Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Traballos presentados

Entre a gloria e a duda: A Copa Intertoto do RC Celta e a súa oficialidade
Autoría
C.M.G.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
13.02.2025 09:00
Resumo
No verán do ano 2000, o Real Club Celta de Vigo xogou unha competición europea clasificatoria para a Copa da UEFA: A Copa Intertoto, un torneo que xa desapareceu. Nese mesmo verán, o clube vigués proclamouse campión ao vencer na final ao Zenit de Sanpetersburgo. Mais non foi campión en solitario, xa que o formato do torneo permitia varios gañadores. Ademais do Celta, o VfB Stuttgart da Alemania e mais o Udinese Calcio da Italia tamén obtiveron o título, isto levou a controversia arredor da oficialidade e prestixio do mesmo. Nesta reportaxe de investigación, imos explorar a historia desta singular competición e analizaremos cal foi o estatus e importancia que se lle deu no seu momento. Tamén faremos unha reflexión sobre como evolucionou a percepción do mesmo co paso do tempo. Por outra banda, faremos un repaso dos anos dorados do Real Club Celta de Vigo, para logo comparalo con estado actual do clube, desta maneira entenderáse mellor a importancia e relevancia do logro. Como obxectivo final debemos responder as seguintes cuestións: ¿Ten o Celta un título oficial? E, se fora o caso, ¿Tratase do único clube de fútbol masculino que o logrou en toda Galicia?
Dirección
QUIAN PAMPIN, ALBERTO (Titoría)
Tribunal
LOPEZ GARCIA, XOSE (Presidente/a)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Secretario/a)
SILVA RODRIGUEZ, ALBA (Vogal)
Elaboración dun produto multimedia sobre a importancia do Camiño de Santiago pola ruta da Ría de Muros e Noia
Autoría
L.G.L.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
19.02.2025 17:00
Resumo
Neste traballo preséntase Polas Pegadas da Estrela, a reportaxe multimedia sobre unha ruta de peregrinación do Camiño de Santiago que percorre a Ría de Muros e Noia, ou tamén coñecida como a Ría da Estrela. A través deste proxecto, preténdese non só visibilizar e outorgarlle o recoñecemento merecido a esta xoia patrimonial esquecida, incluso para os propios veciños da zona, senón tamén promover a súa relevancia como recurso cultural, paisaxístico e turístico. O traballo estrutúrase arredor dunha plataforma multimedia que combina vídeos, fotografías, entrevistas e elementos interactivos para ofrecer unha experiencia inmersiva e enriquecer a conexión entre o público e o patrimonio desta ruta. Ademais, empregáronse redes sociais como Instagram e TikTok como canles difusoras e altofalantes do proxecto, reflexando o papel fundamental que estas plataformas xogan no sistema informativo actual.
Dirección
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Vogal)
Polas Pegadas da Estrela
Autoría
V.M.A.R.

Retratos dislocados. Unha posta en escena queer no cinema documental contemporáneo.
Autoría
X.D.S.J.
Dobre Grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
13.02.2025 10:00
Resumo
As teorías do documental contemporáneo e as teorías queer converxen neste estudo sobre a posta en escena de documentais autorais producidos nos últimos quince anos. Poñendo o foco en The Ballad of Genesis and Lady Jaye (Marie Losier, 2011) e noutros catro filmes realizados entre o 2022 e o 2024: Anhell69 (Theo Montoya, 2022), Orlando, ma biographie politique (Paul B. Preciado, 2023), ASOG (Seán Devlin, 2023) e Desire Lines (Jules Rosskam, 2024), establécese unha mostra desigual que entende o xénero como «performativo». A forma fílmica das películas estudadas traslada a experiencia queer á posta en escena, subvertendo a norma binaria e cisheteropatriarcal. Estas obras dislocan o retrato do outro para integralo nunha mesma «multitude», cuestionando normas hexemónicas sobre o xénero. O traballo analiza como estes filmes articulan un discurso e estética queer mediante unha forma documental híbrida e performativa, con elementos comúns como a encarnación da subxectividade, o traballo co arquivo e a dimensión onírica. Con todo, os cinco filmes dan conta de disidencias que vinculamos coa disparidade temporal, xeográfica e autoral dos mesmos. Estas películas establecen formas queer e «contrasexuais» de xeito cada vez máis consciente, ás veces hermético, podendo limitar o seu potencial político. Como primeira aproximación, este estudo explora novas vías para analizar un cinema de grande riqueza e creatividade.
Dirección
BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA (Titoría)
Tribunal
Lopez Gomez, Antia Maria (Presidente/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Secretario/a)
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Vogal)
Tiro porque me toca: curtametraxe documental de animación a través do arquivo familiar
Autoría
I.P.R.
Dobre Grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
13.02.2025 11:00
Resumo
Quen non sentou algunha vez a escoitar as historias dos seus avós? Tiro porque me toca é unha curtametraxe documental de animación que recupera e pon en valor os relatos de tres personaxes maiores que nos trasladan á Compostela de mediados do século XX. Mediante o xogo, elemento que se erixe na curtametraxe como vehículo para a transmisión interxeracional da memoria, chegamos ás súas anécdotas persoais, cargadas de humor e costumismo. Estas historias recréanse recorrendo ao arquivo fotográfico familiar e á animación, que pretende xerar unha narrativa atractiva para todos os públicos, apelando especialmente á infancia. Con esta premisa, Tiro porque me toca márcase un obxectivo principal: abordar as lembranzas familiares e persoais para promover o rexistro e a pervivencia destas historias, que contribúen á construción da memoria colectiva e do patrimonio inmaterial de Santiago de Compostela. Á marxe da proposta creativa, o proxecto complétase cunha vertente teórica, na que se analizan diferentes aspectos relacionados coa creación documental.
Dirección
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Titoría)
Tribunal
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Presidente/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Secretario/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Vogal)

J.N.B.

C.V.N.