Ir o contido principal
Para participar no III Certame de paisaxe sonora, coordinado por Arturo Vaquero, tes que inscribirte do 1 ao 31 de outubro de 2024
Imaxe do cartel

O certame ten como finalidade alentar e estimular a disciplina da creación de paisaxes sonoras, así como fomentar a educación da escoita e a sensibilización do oído na nosa contorna. Pretendemos destacar a importancia dos sons no noso día a día e a súa capacidade para evocar emocións, contidos culturais e históricos, e a conexión co noso medio ambiente.

Para participar no III Certame de paisaxe sonora tes que inscribirte do 1 ao 31 de outubro de 2024 en cultura.lugo [at] usc.gal (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]gal). O prazo de entrega do traballo será do 8 ao 10 de novembro de 2024. O día de entrega de premios será o 22 de novembro de 2024, ás 20.30 h, na Casa do Saber.

Os premios que podes conseguir son:

  • Premio á mellor paisaxe sonora: 300 euros, xoia deseñada por Montse Rego e diploma
  • Premio á mellor paisaxe feita por estudantado da USC: 200 euros, xoia deseñada por Montse Rego e diploma
  • Premio do público: 100 euros e diploma.

Poderán participar todas as persoas maiores de 16 anos que o desexen, sen restrición de nacionalidade ou lugar de residencia.

Consulta as bases do certame.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.10.2024.