A USC aprobou o primeiro SGC marco en decembro de 2009, e a Comisión de Calidade e Planificación, delegada do Consello de Goberno, na sesión celebrada o 31 de maio de 2013, aprobou unha revisión na que se recollía unha simplificación e revisión global do sistema.
O noso centro adaptou o manual simplificado ás nosas particularidades, sendo aprobado o 23 de marzo de 2015 pola Comisión de Calidade e Planificación da USC. As últimas versións do Manual do Sistema de Garantía de Calidade e do Manual de Procesos da Facultade de Dereito foron aprobadas pola Comisión de Calidade e Planificación da USC o 6 de outubro de 2021.
O Plan Estratéxico 2024-2026 da Facultade de Dereito artéllase arredor de seis liñas estratéxicas prioritarias, que se desenvolverán no marco temporal proposto e que teñen como obxectivo dar resposta ás necesidades actuais e implicar a todos os grupos de interese na implementación do Sistema de Garantía de Calidade do centro. Estas liñas concrétanse nas seguintes:
- Diversificación da oferta académica
 - Revisión dos contidos das materias, implementación de novos métodos docentes e ampliación da formación do PDI e do PTXAS
 - Mellora das infraestruturas, dos contornos de traballo e da páxina web da Facultade
 - Optimización do funcionamento da unidade de apoio a centros e departamentos
 - Proxección social, institucional e internacional da Facultade
 - Asentamento dunha cultura da calidade como parte do funcionamento ordinario do centro
 
Cada unha destas liñas concrétase en obxectivos estratéxicos, que ao seu tempo se definen a través das correspondentes accións estratéxicas.