Ir o contido principal

Grupos de investigación e CRETUS

O contacto co mundo da investigación e a innovación é unha estratexia central do Máster.

Un dos obxectivos centrais do Máster de Enxeñaría Ambiental é que, no seu desenvolvemento, os estudantes teñan contacto con empresas e grupos de investigación.

Persoal investigador do CRETUS
Persoal investigador do CRETUS

O número de grupos de investigación que colabora no Máster é moi alto, tanto da USC como doutras universidades españolas e estranxeiras, así como centros de investigación de especial relevancia como o CSIC. Entre todos eles, cómpre destacar a conexión entre o Máster e o Centro Singular CRETUS.

Centro de Investigación Interdisciplinaria en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS)

No mundo da investigación destaca a estreita colaboración do Máster co Centro Singular CRETUS, centro de referencia da USC no campo das ciencias e tecnoloxías ambientais.

Porcentaxe de persoal científico do Máster que pertence ao CRETUS
Porcentaxe de persoal científico do Máster que pertence ao CRETUS

A través de CRETUS lévanse a cabo numerosas colaboracións e accións de difusión cun número moi elevado de centros de investigación internacionais, xa que os investigadores deste centro (onde se inclúe o 53 % do profesorado do Máster) contan cunha ampla rede de contactos a nivel nacional e internacional.

Conexión internacional con centros de investigación
Conexión internacional con centros de investigación
Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.11.2025.