRAGA, DAVID (Vogal)
Asistente Virtual baseado en Axentes para Sistemas de Soporte á Decisión Clínica
Autoría
A.G.L.
Máster Universitario en Intelixencia Artificial
A.G.L.
Máster Universitario en Intelixencia Artificial
Data da defensa
21.02.2025 11:30
21.02.2025 11:30
Resumo
Os Sistemas de Soporte á Decisión Clínica (CDSS) desempeñan un papel crucial na atención sanitaria moderna ao asistir aos profesionais da saúde no diagnóstico, a avaliación de riscos e a recomendación de tratamentos. Este estudo presenta o desenvolvemento dun Asistente Virtual Baseado en Axentes para CDSS, que integra axentes baseados en Modelos de Linguaxe a Grande Escala (LLM) e Xeración Aumentada con Recuperación (RAG) para mellorar a toma de decisións na xestión da Embolia Pulmonar (EP). O sistema proposto está deseñado para ofrecer catro servizos principais: un Servizo de Resposta Estándar para consultas xerais e recuperación de información baseada en guías clínicas, un Servizo de Datos do Paciente para o acceso a datos estruturados do paciente, un Servizo de Métricas para o cálculo de puntuacións de risco relacionadas coa EP, e un Servizo de Recomendacións para xerar recomendacións clínicas personalizadas. O sistema foi avaliado mediante metodoloxías cuantitativas e cualitativas, incorporando avaliacións empíricas de rendemento e validación experta por profesionais médicos. Os resultados experimentais demostraron unha alta precisión e fiabilidade en todos os servizos, co Servizo de Resposta Estándar acadando un forte aliñamento semántico (ASS: 89,50%) e unha alta consistencia factual (F: 97,50%). O Servizo de Métricas mostrou unha precisión do 100% na clasificación dos niveis de gravidade da EP. O Servizo de Recomendacións, a pesar da subxectividade inherente nas recomendacións clínicas, mostrou unha aliñación razoable coas indicacións dos médicos. Ademais, a avaliación experta confirmou que o proceso de razoamento do sistema reflicte de maneira fiel a lóxica clínica, identificando con éxito consideracións clínicas clave e mellorando a eficiencia na consulta das guías clínicas.

Piñeiro Martín, Andrés Cotitoría
López Pérez, María Carmen Cotitoría
MERA PEREZ, DAVID (Titoría)
Piñeiro Martín, Andrés Cotitoría
López Pérez, María Carmen Cotitoría
Tribunal
Gamallo Otero, Pablo (Presidente/a)
CORES COSTA, DANIEL (Secretario/a)
CHAVES FRAGA, DAVID (Vogal)
Gamallo Otero, Pablo (Presidente/a)
CORES COSTA, DANIEL (Secretario/a)
CHAVES FRAGA, DAVID (Vogal)
Cara a unha Navegación Web Autónoma usando Axentes baseados en LLMs
Autoría
M.I.A.
Máster Universitario en Intelixencia Artificial
M.I.A.
Máster Universitario en Intelixencia Artificial
Data da defensa
21.02.2025 12:00
21.02.2025 12:00
Resumo
A navegación web autónoma segue sendo un desafío complexo, principalmente debido á natureza dinámica, diversa e non estruturada das contornas web. As técnicas tradicionais de web scraping, aínda que efectivas, requiren configuracións ríxidas vinculadas a estruturas específicas de sitios web, o que limita a súa capacidade de xeneralización. Para abordar estes desafíos, este traballo explora o uso de axentes autónomos impulsados por Modelos de Linguaxe de Gran Escala (Large Language Models, LLMs) para a navegación web autónoma, centrándose na recuperación de publicacións académicas dende repositorios de preprints. A solución proposta emprega unha arquitectura multiaxente e un enfoque estruturado similar ao percorrido de árbores para explorar hipervínculos e extraer documentos relevantes. Cada axente desempeña un rol específico, incluíndo a identificación de URLs relevantes, a recompilación de documentos, a planificación, a presentación e o control de calidade. O sistema impleméntase utilizando AutoGen, o que permite interaccións flexibles entre os axentes e un deseño modular. A diferenza das técnicas tradicionais de extracción de información web, este enfoque xeneraliza os patróns de navegación sen depender de selectores HTML predefinidos, permitindo o seu uso en diferentes páxinas web. Os resultados experimentais son prometedores, demostrando a efectividade do sistema na recuperación de contido académico relevante. Con todo, desafíos como tempos de resposta elevados e alucinacións ocasionais indican áreas de mellora. O traballo futuro busca mellorar a interactividade mediante a integración de capacidades avanzadas de procura baseada en formularios, optimizar a eficiencia de recuperación e implementar marcos de avaliación máis sólidos. Estas melloras poderían contribuír a unha exploración web completamente automatizada baseada en IA, mediante o desenvolvemento de ferramentas de navegación autónoma máis xeneralizables.

FERNANDEZ PICHEL, MARCOS (Titoría)
Morón Reyes, Francisco José Cotitoría
FERNANDEZ PICHEL, MARCOS (Titoría)
Morón Reyes, Francisco José Cotitoría
Tribunal
Gamallo Otero, Pablo (Presidente/a)
CORES COSTA, DANIEL (Secretario/a)
CHAVES FRAGA, DAVID (Vogal)
Gamallo Otero, Pablo (Presidente/a)
CORES COSTA, DANIEL (Secretario/a)
CHAVES FRAGA, DAVID (Vogal)
CRASHED: Sistema de Xeración Aumentada de Recuperación Consistente Para Unha Recuperación Eficaz de Documentos
Autoría
M.J.
Máster Universitario en Intelixencia Artificial
M.J.
Máster Universitario en Intelixencia Artificial
Data da defensa
21.02.2025 12:30
21.02.2025 12:30
Resumo
Neste traballo presentamos CRASHED, un sistema RAG que aproveita o mellor das bases de datos vectoriais e grandes modelos lingüísticos para obter respostas correctas e adecuadas ao contexto. O noso sistema combina unha base de datos de incrustación de documentos cun gran modelo de linguaxe para producir respostas. Usando unha busca híbrida con métodos de reordenación, CRASHED selecciona os fragmentos de documentos máis relevantes e utilízaos para producir respostas baseadas en coñecementos externos. Introducimos unha interface de axente conversacional baseada en LangChain para que os usuarios poidan comunicarse co sistema nunha linguaxe fluída e natural. A nosa avaliación cualitativa confirma que CRASHED recupera e incorpora de forma eficaz as pasaxes relevantes, producindo respostas precisas e relevantes contextualmente. Este proxecto demostra o potencial dos sistemas RAG para xerar respostas de alta calidade e abre o camiño para unha maior investigación e desenvolvemento neste campo.

Fontenla Seco, Yago Cotitoría
FERNANDEZ PICHEL, MARCOS (Titoría)
Fontenla Seco, Yago Cotitoría
Tribunal
Gamallo Otero, Pablo (Presidente/a)
CORES COSTA, DANIEL (Secretario/a)
CHAVES FRAGA, DAVID (Vogal)
Gamallo Otero, Pablo (Presidente/a)
CORES COSTA, DANIEL (Secretario/a)
CHAVES FRAGA, DAVID (Vogal)
Detección de Deepfakes: Estudo comparativo dunha base de datos orixinal contra referencias do estado do arte.
Autoría
A.M.O.
Máster Universitario en Intelixencia Artificial
A.M.O.
Máster Universitario en Intelixencia Artificial
Data da defensa
20.02.2025 10:00
20.02.2025 10:00
Resumo
O estudo realizado na presente memoria atopa a súa motivación no desenvolvemento dun sistema basado en IA capaz de detectar vídeos xerados por IA. Os modelos de IA xerativa son cada vez máis potentes e accesibles, por isto mesmo poden supor unha ameaza cara a poboación xeral, debido a que estos vídeos teñen a capacidade de enganar a individuos e propagar desinformación. O obxectivo deste estudio é desplegar unha primeira aproximación para combatir estas ameazas detectando se un vídeo é xerado por IA ou real. Comprobaremos a eficacia do noso modelo en distintos escenarios e extraremos conclusións para mellorar o noso traballo futuro.

TABOADA IGLESIAS, MARÍA JESÚS (Titoría)
Segura Muros, José Ángel Cotitoría
Román Sarmiento, Raquel Cotitoría
TABOADA IGLESIAS, MARÍA JESÚS (Titoría)
Segura Muros, José Ángel Cotitoría
Román Sarmiento, Raquel Cotitoría
Tribunal
GARCIA TAHOCES, PABLO (Presidente/a)
IGLESIAS RODRIGUEZ, ROBERTO (Secretario/a)
CELARD PEREZ, PEDRO (Vogal)

Desenvolvemento dun Axente Conversacional Baseado en Grandes Modelos de Linguaxe (LLMs) para Consultas SQL
Autoría
V.I.D.L.M.O.P.
Máster Universitario en Intelixencia Artificial
V.I.D.L.M.O.P.
Máster Universitario en Intelixencia Artificial
Data da defensa
20.02.2025 10:30
20.02.2025 10:30
Resumo
A crecente dependencia da toma de decisións baseada en datos nas organizacións modernas aumentou a demanda de solucións de consulta de bases de datos intuitivas e accesibles. Porén, as interaccións tradicionais baseadas en SQL seguen sendo unha barreira para os usuarios non técnicos, limitando a súa capacidade para obter información valiosa a partir de datos estruturados. Esta tese presenta o desenvolvemento dun Axente Conversacional para SQL, un sistema intelixente que emprega Modelos de Linguaxe de Gran Escala (LLMs) para permitir a interacción en linguaxe natural con bases de datos relacionais. O enfoque proposto emprega AutoGen, un marco de axentes baseados en LLM, para construír un sistema multi-axente que interpreta, valida e executa consultas SQL de maneira autónoma segundo a entrada do usuario. As principais innovacións inclúen un Axente Planificador, que supervisa a execución de consultas; e un Axente de Información da Base de Datos, que mellora a comprensión do esquema. O sistema foi avaliado en comparación co SQL Agent de LangChain empregando un subconxunto do benchmark Spider, demostrando unha mellora do 57% na precisión da execución. Ademais, introduce mecanismos para xestionar a ambigüidade, corrixir erros dos usuarios e refinar iterativamente as consultas para garantir a súa precisión. Os resultados destacan o potencial dos axentes baseados en LLMs para democratizar o acceso aos datos, facilitando a consulta estruturada para usuarios sen coñecementos de SQL.

RAMA MANEIRO, EFREN Cotitoría
FERNANDEZ PICHEL, MARCOS (Titoría)
RAMA MANEIRO, EFREN Cotitoría
Tribunal
GARCIA TAHOCES, PABLO (Presidente/a)
IGLESIAS RODRIGUEZ, ROBERTO (Secretario/a)
CELARD PEREZ, PEDRO (Vogal)
GARCIA TAHOCES, PABLO (Presidente/a)
IGLESIAS RODRIGUEZ, ROBERTO (Secretario/a)
CELARD PEREZ, PEDRO (Vogal)
Integrando Grandes Modelos da Linguaxe con sistemas baseados en regras borrosas para xerar explicacións fiables
Autoría
P.M.P.F.
Máster Universitario en Intelixencia Artificial
P.M.P.F.
Máster Universitario en Intelixencia Artificial
Data da defensa
20.02.2025 11:00
20.02.2025 11:00
Resumo
Neste traballo, desenvolvemos e validamos explicacións en linguaxe natural fiables e baseadas en lóxica borrosa mediante a integración de Grandes Modelos da Linguaxe (LLMs) con sistemas baseados en regras borrosas. Beneficiámonos da destreza da lóxica borrosa á hora de lidar coa vaguidade e a incerteza inherentes á linguaxe humana, e propoñemos unha forma eficaz de combinar a inferencia baseada en regras borrosas coas potentes capacidades de verbalización dos LLMs. O noso obxectivo é que as explicacións equilibren naturalidade e fidelidade aos datos subxacentes. A arquitectura de software proposta é de código aberto, modular e fácil de transferir entre contextos e dominios de aplicación. Utilizamos o campo da medicina para a proba de concepto, xa que se trata dun ámbito no que a fiabilidade é fundamental. Observamos unha mellora significativa na nosa métrica de detección de alucinacións para as configuracións experimentais estudadas, o que apunta a unha maior fidelidade; e a nosa arquitectura tamén produciu narrativas significativamente máis compactas, evitando o habitual problema de «sobreexplicación» dos LLMs que pode danar a súa naturalidade, sen perda de precisión preditiva.

ALONSO MORAL, JOSE MARIA (Titoría)
CATALA BOLOS, ALEJANDRO Cotitoría
ALONSO MORAL, JOSE MARIA (Titoría)
CATALA BOLOS, ALEJANDRO Cotitoría
Tribunal
GARCIA TAHOCES, PABLO (Presidente/a)
IGLESIAS RODRIGUEZ, ROBERTO (Secretario/a)
CELARD PEREZ, PEDRO (Vogal)
GARCIA TAHOCES, PABLO (Presidente/a)
IGLESIAS RODRIGUEZ, ROBERTO (Secretario/a)
CELARD PEREZ, PEDRO (Vogal)
Portfolio Management Optimization Project Master
Autoría
E.P.V.
Máster Universitario en Intelixencia Artificial
E.P.V.
Máster Universitario en Intelixencia Artificial
Data da defensa
20.02.2025 10:00
20.02.2025 10:00
Resumo
This TFM aims at developing and deploying a portfolio management tool optimized with machine learning. It is a work conducted at Government and Information Society and Knowledge (AGESIC) [1] and at the United Nations, in response to the necessity for decision-support systems with an ML basis. The primary concern is a scarcity of decision-support tools with an ML basis, holding portfolio efficiency and portfolio selection in constraint. This weakness is important both for Uruguay [3] and for international financial institutions, including lending agencies and the Inter-American Development Bank (IDB), in that inefficient portfolio management can have an impact on funding distribution, AGESIC’s credit rating, and service delivery in general. The methodology conforms to a hierarchical AI model, comprising end-to-end AI development, AI for data management (DAMA), AI for project management, software engineering, and TOGAF IA for governance at a strategic level. The dataset consists of 183,281 observations and 362 features, arranged in three layers: EDA FULL, SUB EDA, and EDA MODELS, for efficient processing of information. EDA FULL constitutes the platform for analysis, comprising datetime, numerical, integer, categorical, and text, consuming 506.2 MB of disk space. SUB EDA segments the dataset into thematically oriented, smaller sets, such as Risks, Lesson Learner, Programs, Deliverables, Budget, Other Data, and Non-relevant Information, with 71,383 entries in each one of them. EDA MODELS utilize statistics for extracting insights, for model development, such as EDA Regression and Random Forest Model (37,050 entries, 16 columns), EDA Time Series Models (29,704 entries, 8 columns), and EDA Recommendation System (9,564 entries, 4 columns), for a systemic transition between predictive modeling and data exploration. The models constructed during Exploratory Data Analysis (EDA) involve Logistic Regression and an ensemble model of a Random Forest for classification. For forecasting in a time series, deep algorithms like Simple RNN, LSTM, GRU, and Bidirectional RNN have been compared and utilized. For a recommendation system, a variety of algorithms have been checked, including NormalPredictor, BaselineOnly, and KNNWithZScore with cosine, MSD, and Pearson for similarity, and SVD. The results confirm 86.48% accuracy testing in classification with Logistic Regression, a testing MAE of 0.0001 for budget prediction with Prophet, and an SVD-based recommendation model with a testing MAE of 0.7748. All three pass acceptance tests, confirming them effective, efficient, and reliable in portfolio management improvement. Finally, classified under strong process innovation according to the Oslo Manual, such a methodology optimizes efficiency and introduces a new perspective in AI-powered decision-making.

Cotos Yáñez, José Manuel (Titoría)
MERA PEREZ, DAVID Cotitoría
Mato Fernández, Daniel Cotitoría
Cotos Yáñez, José Manuel (Titoría)
MERA PEREZ, DAVID Cotitoría
Mato Fernández, Daniel Cotitoría
Tribunal
TABOADA IGLESIAS, MARÍA JESÚS (Presidente/a)
Pardo López, Xosé Manuel (Secretario/a)
VILA BLANCO, NICOLAS (Vogal)
TABOADA IGLESIAS, MARÍA JESÚS (Presidente/a)
Pardo López, Xosé Manuel (Secretario/a)
VILA BLANCO, NICOLAS (Vogal)
Despregamento de Redes de Aprendizaxe Profunda no Bordo mediante Técnicas de Compresión.
Autoría
M.R.R.
Máster Universitario en Intelixencia Artificial
M.R.R.
Máster Universitario en Intelixencia Artificial
Data da defensa
20.02.2025 10:30
20.02.2025 10:30
Resumo
Nos últimos anos, os modelos de aprendizaxe profunda creceron exponencialmente en complexidade e tamaño, facendo que o seu despregamento en dispositivos no bordo con recursos limitados sexa un reto significativo. Este TFM/MSc explora técnicas de compresión de modelos, incluíndo a cuantización, poda e destilación do coñecemento, para optimizar as redes neuronais profundas para a computación no bordo mantendo unha alta precisión. Os métodos propostos aplícanse a un modelo ResNet-50 adestrado no conxunto de datos CIFAR-10, avaliando o seu impacto no tamaño do modelo, a velocidade de inferencia e a precisión. Os modelos optimizados despréganse na FPGA ZCU104 utilizando Vitis AI, demostrando a viabilidade de executar modelos eficientes de aprendizaxe profunda en hardware con recursos computacionais limitados. Os resultados experimentais mostran que unha combinación de técnicas de compresión pode lograr unha redución do tamaño do modelo de ata o 95%, preservando ou mesmo mellorando a precisión. Estes resultados poñen de relevo o potencial da compresión de modelos para permitir a inferencia en tempo real en dispositivos periféricos, reducir a latencia e mellorar a eficiencia enerxética.