Ir o contido principal

Exposición 'Alfredo Brañas Menéndez XIX-XXI. 125 anos do seu pasamento'

12.12.2025-15.01.2026 | 11.00h

Santiago de Compostela
Claustro Alto

Alfredo Brañas. Thomás Pijoliu
Alfredo Brañas. Thomás Pijoliu

A exposición que conmemora o 125 aniversario do pasamento de Alfredo Brañas Menéndez inaugúrase o 12 de decembro, ás 11.00 horas, no Claustro Alto do Colexio de Fonseca. A mostra pode verse ata o 15 de xaneiro de 2026 en horario de luns a venres, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.

O marco inter-temporal que sinala a conmemoración do pasamento de Alfredo Brañas abrangue tres séculos; precisamente o período clave para configurar a Galicia moderna. A revisión da figura de Alfredo Brañas -da súa vida, ideas e obra-, permite explorar e analizar a construción, no espazo e no tempo, da sociedade galega actual, a súa cultura, o seu dereito e a súa estrutura política e organizativa. 

A exposición conta cunha mostra bibliográfica con obras do autor e sobre o autor, documentos que obran no poder da USC, e 16 paneis que profundan en diversos aspectos da súa figura. 

Alfredo Brañas

Alfredo Brañas Menéndez (Carballo 1859 – Santiago de Compostela 1900) foi un xurista, escritor e ideólogo do Rexionalismo galego. Ademais da súa actividade profesional e académica, colaborou con diversos xornais da época e participou en distintos movementos sociais e culturais. A súa obra abrangue o pensamento político e xurídico, a economía, a literatura, a historia e a cultura popular. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.12.2025.