Módulos
Primeiro ano
Módulo de nivelación. Contén 1 materia obrigatoria e 6 materias optativas (4 máis enfocadas ás Ciencias Ambientais e 2 de enxeñarías).
Preténdese que os alumnos elixan aquelas materias que complementen a súa formación inicial.
Teñen que seleccionar 3 optativas neste módulo. Recoméndase que os estudantes que proveñan de enxeñaría elixan materias de tipo científico e quen cursou titulacións de ciencias elixan materias de tipo enxeñeril.
Consta de 2 materias obrigatorias e 2 optativas (hai que seleccionar 1).
Reúne unha serie de contidos transversais e de grande importancia como son: estudo de ferramentas de avaliación de impacto ambiental, sistemas de xestión, principios da análise do ciclo de vida e as ecoetiquetas, principios de prevención da contaminación etc.
Módulo máis intenso do primeiro ano centrado no estudo das tecnoloxías de tratamentos de augas, residuos e solos, tendo en conta a súa sustentabilidade e carácter innovador. Inclúense 2 materias experimentais.
Consta de 4 materias obrigatorias e 3 optativas (das cales teñen que elixirse 2).
Este módulo ten un carácter diferente aos demais, máis próximo aos MBA xa que se centra en contidos relacionados co empredemento (creación e xestión de empresas, análises económicas, habilidades de dirección), así como na análise da realidade actual en relación coa gobernanza ambiental e o dereito ambiental.
Comprende 2 materias obrigatorias e 2 optativas (ten que seleccionarse 1).
Segundo ano
Este módulo ten a opción de poder cursarse a distancia, sempre e cando o motivo estea xustificado (por residencia, traballo etc.).
Consta de 4 materias optativas (a elixir 2), así como 2 materias obrigatorias fundamentais: Prácticas Externas (6 ECTS) e o Traballo Fin de Máster (18 ECTS).
As prácticas externas en empresas, administracións ou centros de investigación son de especial importancia para estreitar os vencellos entre o mundo universitario e estes ámbitos, contribuíndo asía a mellorar a empregabilidade dos nosos egresados.
O Traballo Fin de Máster realizarase durante os 3 últimos meses. Durante o mesmo o alumno elixirá un tema sobre o que se desenvolverá un traballo singular coa axuda dun titor. Pode realizarse en colaboración con empresas ou outros axentes externos do Máster).
Materias
Primeiro semestre (Setembro-xaneiro)
|
ECTS |
|||
| Obrigatoria | Procesos ambientais e economía circular |
4,5 |
|
| Optativas científicas | Calidade das augas |
A elixir 3 |
4,5 |
| Solos e medio ambiente |
4,5 |
||
| Medio ambiente atmosférico |
4,5 |
||
| Ecotoxicoloxía |
4,5 |
||
| Optativas enxeñarís | Proxectos de enxeñaría ambiental |
4,5 |
|
| Modelización ambiental |
4,5 |
||
|
ECTS |
|||
| Obrigatorias | Sistemas de xestión e avaliación de impacto ambiental |
4,5 |
|
| Deseño ecolóxico de procesos e produtos |
4,5 |
||
| Optativas | Tecnoloxías limpas |
A elixir 1 |
3 |
| Aplicación do Sistema de Información Xeográfica na análise territorial |
3 |
||
Segundo semestre (Febreiro-xuño)
|
ECTS |
|||
|---|---|---|---|
| Obrigatorias | Creación e xestión de empresas |
3 |
|
| Habilidades de dirección |
3 |
||
| Optativas | Gobernanza ambiental, institucións e RSC | A elixir 1 |
3 |
| Dereito ambiental |
3 |
||
Terceiro semestre (Setembro-febreiro)
|
ECTS |
|||
|---|---|---|---|
| Obrigatorias | Prácticas externas |
6 |
|
| Traballo Fin de Máster |
18 |
||
| Optativas | Retos emerxentes no tratamento de augas |
A elixir 2 |
3 |
| Tratamento de efluentes gasosos |
3 |
||
| Análises e minería de datos ambientais |
3 |
||
| Xestión de sistemas naturais |
3 |
||