Unha das súas características distintivas é o seu enfoque multidisciplinario, tanto nos contidos formativos (o profesorado pertence a 13 áreas de coñecemento diferentes, que abarcan a enxeñaría química á psicoloxía social pasando polas diferentes ramas da química) como nos perfís de ingreso, dado que os nosos estudantes proveñen de carreiras de enxañería e ciencias.
É un dos másteres de maior tradición da USC e na universidade española, comezando no curso 2006-07. Con todo, está suxeita a revisións e actualizacións periódicas para garantir unha formación avanzada nas disciplinas máis recentes, unha maior calidade educativa, unha mellor adaptación ao mercado laboral e o fomento da innovación e a investigación. A última actualización do seu plan de estudos tivo lugar recentemente, iniciándose o curso 2022-23.
A avaliación de Ranking Research
Ranking Research.com, o prestixioso portal de investigación internacional, analiza as publicacións científicas e o seu impacto en diversas áreas de coñecemento. Nel saliéntase a relevancia da USC en España no campo das Ciencias e Tecnoloxías Ambientais (n.º 1 en España e n.º 114 a nivel mundial). No mesmo portal pódese ver a presenza en postos relevantes dun grupo numeroso de investigadores/profesores do Máster en Enxeñería Ambiental da USC.