As entradas, un máximo de dúas por persoa, pódense recoller de balde o mesmo día do evento a partir das 19.30 horas
A presentación da segunda tempada de Pringadas, unha ficción universitaria de Brava para AGalega dirixida por Belén Puime Bao, con Carmela Vázquez, Lara Álvarez e Camila Ferreyra como actrices protagonistas, chega ao Outono Cultural da USC. Esta actividade está organizada por Pringadas e a Vicerreitoría de Estudantes e Cultura. Na presentación poderás ver un adianto da serie, conversar co seu equipo e sacar fotos no photocall.
O evento comezará comezará co photocall ás 20.00 horas e xa ás 20.30 horas será a presentación. As entradas poderanse recoller de balde o propio día 6 a partir das 19.30 horas na entrada do recinto, cun máximo de dúas por persoa. O acceso será a partir das 19.45 horas.