Ir o contido principal

Mobilidade

A Facultade de Ciencias da Óptica e Optometría participa nos programas de mobilidade da USC apoiando a saída dos estudantes propios e acollendo a estudantes externos (nacionais e internacionais).

O noso estudantado pode cursar parte dos seus estudos noutras universidades nacionais (programa SICUE) ou doutros países (Erasmus, Programas bilaterais...).

A Oficina de Mobilidade da USC coordina, centraliza e xestiona as actividades relacionadas cos programas internacionais de mobilidade de estudantes e profesores.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.01.2024.