Ir o contido principal

Debate 'Decisións privadas e elección pública: un pau á burra e fóra da mesa'

25.04.2025 | 17.30h

Santiago de Compostela
Aula 1.3

O programa de Faíscas Culturais 'Moito pau e pouca cenoria' xira arredor da peza 'A burra, a mesa e o pau', do Centro Dramático Galego, unha proposta escénica que se achega ao mundo do traballo, á violencia do traballo e ao traballo que invade o ámbito dos fogares

Imaxe do cartel
Imaxe do cartel

O día 25 de abril, ás 17.30 horas, o estudantado da materia 'Elección pública' da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais, dirixido polo profesor Francisco Sanjiao Otero, debatirá sobre 'Decisións privadas e elección pública: un pau á burra e fóra da mesa' na Aula 1.3 da Facultade. Esta actividade está aberta tamén a toda a comunidade universitaria.

'Que é mellor para a burra, que haxa un pau ou que non haxa? Que queremos? Como podemos acadalo? Quen usa o pau? Para que se usa? Para que debe ser usado? Cal é o seu papel na sociedade?', son preguntas sobre as que se debatirá, explica Francisco Sanjiao Otero.

O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural.

Cartel da faísca Moito pau e pouca cenoria
Cartel da faísca Moito pau e pouca cenoria
Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.03.2025.