A nova edición do programa Faíscas Culturais é unha reflexión sobre como as nosas relacións afectivas, tanto políticas como persoais, estanse transformando coa aparición dos medios dixitais
O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural.
Baixo o título 'i-Emotions: Afectos Dixitais', esta edición do programa é unha reflexión en torno á exposición 'Afectos Dixitais' sobre como as nosas relacións afectivas, tanto políticas como persoais, estanse transformando coa aparición dos medios dixitais.
O 13 de novembro, ás 18.00 horas na aula 10 da Facultade de Psicoloxía, o estudantado do máster en Psicoloxía, coordinado pola profesora Cristina Gómez Román, reflexionará sobre como as tecnoloxías dixitais están a transformar as formas de violencia de xénero, introducindo novas manifestacións de abuso que, a miúdo, permanecen invisibles. A partir dos conceptos teóricos sobre a violencia contra as mulleres, abordaranse os novos retos contemporáneos, como o acoso dixital, a violencia nas relacións de parella a través das redes e a trata de mulleres en contextos dixitais. A actividade estará directamente vinculada coa preparación para o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (25N).
A entrada é aberta para toda a comunidade universitaria.