Ir o contido principal

Curso de primavera

A voltas coa tradición

As persoas interesadas en participar nesta actividade, que se desenvolverá do 24 ao 26 de abril, poden formalizar a súa inscrición de balde ata o 22 de abril

Imaxe do cartel
Imaxe do cartel

O curso de primavera deste ano é un espazo para compartir e andar 'A voltas coa tradición', partindo da idea de acompañar a iniciativa de homenaxear ás cantareiras e pandeireteiras, sumando diferentes perspectivas e relatos sobre como se tratou, que se está a facer e que outros camiños se nos abren arredor da tradición e a súa xestión.

Nesta ligazón figura o programa do curso, todas as actividades son de balde e con acceso libre. Para asistir ao obradoiro con Ruth Pérez 'Entrando no baile' é obrigatorio inscribirse, no resto de actividades, por fins organizativos, recoméndase inscribirse. A inscrición pode facerse ata o 22 de abril, a través deste formulario (máis información en 982821513 / cultura.lugo [at] usc.es (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]es)).

Esta actividade está incluída na programación da Primavera Cultural e artéllase segundo o convenio que desenvolven a USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e a Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

Cartel do curso de primavera
Cartel do curso de primavera
Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.04.2025.