Ir o contido principal

Prácticas en empresas

Os estudantes do Máster teñen que realizar un mínimo de 150 horas de Prácticas Externas en empresas.

Co programa de Prácticas Externas Extracurriculares poden chegar a facer ata un máximo de 900 horas.

Prácticas Externas en empresas

A materia Prácticas Externas ten 6 ECTS e é de carácter obrigatorio, o que supón que os nosos estudantes realizarán un mínimo de 150 horas (1 mes a xornada completa aproximadamente) en empresas e centros de investigación.

Colaboran co Máster máis de 125 empresas e centros de investigación de referencia na Enxeñería Ambiental (Viaqua, AIMEN, AMBIO, FCC Aqualia, Citröen, CODISOIL, Conservas Isabel, CEIT, CSIC, DETEGASA, ENCE, ENDESA, ENMACOSA, Espina y Delfín, Fomento de Construcciones y Contratas, Gestagua, IDOM, Infinita Renovables, Labaqua, Reganosa, Renova, Serviguide etc.).

Practicas externas
Practicas externas

As prácticas externas mantéñense por parte dos estudantes como o módulo mellor valorado do Máster de forma continuada a longo dos anos (non hai datos do curso 2022-23 polo cambio de plan de estudos, onde esta materia pasou ao 2.º ano).

Evolución da valoración da satisfacción dos alumnos do Módulo de Prácticas externas en empresa
Evolución da valoración da satisfacción dos alumnos do Módulo de Prácticas externas en empresa

Prácticas Externas Extracurriculares

Ademais das Prácticas Externas contempladas no plan de estudos da titulación (denominadas tamén curriculares), na actualidade ofrécese aos alumnos do Máster a posibilidade de estendelas ata un máximo de 900 horas mediante as denominadas Prácticas Externas Extracurriculares (750 horas). Esta é unha posibilidade cada vez máis usada polos estudantes para ampliar a súa formación no mundo da empresa.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.11.2025.