Ir o contido principal

Proxección do filme 'Puente de Varsovia'

23.04.2025 | 19.30h

Lugo
Salón de Actos da Casa do Saber

Puente de Varsovia
Puente de Varsovia

O mércores 23 de abril, ás 19.30 horas, proxectarase no Salón de Actos da Casa do Saber o filme 'Puente de Varsovia' (1989, 84mns, España) de Pere Portabella: "Pont de Varsòvia está datada en 1989, o ano da caída do Muro de Berlín. Se o look predominante en Nocturno 29 era o da alta burguesía sesentista, en Pont de Varsòvia refulxen as imaxes da nova intelectualidade e da amnésica clase política progresista europea. Mais baixo a superficie relucente de eventos socioculturais espectaculares e de vida frívola na Europa feliz, ténsanse as memorias de fracturas e cataclismos persoais e históricos. Filmada coa mesma pulcritude que o cinema comercial coetáneo, Pont de Varsòvia fai estalar o argumento nos mil fragmentos dunha paisaxe europea rota polo retorno da Historia. Non resulta estraño que Godard rubricase dous anos despois un filme irmán, Alemania 90 nueve cero, explícitamente herdeiro do Alemania año cero de Rossellini na posguerra europea de 1947". O filme obtivo en 1991 o premio ao mellor actor español nos premios Sant Jordi.

Esta actividade está incluída na programación da Primavera Cultural e desenvólvese segundo o convenio asinado pola Xunta de Galicia e a Federación de Cineclubes de Galicia.

A entrada é de balde para a comunidade universitaria.

Cartel do filme
Cartel do filme
Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.04.2025.