
- Facultade de Óptica e Optometría
-
-
Edificio Monte da Condesa, s/n, 15782Santiago de Compostela
-
facultade.opticaeoptometria [at] usc.gal
-
A Facultade de Óptica e Optometría da USC é un centro docente e investigador, situado no Campus Vida, e que conta coas instalacións idóneas para o adestramento en competencias fundamentais para o desenvolvemento profesional do futuro titulado, nunha disciplina de atención primaria, que se ocupa do coidado da saúde visual. O Centro oferta estudos de Grao en Óptica e Optometría. Ademais sostense un labor investigador de primeiro nivel internacional no ámbito da saúde a través da actividade do grupo de Optometría e o grupo de Superficie Ocular e Lentes de Contacto; ademáis os grupo de Microóptica e Óptica Grin, Óptica Integrada, Fibras Ópticas e Metroloxía Óptica; Microóptica e Sensores de Onda desenvolven no centro actividades de investigación no ámbito experimental. A Facultade acolle ademais a Clínica de Optometría da USC, o Servizo de Optometría, fundamental para a realización das prácticas clínicas das titulacións que se imparten no centro.
Prácticas externas Máster en Optometría.
Publícase a asignación de centros para as prácticas externar do máster, 2º semestre curso 2024/25.
Prácticas Tuteladas Grao en Óptica e Optometría. Asignación de centros ópticos.
Publicase a asignación de centros ópticos para as prácticas tuteladas do 2º semestre 2024/2025.