Ir o contido principal

XXXI Festival de Teatro Universitario

02.04.2025-11.04.2025

Lugo

Imaxe do cartel
Imaxe do cartel

Entre os días 2 e 11 de abril regresa o Festival de Teatro Universitario á cidade de Lugo, chegando á súa 31 edición, unha actividade incluída dentro da programación da Primavera Cultural.

As funcións, con entrada de balde, serán do 2 ao 11 de abril de 2025. Como actividades complementarias haberá o 5 de abril o 'EscaparArte' e o 6 de abril un taller de creación con Nuria Sotelo. Máis información nesta ligazón.

O 2 de abril, ás 20.30 horas, abrirá o festival a compañía de teatro da USC-Lugo dirixida por An González coa peza 'Voilá' no Auditorio Gustavo Freire. O 4 de abril, ás 20.00 horas, será o turno de Teatro el Mayal-ULE dirixido por Javier R. de la Varga coa peza 'Danza de la vida breve', de Antonella Sturla, no Vello Cárcere. O 7 de abril, ás 20.30 horas, a compañía de teatro da USC dirixida por Roberto Salgueiro estará no Auditorio Gustavo Freire coa peza 'Agamenón, volvín do supermercado e deille unha malleira ao meu fillo', de Rodrigo García. A Aula de teatro do campus de Ourense, Grupo Maricastaña da Universidade de Vigo dirixida por Fernando Dacosta, presentará o 9 de abril, ás 20.30 horas, a peza 'Ludovico 2.5' no Auditorio Gustavo Freire. E finalmente, o 11 de abril, ás 20.00 horas, a compañía Vaites Vaites da USC-Lugo dirixida por An González presentará 'Cara de leoparda' na Casa do Saber.

Cartel do festival
Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.03.2025.